Activity

Castro de Amarante ao Farelo. Antas de Ulla

Download

Trail photos

Photo ofCastro de Amarante ao Farelo. Antas de Ulla Photo ofCastro de Amarante ao Farelo. Antas de Ulla Photo ofCastro de Amarante ao Farelo. Antas de Ulla

Author

Trail stats

Distance
9.32 mi
Elevation gain
1,388 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,388 ft
Max elevation
3,137 ft
TrailRank 
53
Min elevation
1,692 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 50 minutes
Time
5 hours one minute
Coordinates
2756
Uploaded
May 8, 2022
Recorded
May 2022
Be the first to clap
Share

near Castro de Amarante, Galicia (España)

Viewed 168 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofCastro de Amarante ao Farelo. Antas de Ulla Photo ofCastro de Amarante ao Farelo. Antas de Ulla Photo ofCastro de Amarante ao Farelo. Antas de Ulla

Itinerary description

Camiñada polo centro de Galicia, entre os concellos de Antas do Ulla e Palas do Rei (ou entre as comarcas da Ulloa e o Deza). Non é unha ruta sinalizada. Fíxose seguindo esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/subida-ao-monte-farelo-a-golada-e-antas-de-ulla-44864919
Comeza na aldea do Castro, onde xa podemos ver rotundas casas e rica factura. Transita, primeiramente, por camiños e pistas entre prados e arboredo. Máis tarde chegaremos á parte alta, máis descuberta, e dende a que gozaremos dunha extensas panorámicas, seica das catro provincias galegas (o Pico Sacro, os Ancares, O Candán...) No alto do Farelo existe un miradoiro-gastacartos perfectamente inútil porque non mellora nada da observación que poderiamos facer sen el (xa se sabe... o diñeiro vai para distintos petos).
Como xa dixen, nos núcleos de poboación vemos casaríos de boa construción, en pedra de cantería. Aínda que non son moi abondosos, hai canastros igualmente ben construídos e afortunadamente en bo estado de mantemento. As distintas igrexas tamén pagan unha visita. Sorprende a de San Martiño de Amarante, na aldea de Carrasco, de orixe románica pero moi (tristemente) reformada no XIX. Conserva unha portada lateral románica cun tímpano extraordinario.
A ruta atravesa a aldeíña despoboada de Santo Tomé. Unha tristura! No medio dunha zona fértil e con casas que se ve que foron ricas, non debería estar invadida polos silveiros. Galicia e o destino que lle impoñen (e toleramos)...
Outro punto destacado é a fortaleza e pazo de Amarante. Unha casa soarega da familia Noguerol, condes de Amarante, fundada no século XIII. Na páxina do Concello de Antas: http://www.concellodeantas.org/web/monumentos/fortaleza-castro-amarante/
hai ampla información sobre este monumento. A aldea circundante tamén está nun penoso estado de abandono.
A mor parte do percorrido vai por piso de terra. Hai un treito alcatroado para chegar a Santo Tomé (en partes xa desaparecido polo abandono) e o último quilómetro tamén descorre pola beira da estrada N-640. Todo o trazado está perfectamente transitable e limpo. Debido a que parte alta vai descuberta, pode non ser a ruta idónea para días de moi mal tempo ou tampouco de forte raxeira. Polo demais paréceme levadeira para moita xente, con tal de ter unha mediana forma física e práctica de camiñar.
Ruta recomendable, en fin.

Waypoints

PictographCar park Altitude 1,887 ft
Photo ofO Castro. Photo ofO Castro.

O Castro.

Na beiravía hai lugar onde estacionar.

PictographMonument Altitude 2,146 ft
Photo ofCastro de Amarante Photo ofCastro de Amarante

Castro de Amarante

PictographReligious site Altitude 1,739 ft
Photo ofIgrexa Santo Estevo de Amarante e casarío Photo ofIgrexa Santo Estevo de Amarante e casarío Photo ofIgrexa Santo Estevo de Amarante e casarío

Igrexa Santo Estevo de Amarante e casarío

PictographIntersection Altitude 1,987 ft
Photo ofComezo de treito de ida e volta. De fronte.

Comezo de treito de ida e volta. De fronte.

PictographInformation point Altitude 2,109 ft
Photo ofCartaz Photo ofCartaz

Cartaz

PictographRuins Altitude 2,492 ft
Photo ofSanto Tomé, aldea despoboada Photo ofSanto Tomé, aldea despoboada Photo ofSanto Tomé, aldea despoboada

Santo Tomé, aldea despoboada

PictographIntersection Altitude 2,479 ft
Photo ofEsquerda (bucle)

Esquerda (bucle)

PictographIntersection Altitude 2,624 ft
Photo ofEsquerda, pista

Esquerda, pista

PictographIntersection Altitude 2,676 ft
Photo ofDereita e viraventos Photo ofDereita e viraventos Photo ofDereita e viraventos

Dereita e viraventos

Impresionantes este aparellos. Estes son dos "pequenos", imaxinemos os monstros que queren (van) instalar agora.

PictographSummit Altitude 3,124 ft
Photo ofMiradoiro do Farelo Photo ofMiradoiro do Farelo Photo ofMiradoiro do Farelo

Miradoiro do Farelo

PictographSummit Altitude 3,135 ft
Photo ofCima Farelo Photo ofCima Farelo Photo ofCima Farelo

Cima Farelo

PictographIntersection Altitude 2,577 ft
Photo ofDereita, camiño

Dereita, camiño

PictographPhoto Altitude 1,943 ft
Photo ofSan Martiño do Carrasco. Photo ofSan Martiño do Carrasco. Photo ofSan Martiño do Carrasco.

San Martiño do Carrasco.

PictographReligious site Altitude 1,878 ft
Photo ofIgrexa de San Martiño de Amarante Photo ofIgrexa de San Martiño de Amarante Photo ofIgrexa de San Martiño de Amarante

Igrexa de San Martiño de Amarante

PictographPhoto Altitude 1,808 ft
Photo ofPazo Amarante e aldea Photo ofPazo Amarante e aldea Photo ofPazo Amarante e aldea

Pazo Amarante e aldea

PictographRisk Altitude 1,812 ft
Photo ofEstrada!

Estrada!

Comments

    You can or this trail