Activity

Cascada de Sotillo (Caracochas)

Download

Trail photos

Photo ofCascada de Sotillo (Caracochas) Photo ofCascada de Sotillo (Caracochas) Photo ofCascada de Sotillo (Caracochas)

Author

Trail stats

Distance
4.82 mi
Elevation gain
1,322 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,322 ft
Max elevation
4,441 ft
TrailRank 
43 5
Min elevation
3,306 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 7 minutes
Coordinates
1195
Uploaded
August 16, 2021
Recorded
August 2021
  • Rating

  •   5 2 Reviews

near Sotillo de Sanabria, Castilla y León (España)

Viewed 49 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofCascada de Sotillo (Caracochas) Photo ofCascada de Sotillo (Caracochas) Photo ofCascada de Sotillo (Caracochas)

Itinerary description

Sanabria é montaña, unha comarca que ten algo máis que o seu fermoso lago. Aproveitando unha ponte no verán, e que a situación pola COVID-19 non permitía un turismo diferente ao natural, preparamos as mochilas e saímos uns días en dirección Sanabria. A comarca conta con varias rutas sinalizadas, en este caso con marcas marróns. A ruta da cascada de Sotillo é unha das máis coñecidas, curtiña, pero que paga moito a pena.

Sotillo de Sanabria é unha típica aldea da comarca sanabresa, ruas estreitas con trama pechada e casiñas de mampostería tradicional, unha pequena aldea da serra de Segundeira na que se palpa o despoboamento rural. Sorprendeunos moito que a aldea estaba cargada de faixas reivindicativas, e unha muller pediunos si lle asinábamos un documento de protesta, Sotillo quere ser algo máis que unha bonita fervenza.

No centro da aldea hai unha pequena praciña a carón da igrexa, ollo que uns metros máis abaixo hai unha capela que pode dar lugar a confusión. Nesa praciña arranca a ruta, perfectamente sinalizada e balizada con marcas marróns. Entre as casas imos deixando atrás a aldea por unha pista descendente ata chegar ao arroio de las Truchas a uns 700 metros.

Ao chegar ao pequeno río vemos unha pequena área recreativa arbolada e con algunha mesa, veremos nada máis pasala un cruce que debemos coller pola nosa dereita. O percorrido cambia radicalmente, o camiño tende cara arriba para ir gañando altura, un chan pedregoso que por veces dificultan o paso, pero un camiño moi fermoso entre carballos, castiñeiros abeleiras e balados cheos de musgo e fentos. Indicar que era verán, e había multitude de moscas que por veces saturaban.

O ascenso foi continuo durante tres quilómetros, e pese a gañar uns 350 metros en altitude foi ben levadeiro. Na zona superior atopamos un cruce que vai cara a lagoa de Sotillo, nós non seguimos cara aló e tomamos direción descendente cara a fervenza. Este treito foi un pouquiño máis técnico, descendente, con grandes rochas na vía e que por veces facía falla o uso das mans. En 300 metro estamos a carón da fervenza.

A fervenza de Sotillo é un dos tesouros de esta comarca. Un salto de auga con unha caída de uns vinte metros en unha paraxe espectacular. O camiño remata nun mirador natural, bastante concorrido, e que nos permite gozar deste salto do río Truchas, xunto do seu fermoso e verde val. Si miramos para o ceo os boitres non paran de xirar sobre as nosas cabezas.

Seguimos coa ruta, pero atopámonos con unha sorpresa, por motivos de mantemento da mesma, o camiño estaba pechado. Volvemos sobre os nosos pasos e ao chegar á zona superior, había un sinal que indicaba un desvío alternativo. Dubidamos un anaco, pero continuamos por esta derivación. Vaia tortura!, un camiño aberto para a ocasión, moi pendente e seco, sobre terra branda que co desnivel, garantían caídas. Era certo que cada pouco tempo víamos puntos nas cortizas das árbores indicandonos o camiño.

A baixada alternativa fíxose ben longa, pero acabamos dando co camiño principal. Quédanos un treito de uns tres quilómetros moi levadeiros. Camiñaremos moi próximos ao arroio de Truchas, o camiño é de montaña, pero moi cómodo, por veces con algunha que outra pedra que dificultan o paso, e en outras veces con algo de auga. Esta zona está completamente arbolada sobre todo a base de carballos.

En nada chegamos de novo a Sotillo de Sanabria. A ruta foi curtiña, pero a calor, as moscas e os treitos alternativos fixeron que parecese máis longa. Iso si, é unha ruta moi recomendable!

Comments  (3)

  • Alexandre S. Jan 6, 2022

    Fácil e bonita

  • Djalminha Jan 6, 2022

    I have followed this trail  View more

    Marabilla!

  • Alexandre S. Jan 6, 2022

    I have followed this trail  View more

    Locura de ruta! Moi bonita.

You can or this trail