Camiños do Trega e Desembocadura do Miño
near A Guarda, Galicia (España)
Viewed 2770 times, downloaded 63 times
Trail photos
Itinerary description
Rede de pequenos sendeiros recuperados que nos permiten percorrer e coñecer cumpridamente o Monte Santa Tegra. A ruta principal coñecida como Volta ou Promonte (PR-G 122), na parte máis alta do monte, está acompañada doutros pequenos sendeiros coñecidos como: Camiño da Citania (1), Atallo Vello (2), Camiño da Fonte da Cal (3), Camiño do Concheiro (4) Camiño do Carro e da Cruz do Home, (5) e o Camiño das 14 revoltas (6).
Pódense escoller varias combinacións, sendo posible principiarmos o noso camiño na Guarda, dende o barrio da Cruzada, ben dende a parroquia de Camposancos ou ben dende o curuto do monte que acolle o Centro de Visitantes, así como outros servizos para o sendeirista.
Este conxunto de camiños ofrece un espazo xeográfico de excepcional beleza, con interminables vistas panorámicas sobre o Río Miño, a súa desembocadura e o océano Atlántico, converténdose nun miradoiro único.
Cada senda mantén unha identidade de seu, propoñendo nos seus percorridos a posibilidade de visitar lugares tales coma o Castro de Santa Tegra, o Miradoiro de Areses, A Pedra Furada ou a Cruz do Home, entre outros.
O conxunto de servizos que se encontra en Santa Tegra, con aparcadoiro e restauración, entre outros, son a combinación perfecta para planificar unha xornada enteira e gozar nunha contorna maxistral.
Un paseo ao redor da desembocadura do Miño, destaca pola paisaxe e pola fauna, xa que é unha zona onde podemos observar moitas aves e tamén hai abundancia de peixes. Moi agradable e relaxante

Waypoints
Panorama
735 ft
Miradoiro de Areses
Miradoiro de Areses
Panorama
596 ft
Outeiro do Lobo
Outeiro do Lobo
Information point
274 ft
Camposancos
Camposancos
Comments (1)
You can add a comment or review this trail
I have followed this trail View more
Information
Easy to follow
Scenery
Easy
A dificultade pode residir na e si encía física, pero como ven di o autor, hai multitude de posibles combinacións, que permiten adaptar a esixencia física ó nivel do camiñante.