Carreiro do río Fraga (Moaña) 22/02/2015 CDF
near Meira, Galicia (España)
Viewed 951 times, downloaded 14 times
Trail photos
Itinerary description
CARREIRO DO RÍO FRAGA MOAÑA
22 de Febreiro de 2015
GUIAS: Matilde / Maricha
Saída 9:00 Fontiñas - 9:15 P.Vigo
Comezo: Moaña
Remate: Cámping de Beque
Percorrido: 16 km
Esta ruta empeza no mar (praia da Xunqueira), segue por un río (o da Fraga ou dos Ladróns), chega a un monte (Faro de Domaio), e remata no cámping de Beque. Pero a estrela da ruta é o RÍO, do que veremos case todo o seu curso: desembocadura na praia, o seu percorrido que ten 6,7 km, varios afluentes, e cando vaimos cara o monte case veremos o seu nacemento.
Logo dun tramo entre hortas, de seguido empeza un carreio bastante bonito rodeado de verde por todas partes. Cruzamos por varias pontes de madeira. Veremos moitos MUÍÑOS, en ruínas, e fixádevos nas suas canles de pedra cheas de ‘’musgo``. Hai 2 paneis informativos (que chaman torreiros), falando do millo e dos muíños. Hai dous elementos estraños nesta ruta: o viaduto do Corredor do Morrazo, e os eucaliptos e as acacias. Mais fóra diso, no río vemos meandros, pozas de auga transparente, pequenos saltos, e fervenzas máis grandes.
Deixamos o río para subir ao MONTE FARO. Primeiro por una pista de terra, que vai subindo pouco a pouco pola ladeira, e despois dunha curva vemos a Ría de Vigo, se o día é bo. O último tramo da costa é por un camiño de herba bastante bonito. E chegamos arriba -622m- e se está despexado VEREMOS AS RÍAS de VIGO e PONTEVEDRA (incluídas as Illas Cíes e Sálvora). A baixada é algo máis recta: primeiro por un bonito carreiro, e despois por camiños máis anchos, para volver de novo á carón do río.
Agora iremos polo outro lado e un pouco máis altos co seu leito, por unha CORREDOIRA moi,moi fermosa, na que aínda se ven as rodeiras dos carros. Despois baixamos de novo ao río, para subir por un afluente seu que é un REGATO PRECIOSO, cinguido de verde e fieitos de varios tipos, con moitos pequenos saltos. E deixamos esta natureza de ‘’ensueño`` para chegar de novo á cililización no CAMPING DE BEQUE onde nos espera o autobús para iniciar o regreso a Santiago.

You can add a comment or review this trail
Comments