Activity

Castro de Marce- Fervenza de Augascaídas(Pantón)

Download

Trail photos

Photo ofCastro de Marce- Fervenza de Augascaídas(Pantón) Photo ofCastro de Marce- Fervenza de Augascaídas(Pantón) Photo ofCastro de Marce- Fervenza de Augascaídas(Pantón)

Author

Trail stats

Distance
4.63 mi
Elevation gain
1,017 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,017 ft
Max elevation
1,493 ft
TrailRank 
33
Min elevation
806 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 15 minutes
Time
3 hours 22 minutes
Coordinates
1317
Uploaded
January 11, 2023
Recorded
January 2023
Be the first to clap
Share

near Marce, Galicia (España)

Viewed 70 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofCastro de Marce- Fervenza de Augascaídas(Pantón) Photo ofCastro de Marce- Fervenza de Augascaídas(Pantón) Photo ofCastro de Marce- Fervenza de Augascaídas(Pantón)

Itinerary description

Pretendíamos facer esta ruta seguindo un track que levábamos, pero nun punto determinado no que había que cruzar un río por unha ponte, tivemos que cambiar o itinerario xa que a ponte desapareceu( supoñemos que polo moito que choveu en días pasados)e non era viable cruzar o río porque levaba moita auga e con correntes.
Saimos da aldea de Marce, no concello de Pantón e fomos primeiro ata o Miradoiro das Marabillas pero non poidemos ver marabilla ningunha xa que había unha densa néboa que o cubría todo.
Demos a volta outra vez ata a saída e pillamos un carreiro pegado ao anterior que dicía " Fervenza de Augascaídas" pero antes de ir á fervenza tomamos un desvío para ir ata o Castro de Marce. O fermoso camiño para chegar e o entorno marabilloso no medio dun sobreiral no que se atipa p castro, ben merece esta visita.
Volvemos sobre os nosos pasos e baixamos á espectacular cascada.
Despois de aquí, habería que volver a subir e, ao pouco, cruzar o río pero, como xa expliquei, esto foi imposible así que buscamos unha alternativa: fomos ata a entrada á fervenza que hai pola estrada e chegados a este punto, collemos á esquerda volvendo por estrada e en menos de un km.chegamos de novo ao punto de partida.

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,404 ft
Photo ofAntiga escola de Marce

Antiga escola de Marce

Sufragada por emigrantes, aínda podemos ler nunha placa: " Residentes de Marce en Buenos Aires". Fundada el 25 de abril de 1920"

PictographWaypoint Altitude 1,326 ft
Photo ofBaixada en Marce

Baixada en Marce

PictographWaypoint Altitude 1,144 ft
Photo ofCamiño

Camiño

PictographWaypoint Altitude 967 ft
Photo ofCastro de Marce

Castro de Marce

Castro situado nun promontorio sobre o Miño rodeado de lendas e misterios. Dise que foi o berce dos xacios(metade home e metade peixe) e das xacias ( metade muller e metade peixe) Dise que saían das augas do Miño e namoraban aos barqueiros.

PictographWaypoint Altitude 803 ft
Photo ofFervenza de Augacaída

Fervenza de Augacaída

Formada polo rego de Aguianza xusto antes de desembocar no Miño, salvando un desnivel de case 40m. de altura.

PictographWaypoint Altitude 926 ft
Photo ofNon podemos cruzar

Non podemos cruzar

Neste punto debería haber unha ponte para cruzar o río pero debeuna levar a forza da auga debido ao moito que choveu estes días. Tivemos que dar a volta e buscar unha alternativa.

PictographWaypoint Altitude 1,334 ft
Photo ofChiringuito de Augascaídas.

Chiringuito de Augascaídas.

PictographWaypoint Altitude 1,325 ft
Photo ofEstrada

Estrada

Neste punto pillamos á esquerda para voltar a Marce.

PictographWaypoint Altitude 1,426 ft
Photo ofMarce

Marce

Marce pertence á parroquia de Vilar de Ortelle. No 1952 Marce contaba cunha escola, unha tenda, unha matrona, barbeiro, ferreiro, muíño e costureira. Chegou a ter ata 500 habitantes. Na actualidade, viven aí unhas 15 persoas.

Comments

    You can or this trail