Activity

Camiño Privilixado

Download

Trail photos

Photo ofCamiño Privilixado Photo ofCamiño Privilixado Photo ofCamiño Privilixado

Author

Trail stats

Distance
8.55 mi
Elevation gain
558 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
558 ft
Max elevation
3,209 ft
TrailRank 
21
Min elevation
2,969 ft
Trail type
One Way
Time
3 hours 30 minutes
Coordinates
8795
Uploaded
February 6, 2020
Recorded
February 2020
Be the first to clap
1 comment
Share

near Tosende, Galicia (España)

Viewed 144 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofCamiño Privilixado Photo ofCamiño Privilixado Photo ofCamiño Privilixado

Itinerary description

Meaus. Santiago. Rubias. Touren. 5 feb. 2020 10:55:28

Comments  (1)

  • bouza80 Feb 9, 2020

    Os habitantes do Couto dispuñan dun camiño privilexiado que, partindo do Couto, atravesaba as terras de Calvos de Randín, na Galiza, e de Turei, en Portugal. Estaba delimitado por mouróns ou marcos de pedra, marcados con diversos sinais, como cruces.

    Utilizado para o tránsito de persoas e de mercadorías, as autoridades de ambos os países non podían realizar ningunha aprehensión dentro dos seus límites (nin tan xiquera de contrabando), nin podían molestar os seus usuarios.

    Os habitantes do Couto non necesitaban de licenza para o porte de armas de calquera clase (de caza ou de defensa), nin dentro do Couto, nin no Camiño Privilexiado.
    Zona de pasto común
    En 1906 os estados de España e Portugal acordaron establecer unha zona de pasto común onde gandeiros de ambos lados da raia puideran levar o seu gando.
    Castelo da Piconha
    Foto de Castelo da PiconhaFoto de Castelo da Piconha
    Descripción pertencente ó Castelo da Picoña. Na carta topografica do Xulgado de Montealegre ubicado entre Randín e Vilar. Outras fontes ubicano no castro de Paradela. Consérvanse as ruínas dos alicerces, carecendo de clasificación por parte do poder público e de escavacións arqueolóxicas. Actualmente, só é visible o alxibe escavado na rocha. Na época da Independencia de Portugal, intensificouse o poboamento das fronteiras con Galicia. Nesa fase, no século XII, o Castelo da Picoña constituíase en importante fortificación fronteiriza portuguesa, destinado a guarnecer, xuntamente cos castelos de Portelo, Montalegre, Monforte de Río Frío e Chaves, a defensa dos acesos ós vales do río Cávado e do río Támega. A Carta Foral de Tourém é atribuída a D. Sancho I (1185-1211) en 1187, como cabeza das Terras da Picoña. En 1650, no contexto da Guerra da Restauración, este castelo, xuntamente con outras prazas veciñas na rexión, foi demolido por tropas castelás. Conforme ós termos do Tratado de Lisboa, ó pasar a maior parte das dúas terras a dominio español en 1865, o termo da Picoña foi extinguido en 1866.
    Foto de Tourém - Forno comunitário
    Trátase dunha construción que ten unha base de planta sub-rectangular e unha cobertura de tellado de dúas augas composto por lousas de granito. A estrutura está reforzada por contrafortes de perpiaño na parte exterior e de sección rectangular que sustentan os tres arcos de volta perfecta, do interior que suxeitan a cobertura.
    Foto de Meaus - Nucleo comercialFoto de Meaus - Nucleo comercialFoto de Meaus - Nucleo comercial
    Era e sigue sendo a aldea máis pequena do Couto Mixto, aínda así era a máis rica e moderna. Na actualidade segue a ser unha aldea moi interesante pois e das poucas en Galicia onde se poden contemplar edificios de máis de dúas plantas, chegando algúns paz

You can or this trail