Activity

Capela de S. Xoán de Cachón. Santo Estevo de Ribas de Sil. Nogueira de Ramuín.

Download

Trail photos

Photo ofCapela de S. Xoán de Cachón. Santo Estevo de Ribas de Sil. Nogueira de Ramuín. Photo ofCapela de S. Xoán de Cachón. Santo Estevo de Ribas de Sil. Nogueira de Ramuín. Photo ofCapela de S. Xoán de Cachón. Santo Estevo de Ribas de Sil. Nogueira de Ramuín.

Author

Trail stats

Distance
4.77 mi
Elevation gain
1,476 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,476 ft
Max elevation
1,635 ft
TrailRank 
32
Min elevation
540 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 5 minutes
Time
3 hours 18 minutes
Coordinates
1414
Uploaded
November 21, 2021
Recorded
November 2021
Be the first to clap
Share

near San Estebo, Galicia (España)

Viewed 264 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofCapela de S. Xoán de Cachón. Santo Estevo de Ribas de Sil. Nogueira de Ramuín. Photo ofCapela de S. Xoán de Cachón. Santo Estevo de Ribas de Sil. Nogueira de Ramuín. Photo ofCapela de S. Xoán de Cachón. Santo Estevo de Ribas de Sil. Nogueira de Ramuín.

Itinerary description

Fermosa ruta na Ribeira Sacra, na provincia de Ourense.
Moi coidada e ben sinalizada coincide case toda cun tramo do Camiño Natural da R. Sacra.
Ten bastante desnivel de subida e baixada, mellor facela indo primeiro cara á capela de S. Xoán xa que deste xeito a subida é moito máis levadeira.
A ruta parte dun lugar emblemático como é o espectacular mosteiro de Santo Estevo, situado nun entorno único rodeado de soutos con castiñeiros centenarios que atravesaremos descendendo,
logo pasaremos por unha carballeira e chegamos ao cabo de 2 km. á capela de S. Xoán de Cachón en ruínas no medio de castiñeiros con vistas sobre o Sil.
Seguimos baixando ata a estrada , ás beiras do Sil e iremos camiñando durante 1 km. aprox. por ela ata chegar á fervenza de Santo Estevo. Aquí collemos un sendeiro á dereita e ascendendo durante 2 km chegaremos de volta ao mosteiro.

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,488 ft
Photo ofSouto

Souto

PictographWaypoint Altitude 1,229 ft
Photo ofSequeiro

Sequeiro

PictographWaypoint Altitude 1,085 ft
Photo ofCarballeira

Carballeira

PictographWaypoint Altitude 958 ft
Photo ofCapela de S. Xoán de Cachón

Capela de S. Xoán de Cachón

PictographWaypoint Altitude 589 ft
Photo ofEstrada

Estrada

PictographWaypoint Altitude 558 ft

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 659 ft
Photo ofCascada de S. Estevo

Cascada de S. Estevo

PictographWaypoint Altitude 1,444 ft

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 1,554 ft
Photo ofCasa do Notario

Casa do Notario

PictographWaypoint Altitude 1,636 ft
Photo ofMosteiro de Santo Estevo.

Mosteiro de Santo Estevo.

Contruido entre os séculos XII e XVIII, é un dos mosteiros máis espectaculares de Galicia enclavado ademais nun entorno único. Dise que Santo Estevo foi xa fundado no S. VI por S. Martín Dumiense. Do S. X sí que xa hai documentos de que o rei Ordoño II lle concedeu ao abade Franquila (que vivíu como eremita na capela de S. Xoán de Cachón ) os territorios de Santo Estevo para construir aí un mosteiro. Este mosteiro pertenceu á Orde de S. Bieito e foi moi importante nos séculos X, XI e XII debido ás peregrinaxes, as donacións, á explotación do viño e cotos de pesca no río Sil. O mosteiro tiña fóra do complexo monacal diversos edificios por dististos lugares da zona; era propietario de sequeiros e muíños, de vivendas como a casa do médico, a do notario... Tras a desamortización do S. XIX, o mosteiro queda abandonado e os ben que nel había son incautados e desperdigados. A igrexa é o único que s esegue conservando nun estado aceptable porque pasou a ser a igrexa parroquial da aldea de Santo Estevo e o mosteiro foise arruinando. No 1923 foi declarado Monumento Nacional e no 1956 inícianse os primeiros traballos de renovación e limpeza que van proseguir en anos posteriores ata que en 1985 é declarado Ben de Interes Cultural e empeza a promocionarse turisticamente. Actualmente, o mosteiro é un Parador de Turismo e non hai nel vida monástica.

Comments

    You can or this trail