Activity

Castro Lupario. (Teo/ Brión)

Download

Trail photos

Photo ofCastro Lupario. (Teo/ Brión) Photo ofCastro Lupario. (Teo/ Brión) Photo ofCastro Lupario. (Teo/ Brión)

Author

Trail stats

Distance
5.47 mi
Elevation gain
525 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
525 ft
Max elevation
487 ft
TrailRank 
52
Min elevation
117 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 38 minutes
Time
3 hours 40 minutes
Coordinates
1578
Uploaded
September 24, 2023
Recorded
September 2023
Share

near Cornide, Galicia (España)

Viewed 16 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofCastro Lupario. (Teo/ Brión) Photo ofCastro Lupario. (Teo/ Brión) Photo ofCastro Lupario. (Teo/ Brión)

Itinerary description

Unha fermosa ruta para a que é imprescindible seguir un track xa que en ningún momento está sinalizada.
Partindo do Cruceiro de Francos atopamos ao pé a Carballeira de Francos onde cada ano, o 11 de novembro, se celebra unha famosa Feira Cabalar. Imos en busca do río Tinto, afluente do Sar. Atopamos un río sinuoso, con rápidos e pequenas cascadas. Un río barulleiro e moi sombrío con algún muíño en estado ruinoso á súa beira.
Alonxámonos despois del para volver atopalo na Ponte de Paradela, unha pequena ponte medieval moi fermosa nun entorno marabilloso.
Ascendemos despois ata o Castro Lupario onde di a lenda que vivía raíña Lupa, un ser da mitoloxía galega.
Despois pasamos pola aldea de Angueira de Castro, moi fermosa con rúas emparradas e onde vemos vivendas tradicionais moi ben conservadas e/ ou restauradas respectando a tradición patrimonial da zona
Pasamos ao pé do Pazo de Faramello que visitaremos máis tarde (visita moi recomendable) e tamén veremos os Xardíns do Recordo en memoria das víctimas do accidente de Angrois, sucedido hai uns anos.
Volvemos ao punto de inicio pasando pola Capela de S. Martiño.
Hai tramos desta ruta que coinciden co Camiño de Santiago Portugués.

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 352 ft
Photo ofCruceiro de Francos

Cruceiro de Francos

O Cruceiro de Francos data do S. XIV. Ten un pedestal sen labrar de granito no que se apoia unha antiga cruz gótica cun Cristo flanquedao por dous peregrinos.

PictographWaypoint Altitude 335 ft
Photo ofCarballeira de Francos

Carballeira de Francos

A Carballeira de Francos é grande e ten antigos carballos e tamén algunha escultura na honra da Feira Cabalar que aquí se celebra dende hai máis de 50 anos. Esta escultura en pedra que vemos en 1º termo é obra do escultor de Rois, Camilo Seira. Pesa 4 toneladas

PictographWaypoint Altitude 294 ft
Photo ofEstrada

Estrada

Esta ruta coincide ao empezar e durante 1 km. aprox co Camiño de Santiago Portugués.

PictographWaypoint Altitude 264 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 299 ft
Photo ofCarballeira

Carballeira

Nesta ruta veremos bastantes árbores autóctonas como carballeiras e castiñeiros.

PictographWaypoint Altitude 407 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 381 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 392 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 366 ft
Photo ofRío Tinto

Río Tinto

Río estreito salpicado de pequenas cascadas. Non é un río tranquilo, senón barulleiro, escandaloso ás veces no medio dun entorno sombrío que dá gusto en verán. É un afluente do río Sar.

PictographWaypoint Altitude 378 ft
Photo ofMuíño

Muíño

Vemos un muíño en ruínas. Muíños fariñentos que foron tan importantes na Galicia rural do pasado. Á beira de cada río e en moitos regos había varios. Actualmente uns están restaurados e outros totalmente abandonados como é o que vemos na imaxe.

PictographWaypoint Altitude 381 ft
Photo ofCascada

Cascada

PictographWaypoint Altitude 349 ft
Photo ofCascada

Cascada

PictographWaypoint Altitude 321 ft
Photo ofEDAR de Teo

EDAR de Teo

PictographWaypoint Altitude 305 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 314 ft
Photo ofCamiño

Camiño

PictographWaypoint Altitude 329 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 302 ft
Photo ofÁ dereita

Á dereita

PictographWaypoint Altitude 278 ft
Photo ofPonte Paradela

Ponte Paradela

Volvemos atoparnos co Río Tinto na Ponte de Paradela tamén chamada Ponte dos Mouros porque antigamente en Galicia cando non se sabía a orixe dalgún elemento como fontes, montes, pontes...dicíase que a fixeran "Os Mouros" seres mitolóxicos galegos. A Ponte Paradela só ten un pequeno arco de pedra salvando o río Tinto. O máis probable era que servise de paso a unha importante vía de comunicación que unía Padrón con Santiago e que fose unha vía de comunicación para chegar á tumba do apóstolo. É probable que a ponte actual sexa do S. XVIII

PictographWaypoint Altitude 276 ft
Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 459 ft
Photo ofCastro Lupario

Castro Lupario

O Castro Lupario está situado entre os concellos de Brión e Rois, concretamente entre as parroquias de Bastavales (Brión) e Ribasar (Rois) É un castro sen escavar que foi declarado BIC (Ben de Interese Cultural) en 2009 e é un dos máis importantes de Galicia e foi identificado como o fogar da lexendaria raíña Lupa.

PictographWaypoint Altitude 324 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 330 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographWaypoint Altitude 205 ft
Photo ofÁ esquerda

Á esquerda

PictographWaypoint Altitude 206 ft
Photo ofSendeiro

Sendeiro

PictographWaypoint Altitude 123 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 156 ft
Photo ofAngueira de Castro

Angueira de Castro

Fermosa aldea da parroquia de Ribasar, no concello de Rois. Percorrer esta aldea por debaixo dos emparrados cheos de uvas, é unha delicia!! Esta aldea está rehabilitada con moito gusto, respectando a arquitectura tradicional. Nun 1º momento, a aldea foi construida con pedra do próximo Castro Lupario que acabamos de visitar.

PictographWaypoint Altitude 148 ft
Photo ofÁrea Recreativa

Área Recreativa

Á saída de Anguieira, temos o Parque Río Tinto. Volvemos atoparnos co río que neste recuncho nos ofrece mesas e bancos onde comer ou descansar rodeados de árbores e da frescura que dá o río en días de verán.

PictographWaypoint Altitude 143 ft
Photo ofRío Tinto

Río Tinto

PictographWaypoint Altitude 181 ft
Photo ofPazo de Faramello

Pazo de Faramello

O percorrido pasa ao pé deste pazo que nós visitamos pola tarde.

PictographWaypoint Altitude 168 ft
Photo ofEntorno Pazo do Faramello

Entorno Pazo do Faramello

PictographWaypoint Altitude 164 ft
Photo ofXardín do Recordo

Xardín do Recordo

En terreos cedidos polo Pazo do Faramello creouse en 2014 un xardín xurdido a partires da traxedia ferroviaria ocorrida en Angrois (Santiago) no 2013. Chámase Xardín do Recordo É un espazo aberto ao público para horar a memoria das víctimas daquel accidente víctimas

PictographWaypoint Altitude 206 ft
Photo ofÁ esquerda

Á esquerda

PictographWaypoint Altitude 299 ft
Photo ofÁ esquerda

Á esquerda

PictographWaypoint Altitude 309 ft
Photo ofCapela de S. Martiño

Capela de S. Martiño

Comments

    You can or this trail