Activity

Camiño Real. San Pedro de Rochas (Esgos)

Download

Trail photos

Photo ofCamiño Real. San Pedro de Rochas (Esgos) Photo ofCamiño Real. San Pedro de Rochas (Esgos) Photo ofCamiño Real. San Pedro de Rochas (Esgos)

Author

Trail stats

Distance
6.25 mi
Elevation gain
1,138 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,138 ft
Max elevation
2,676 ft
TrailRank 
54
Min elevation
1,872 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 18 minutes
Time
2 hours 39 minutes
Coordinates
1752
Uploaded
December 25, 2022
Recorded
December 2022
Be the first to clap
Share

near Esgos, Galicia (España)

Viewed 25 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofCamiño Real. San Pedro de Rochas (Esgos) Photo ofCamiño Real. San Pedro de Rochas (Esgos) Photo ofCamiño Real. San Pedro de Rochas (Esgos)

Itinerary description

O Camiño Real parte dende Esgos. A rota está homologada e perfectamente marcada e correspóndese co PR-G4.
É un Camiño empedrado na maioría do seu trazado nun entorno boscoso sen parangón. Atopamos nun cruce de camiños un peto das ánimas de pedra onde a xente deixa a súa ofrenda ou petición particular en forma de moeda. O Camiño está custodiado por castiñeiros e carballo. Nalgún tramo atopamos algún bidueiro e pistas entre piñeirais.
Neste monasterio único por estar excavado na rocha natural, atoparémonos un recinto antiquísimo, tosco, case primitivo, testemuña dos primeiros asentamentos eremitas desta terra. O gran valor de San Pedro de Rochas recae sobre o seu valor antropolóxico.
A presenza dos seus primeiros ocupantes remóntase ó ano 573. Segundo as inscricións da lápida fundacional (no Museo Arqueolóxico Provincial), os seus fundadores foron sete anacoretas que escolleron este entorno único para retirarse a unha vida de oración. Xa despois, no século IX, foi o cabaleiro Gemodus o que redescubre este lugar nunha xornada de caza e establecese nel, sendo elexido abade polos seus compañeiros. Se é lenda ou realidade, non se sabe de certo, pero si existe constancia da existencia de Gemodus, tal e como figura no privilexio que Afonso V concede a Rochas no 1007.
Nos séculos posteriores, este Mosteiro, nin demasiado rico, nin demasiado habitado, pasou a depender do de San Estebo de Ribas de Sil e o de San Salvador de Celanova. No 1923 foi declarado Monumento Histórico-Artístico.
A Igrexa do Mosteiro, que non vexo xa que a visita faise un día que estaba pechado, do século VI, é un dos templos cristianos máis atergos que se coñecen. As súas tres naves están excavadas en rocha. O teito da nave central presenta unha abertura pola que entra luz natural dende o exterior. Unha pilastra fai as veces de altar. Na parede esquerda da capela, ábrese un oco reducido de tamaño no que se cre que estaba o sepulcro do cabaleiro Gemodus. Nel descubríuse unha pintura mural ó fresco, datada de entre 1175 e 1200, que amosa imaxes dos apóstolos e un mapamundi.
Tamén se poden ver os sepulcros esculpidos nos que se representan figuras xacentess. No atrio e no exterior os sepulcros están excavados na rocha mesma, fora do templo indicarían as diferentes xerarquías dos que alí moraban.
O recinto da igrexa foi ampliado cunha nova nave de posterior construcción. O campanario, obra de Gonzalo de Penalva no século XV, está situado na parte superior dunha enorme formación rochosa de casi 20m de altura que da nome a este lugar.
Un precioso arco serve como acceso a un pequeno espacio, empregado ata fai moi pouco tempo como cemiterio paroquial onde se ven inda varios panteóns. Este camposanto está pechado por un muro. Dende este punto baixa o camiño que baixa pola pendiente da montaña e que chega á Fonte de San Bieito, tamén excavada nas rochas.
Na aldea de volta, a Quinta do Monte, hai un lavadeiro bastante ben coidado coa súa fonte.
Neste ano 2022, San Pedro de Rochas foi testemuña de como a súa integridade patrimonial se vía alterada cando unha parte do seu muro de "pedra en seco" no sitio que chaman Couto de Rochas era desfeito na súa totalidade. Arrincaron ademais, figueiras, carballos, castiñeiros, abelairas... nun atentado natural e patrimonial a un enclave único, que non debe quedar sen comentar para que todos os amantes do sendeirismo de natureza saiban que parte de San Pedro de Rochas non vai recuperar máis nunca estes valores estragados.
Antes de voltar ó punto de orixe, faise unha visita á Igrexa de Santa María de Esgos. É inha Igrexa do século XVI con planta de cruz latina e de fachada sinxela. O acceso faise a través dunha porta con arco de medio punto con moldura de baquetóns dende as xambas sen capiteles. Sobre a porta hai un óculo e sobre este o reloxo. Coroa unha espadana onde están colgadas as campas.
Celébrase en Esgos o San Vitoiro o día 27 de agosto, da que hai unha imaxe dentro da igrexa, datada no século XVII, na que leva unha cabeza sobre os ombreiros e outra cabeza igual agarrada co seu brazo esquerdo. Existe a lenda de que este santo foi decapitado por Abderraman III no ano 950.
Hai, fora da igrexa unha pequena escultura sobre pedra na que se representa un globo terráqueo, e na pedra un reloxo e varias lendas. Unha das placas, colocada sobre a aguia imperial da dictadura reza da seguinte maneira "Algún destes símbolos foron no pasado un elemento de exaltación da ditadura franquista. Aquí permanecen para coñecemento e reflexión das xeracións presentes e futuras sobre unha etapa superada, pero que non debe ser esquecida".
Cando estes símbolos se manteñen coa incapacidade de retiralos definitivamente, pero se destroza outro patrimonio inmaterial, as épocas non están superadas.
(Parte da información foi bibliografiada da páxina web turismo de Galicia)

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,893 ft
Photo ofSaída

Saída

Afiador en Esgos

PictographMonument Altitude 1,903 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 1,909 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographTree Altitude 1,919 ft
Photo ofÁrbol

Árbol

PictographRiver Altitude 1,932 ft
Photo ofRío

Río

PictographRiver Altitude 1,886 ft
Photo ofRío Photo ofRío

Río

PictographTree Altitude 1,969 ft
Photo ofÁrbol Photo ofÁrbol

Árbol

PictographPanorama Altitude 2,096 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographMonument Altitude 2,185 ft
Photo ofMonumento Photo ofMonumento

Monumento

Peto das ánimas

PictographMonument Altitude 2,182 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 2,192 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographTree Altitude 2,090 ft
Photo ofÁrbol

Árbol

PictographMonument Altitude 2,165 ft
Photo ofMonumento Photo ofMonumento Photo ofMonumento

Monumento

PictographWaypoint Altitude 2,165 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographMonument Altitude 2,169 ft
Photo ofMonumento Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 2,162 ft
Photo ofMonumento Photo ofMonumento Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 2,156 ft
Photo ofMonumento Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 2,159 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 2,172 ft
Photo ofMonumento Photo ofMonumento Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 2,185 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 2,192 ft
Photo ofMonumento Photo ofMonumento

Monumento

PictographFountain Altitude 2,152 ft
Photo ofFuente

Fuente

PictographFountain Altitude 2,110 ft
Photo ofFonte de San Bieito

Fonte de San Bieito

PictographFountain Altitude 2,106 ft
Photo ofFuente

Fuente

PictographRiver Altitude 2,133 ft
Photo ofRío

Río

PictographTree Altitude 2,159 ft
Photo ofNatureza

Natureza

PictographTree Altitude 2,415 ft
Photo ofÁrbol

Árbol

PictographRiver Altitude 2,461 ft
Photo ofRío

Río

PictographWaypoint Altitude 2,618 ft
Photo ofCamiño

Camiño

PictographPanorama Altitude 2,664 ft
Photo ofPradeira

Pradeira

PictographWaypoint Altitude 2,671 ft
Photo ofCamiño

Camiño

PictographTree Altitude 2,657 ft
Photo ofÁrbol

Árbol

PictographTree Altitude 2,654 ft
Photo ofÁrbol

Árbol

PictographTree Altitude 2,657 ft
Photo ofÁrbol

Árbol

PictographFountain Altitude 2,585 ft
Photo ofFuente Photo ofFuente Photo ofFuente

Fuente

PictographPanorama Altitude 2,589 ft
Photo ofQuinta do Monte

Quinta do Monte

PictographPanorama Altitude 2,592 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographRuins Altitude 2,602 ft
Photo ofHórreo

Hórreo

PictographRiver Altitude 2,595 ft
Photo ofCamiño cheo de auga

Camiño cheo de auga

PictographPanorama Altitude 2,323 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPanorama Altitude 2,073 ft
Photo ofCamiño asfaltado

Camiño asfaltado

PictographWaypoint Altitude 1,991 ft
Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographReligious site Altitude 1,906 ft
Photo ofSitio religioso Photo ofSitio religioso Photo ofSitio religioso

Sitio religioso

Igrexa de Santa María de Esgos

PictographReligious site Altitude 1,906 ft
Photo ofSitio religioso Photo ofSitio religioso

Sitio religioso

PictographWaypoint Altitude 1,900 ft
Photo ofWaypoint Photo ofWaypoint

Waypoint

Comments

    You can or this trail