Activity

Ruta pola beira do Río Ulla Catoira - Valga

Download

Trail photos

Photo ofRuta pola beira do Río Ulla Catoira - Valga Photo ofRuta pola beira do Río Ulla Catoira - Valga Photo ofRuta pola beira do Río Ulla Catoira - Valga

Author

Trail stats

Distance
4.31 mi
Elevation gain
213 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
213 ft
Max elevation
351 ft
TrailRank 
49
Min elevation
151 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 43 minutes
Time
2 hours 5 minutes
Coordinates
1212
Uploaded
August 9, 2023
Recorded
August 2023
Be the first to clap
Share

near Catoira, Galicia (España)

Viewed 74 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofRuta pola beira do Río Ulla Catoira - Valga Photo ofRuta pola beira do Río Ulla Catoira - Valga Photo ofRuta pola beira do Río Ulla Catoira - Valga

Itinerary description

Toda a información sobre os diferentes puntos da ruta están sacados da páxina:
www.obaixoulla.gal

A Asociación Cultural Os Penoucos e obaixoulla.gal organiza un paseo guiado pola beira do río Ulla dos concellos de Valga e Catoira.
A ruta percorre parte da Ruta do Pai Sarmiento que pasa por diante do Cruceiro da Punta Telleira, a Telleira das Rañas, a Telleira de Roeiro e a Telleira de Padín.
Posteriormente ascenderase ao Monte Cabreira para, a parte de contemplar as vistas desde o seu cumio, ver os Gravados do Monte da Cabreira e os restos dos Muíños de vento do Monte Cabreira. Descenderase até o Monte das Mámoas para visitar a Mámoa Nº 1 do Monte das Mámoas e a Mámoa Nº 2 do Monte das Mámoas. Finalizarase nas Torres de Oeste onde se parará no Petróglifo das Torres de Oeste e nos alquerques (Alquerque Nº 1 Torres de Oeste e Alquerque Nº 2 Torres de Oeste)

Waypoints

PictographMuseum Altitude 207 ft
Photo ofCACTO

CACTO

Centro Activación Cultural Torres de Oeste. Edificio que contén varias pezas de diferentes épocas de Catoira, ademáis de diversos carteis e vídeos explicativos. Preto hai un aparcadoiro onde deixar os coches.

PictographReligious site Altitude 180 ft
Photo ofCruceiro Punta Telleira. Photo ofCruceiro Punta Telleira.

Cruceiro Punta Telleira.

Cruceiro do tipo de crucifixo. Sobre a parte central do penedo colocouse unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, varal rectangular no seu primeiro cuarto e logo octogonal descendente. Na parte dianteira e baixa desta vara, a rectangular, atopamos esculpida e formando parte da mesma columna unha serea baixo coroa (o escudo dos Mariño da Illa de Sálvora). Capitel cadrado, de catro lados rectos, adobiado soamente por espirais. Cruz rectangular da que pendura un Cristo pequeno, sen INRI, de tres cravos, cos brazos case paralelos ao chan, mans pechadas, nó do pano á dereita e pé dereito por riba do esquerdo. Por detrás, sobre pousadoiro cadrado, santa de pé cun libro na man, quizais Santa Catarina, pola ligazón entre a Illa de Sálvora e esta santa muller que atopou acollida naquel lugar fuxindo dos seus inimigos. Este cruceiro fora doado por Joaquín Otero Goyanes, Marqués de Revilla, e propietario da Illa de Sálvora. Fonte: www.obaixoulla.gal

PictographRuins Altitude 187 ft
Photo ofAs Telleiras 1 Photo ofAs Telleiras 1

As Telleiras 1

Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Roeiro e da Telleira de Padín, cara o oeste. A telleira foi construída, segundo afirma Ramón Rodríguez, polo tío deste, Secundino Rodríguez Castaño, ou pola súa familia. O certo é que tanto a Telleira de Roeiro (Valga), máis vella, como a das Rañas eran propiedade familiar dos Rodríguez, alcumados os de “Roeiro”. Secundino nunca se dedicou á fabricación de tellas, aínda que pode que anteriormente alguén da familia si o fixera. Pola súa banda, Francisco Castaño Tojo, telleiro neste forno afirma que era propiedade de Benita López das Rañas e do seu irmán, na parroquia de Oeste, Catoira. Era ela quen a alugou a José María Francisco. O último morador da chamada casa das Rañas foi Rial, segundo afirma Pepe Castaño Dios en Oeste, cen anos de historia/s, o que explicaría que tamén fose chamada a telleira “de Rial”, como derradeiro propietario, xa que a vivenda permanece abandonada desde fai moitos anos. As primeiras referencias falan de cando Vicente Padín as comezou a arrendar. Viña procedente da Telleira do Forno e decidiu vir para estas debido a maior facilidade no transporte de barro e produtos, por estar a telleira á beira do Ulla. Os Padín, axudados por telleiros contratados procedentes de Dena traballaron algúns anos as dúas telleiras até decidir facer unha propia preto delas. Despois dos Padín arrendouna José María Francisco, telleiro da Guarda, casado na Vacariza de onde cruzaba en gamela ás telleiras. Xa traballara anteriormente a Telleira de Quintáns. No ano 43 entrou a traballar con el Francisco Castaño Tojo (o seu irmán Hipólito traballara antes que el, para ir despois a Caleras del Ulla). Tamén entrou outro telleiro de Vilar. O resto de telleiros eran do Baixo Miño e viñan con José María Francisco, marchando á Guarda durante o inverno. Á morte de José María Francisco, o seu fillo Isidoro, famoso acordeonista da comarca, estivo un ano máis de patrón, mais logo non tornou. Despois deles a arrendaron aos “Fariña” que a traballaron até que se trasladaron á Telleira de María Antonia en Catoira. Un dos Fariña, Manuel, casou en Santa Baia de Oeste e quedou a vivir alí. A telleira funcionou até arredor do ano 1955. Había barro local, frouxo, extraído do monte próximo que se mesturaba con barro procedente de Dena para facer ladrillos. O barco traía dúas calidades: barro do monte de Dena e barro do mar. O do mar era máis forte, mais difícil de romper e de picar. As tellas facíanse exclusivamente con barro de Dena. O barro viña en barcos desde Dena até a telleira. Un dos transportistas era José Antonio Rial Rivela, familiar de Ramón Rodríguez “Roeiro”. O forno é de forma rectangular, con vestidura de ladrillo, levaba 10 daghas de tella (con máis de 4000 tellas cada dagha). O pallete estaba acaroado en dúas caras do forno. Había unha construción auxiliar a poucos metros que servía como vivenda aos telleiros. Tiña un tanque como embarcadoiro para a entrada dos barcos. Foi traballada por Vicente Padín e os seus fillos: Manuel, José e demais. Tamén Francisco Castaño Tojo, que comezou pagando 6,50 pesetas, logo subiu a 10, logo cobraron 15 pesetas, e finalmente 20 pesetas "eran cartos". Os serradores naquel tempo gañaban 18 pesetas. El tamén coidaba o cabalo durante o inverno e ademais facía o pan (moía e enfornaba) para a comida dos telleiros. Tamén foi traballada polos Fariña: Manuel Fariña Tojo e os fillos del Antonio e Manuel Fariña Moldes, que xa traballaran en Dena noutras telleiras. Outros traballadores de Dena traballaron tamén nesta telleira. Producíase tella grande, para ”aleros”, das que se facía menos, e tella normal. Tamén cumios. No tempo de José María Francisco facíase ladrillo con máquina de dous buracos. Os Fariña, pola contra, facían os ladrillos manualmente. A tella producida levábase en carro para Dimo, Catoira, Cordeiro… para toda a zona. A maioría ía en barco: a Boiro, a Taragoña, a Torre (Ribeira). José María Francisco ía ás feiras onde lle encargaban a tella. Francisco contrataba un barco de Vilarello. “Padín tiña tella todo o inverno, José María Francisco, en 15 días de rematar a tempada a vendía toda”. Coñecía a moita xente na marxe norte do Ulla. Tamén vendían tella a contratistas. Os “Fariña” vendían a tella normalmente a distribuidores. Tamén a deixaban a vender na casa de Milagros de Xamardo, muller de Antonio Fariña Moldes. Ademais cargaban tella en barco, que era enviada a lugares como Rianxo.

PictographRuins Altitude 180 ft
Photo ofAs Telleiras 2

As Telleiras 2

PictographRuins Altitude 184 ft
Photo ofTelleira O Roeiro Photo ofTelleira O Roeiro Photo ofTelleira O Roeiro

Telleira O Roeiro

Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Padín, cara o oeste. Esta é unha das telleiras mellor conservadas da contorna, conservándose o forno, restos do embarcadoiro e da vivenda dos telleiros. O propietario do terreo e do forno era Secundino Rodríguez Castaño, segundo conta o seu sobriño Ramón Rodríguez. Secundino ou a súa familia construírona sen coñecer a data precisa, mais o propio Secundino nunca a traballou. O dato da súa construción poida que non sexa certo, xa que este forno semella moito máis antigo, gardando semellanza co dos veciños fornos de fundición de Pedras Rubias en Boiro, que se creen de construción romana, construídos para a fundición de metais e logo transformados en telleiras. Descoñécese se esta telleira puidera ter unha orixe similar, mais sábese que estivo arrendada a Vicente Padín e familia, e despois a José María Francisco, telleiro da Guarda (con quen traballou Francisco Castaño). Non se traballou moitos anos por ningún dos dous, e cara o ano 1945 xa debía estar abandonada, posto que a súa forma circular facíaa moi traballosa. O barro viña na súa maioría de Dena, transportado en barcos. Era mesturado para facer os ladrillos con barro do Monte da Cabreira. As tellas facíanse con barro de Dena en exclusiva. Esta telleira é a única da zona que ten forma circular, o que a facía mais difícil de encanar, xa que non encaixan ben as tellas, “era moi traballosa”. Tamén tiña o problema de que non entraban os barcos con mareas pequenas, e había que agardar a mareas grandes para descargar, o que limitaba moito o traballo. Estes datos, que sinalan un forno cunhas condicións deficientes para a fabricación de tella, reforzan a hipótese de que, como os fornos de Pedras Rubias en Boiro, teña unha orixe antiga e que servise para a fundición de metais e non para tellas. Ademais, había unha construción auxiliar, da que quedan restos, que facía de vivenda para os telleiros. Tiña un tanque como embarcadoiro para a entrada dos barcos. Nos seus derradeiros anos de funcionamento estivo arrendada a Vicente Padín e despois a José María Francisco. Suponse a mesma produción que no resto de telleiras da contorna: tella pequena, tella grande e ladrillo. Ademais nun primeiro momento producíronse canais, tellas de maior tamaño. Fonte: www.obaixoulla.gal

PictographPhoto Altitude 194 ft
Photo ofPorto.

Porto.

Aquí descargaban as embarcacións os materiais.

PictographRuins Altitude 200 ft
Photo ofCasa dos telleiros.

Casa dos telleiros.

Entre a maleza está a pequena cabana onde vivían os telleiros.

PictographRuins Altitude 203 ft
Photo ofA Telleira de Padín Photo ofA Telleira de Padín Photo ofA Telleira de Padín

A Telleira de Padín

Localízase ao pé do Monte da Cabreira, fronte á Vacariza, a poucos metros da Telleira de Roeiro, cara o leste. A Telleira de Padín foi o derradeiro forno que funcionou na comarca do Baixo Ulla. Tamén foi a derradeira en ser construída e a única da comarca da que hai constancia da súa data de edificación. Foi no ano 1942 cando os Padín deixaron a Telleira das Rañas para construír unha propia. A telleira foi construída pola familia coa axuda de canteiros profesionais, os cales fixeron os muros exteriores. Os telleiros ocupáronse dos arcos da caldeira e da vestidura de ladrillo no interior do forno. A masa de unión para levantar arcos e vestidura era a propia terra que se usaba para facer os ladrillos. A telleira estivo funcionando ininterrompidamente até polo menos o ano 1960. Tras a morte do pai, Vicente Padín, os fillos foron buscando traballos noutras empresas (José traballaría en Cedonosa ou emigrando a Bilbao e Brasil), xa que consideraban moi duro o traballo de telleiro. O barro viña na súa maioría de Dena, transportado en barcos. Era mesturado para facer os ladrillos con barro do Monte da Cabreira. As tellas facíanse con barro de Dena en exclusiva. O forno ten forma rectangular, con vestidura de ladrillo. Pallete con muros de pedra acaroado na cara oeste. Tiña un tanque como embarcadoiro para a entrada dos barcos. A man de obra proviña principalmente da familia Padín. O pai cos fillos, os cales foron mudando os seus postos de traballo a medida que foron abandonado o oficio pola emigración ou a xubilación do pai. Tamén contrataban a traballadores de Dena para axudarlles. As mulleres quedaban na casa do Forno e facían a comida. Unha das fillas, Rosa, era quen lla levaba todos os días “dúas latas de empanada así cadradas, de millo. Cunhas saudiiñiñas ou cun ghurelos partidos e 4 litros de viño”. A nai tamén axudaba nas labores de encanado. Producíase ladrillo, tella grande e tella pequena. Nun primeiro momento tamén se facían canais, máis grandes, mais deixaron de facelos unha vez comezaron a facer a tella grande. A venda era realizada principalmente por Vicente Padín. Levaba tella a Pontecesures nun barco arredando. Alí cargábase en camións “cara a Martelo, a beira de Augasantas, por Rois, aos Chenlo de Padrón tamén levaba a tella. En Cesures tamén, a do Lameiro, onde está hoxe a de Moncho. E á do Roxo”. Moitos destes eran comerciantes grosistas que facían de intermediarios cos particulares. O pai ademais ía cunha bicicleta ás feiras para vender a tella.

PictographPhoto Altitude 190 ft
Photo ofPorto

Porto

Lugar onde descargabase e recollíase o material.

PictographPhoto Altitude 338 ft
Photo ofMarca canteiro.

Marca canteiro.

Marca en forma de estrela de David.

PictographRuins Altitude 331 ft
Photo ofMuíño de vento 1 de Monte Cabreiro

Muíño de vento 1 de Monte Cabreiro

Restos de tres muíños de vento derrubados. Os muros perimetrais que se conservan acadan os 40 centímetros de altura. Trátanse dos alicerces de tres muíños de vento de tipoloxía moi pouco evolucionada, do tipo de torre fixa con cuberta tamén fixa, asentado directamente sobre o terreo, sen plataforma algunha. A torre do edificio orixinal era cilíndrica, de 3,10 metros de diámetro interior e máxima altura de muros de 2,80 metros. As paredes eran de cachotes con rachas, dun grosor máximo de 80 centímetros, cun só perpiaño no lintel da porta, que era o único van disposto. A cuberta era a dúas augas, de tella do país. No solado preparouse un sinxelo piso (o tremiñado), feito de pedras irregulares baixo o que se dispuña o sistema de regulación do muíño (a mesa). Ao carecer de sistema de orientación das aspas cara o vento, os elementos mecánicos do muíño eran ben simples. O eixo horizontal (a viga) atravesa diametralmente os muros da torre, a 1,60 metros sobre o solado, apoiando sobre unhas pezas de madeira (os zoquetes) que fan de buxas. O eixo tiña a orientación do nordeste ao suroeste, que é a dos ventos dominantes no emprazamento. Xa no exterior do muíño, e en ambos os dous extremos do eixo, catro varas (os vareiros) o cruzan, unidos de a dous por outras varas (os travesos) nas que se colocaban as aspas (os abanos). Neste muíño os abanos consistían nunhas táboas unidas entre si formando unhas pezas rectangulares de aproximadamente un 1,50 metros de longo por 0,50 metros de ancho.

PictographRuins Altitude 341 ft
Photo ofMuíño de vento 2 de Monte Cabreira Photo ofMuíño de vento 2 de Monte Cabreira

Muíño de vento 2 de Monte Cabreira

Photo ofMuíño de vento 3 de Monte Cabreira Photo ofMuíño de vento 3 de Monte Cabreira

Muíño de vento 3 de Monte Cabreira

PictographRiver Altitude 190 ft
Photo ofRego de Vilar.

Rego de Vilar.

Rego que en verán secase.

Photo ofMámoa n1 do Monte das Mámoas Photo ofMámoa n1 do Monte das Mámoas

Mámoa n1 do Monte das Mámoas

O Monte das Mámoas é un conxunto formado por esta mámoa e a Mámoa Nº 2 do Monte das Mámoas. A descuberta do Monte das Mámoas foi en 1956 e é atribuída a Ramón Sobrino Buhigas. Este dato non é correcto, posto que o naturalista e arqueólogo pontevedrino morrera no ano 1946. Entón, o mérito só podería corresponder ao seu fillo, Ramón Sobrino Lorenzo-Ruxa (1915-1959), naquela altura comisario de escavacións arqueolóxicas, entre outras moitas ocupacións. En El trayecto voacional de un arquólogo, o profesor Ángel Núñez publica anotacións da axenda de traballo de Ramón Sobrino Lorenzo-Ruxa. Unha desas anotacións dá a data exacta na que visitou Catoira e incia quen foi a persoa que o orientou para chegar até o monumento megalítico: "3 de abril de 1955. Excursión a Catoira. López, el de la papelería "El Sol" me habla de conchas en la Balastrera. No las encontramos. Frente a la Balastrera otro montículo también de cantos rodados y limonita. Descubro dos mámoas y las fotografío. Tienen sepultura megalítica, saqueada. Se llama "Monte das Mámoas". Pregunto y no saben decirme el porqué de este nombre." p. 23 e 24. A mámoa presenta unha forma máis ou menos circular, coa terra pertencente á masa tumular desprazada cara o SE, debido á maior pendente do terreo nese sector. O eixo maior ao NS con 24 metros e o lado EW con 21 metros. A altura maior está no lado NE cunha altura de 1,80 metros e a menor con 80 centímetros. O perímetro é aproximadamente de 60 metros, sendo difícil establecelo con exactitude pola pendente do terreo, que se confunde coa masa tumular. A violación central é rectangular antrópica de forma irregular e esquinas redondeadas con 3,95 metros de longo, 90 centímetros de anchura e a profundidade actual duns 20 centímetros, se ben hai 20 anos era de 46 centímetros. No centro da violación queda ao descuberto un ortostato da cámara.

Photo ofMámoa n2 do Monte das Mámoas Photo ofMámoa n2 do Monte das Mámoas Photo ofMámoa n2 do Monte das Mámoas

Mámoa n2 do Monte das Mámoas

PictographPhoto Altitude 200 ft
Photo ofAlquerque n2 de As Torres

Alquerque n2 de As Torres

Alquerque descuberto por Vanesa Pérez Lorenzo en maio de 2022. Ao igual que o Alquerque Nº 1 das Torres de Oeste, trátase dun alquerque de 9 localizado á beira das Torres de Oeste, semellante a moitos outros taboleiros de xogo localizados en castelos e mosteiros medievais en Galicia, na Península e en moitos países europeos e do Mediterráneo. Coñecido desde os tempos de Grecia, atribúeselle ao comerciantes fenicios a súa difusión polo Mediterráneo (Hidalgo Cuñarro, 2009). Emprégase durante todo o Medievo, posiblemente polo influxo dos musulmáns (alquerque / el-quirkat, significa xogo) instalados na península. É coñecido por varios nomes: Muíño en Galicia, Moinho en Portugal, Mill ou Morris no Reino Unido, Merelles en Francia, Mülhe en Alemania, Molle en Noruega, ou o xenérico “alquerque de 9” para diferencialo das outras variantes, o alquerque de 3 e de 12. Un deseño formado por tres cadrados ou rectángulos concéntricos subdivididos por medio de liñas que marcan as diferentes zonas de colocación das pezas. As regras de xogo aparecen recollidas no famoso libro dos xogos (ou Xogos diversos de Xadrez, dados e táboas) encargado por Alfonso X O Sabio a mediados do século XIII. O actual xogo das damas é unha variante do alquerque e nace como resultado de xogar ó muíño sobre un taboleiro de xadrez. O alquerque non está catalogado nin protexido, e como sucede co Alquerque Nº 1 das Torres de Oeste e co Petróglifo das Torres de Oeste, non conta con ningún tipo de sinalización, nin se adoptan as medidas oportunas cada vez que se procede á limpeza da súa contorna. É una mágoa que centos de visitantes e turistas que cada ano pasan por este emblemático lugar descoñezan a existencia destes gravados.

PictographPhoto Altitude 203 ft
Photo ofCruz na Torre

Cruz na Torre

PictographPhoto Altitude 194 ft
Photo ofAlquerque n2 de As Torres

Alquerque n2 de As Torres

PictographReligious site Altitude 200 ft
Photo ofCapela de As Torres

Capela de As Torres

A Capela de Santiago, que aparece acaroada a unha dúas dos Torres de Oeste en mellor estado de conservación, foi levantada no ano 1122. Está constituída por unha sinxela nave cadrada e unha ábsida semicircular tapada por un muro da torre. A súa fábrica permite observar algunhas das características da arte prerrománica, caso das xanelas en forma de saeteira rematadas en pequenos arcos de ferradura, cos muros erguidos a base de cachotes reforzados nas esquinas. No seu interior gárdase unha escultura do Santiago Apóstolo, obra de Francisco Asorey. Esta imaxe garda certa semellanza coa labra románica do Santiago Apóstolo da Capela do Burgo de Pontevedra, salvagarda polo Museo de Pontevedra.

Photo ofPetróglifos Photo ofPetróglifos Photo ofPetróglifos

Petróglifos

A só 50 metros ao leste da Capela de Santiago figuran dúas pequenas laxes con motivos xeométricos. A laxe principal ten unhas 30 coviñas de pequenas dimensións, a maioría agrupadas na zona central e máis prominente da rocha. Como sinalan Antonio de la Peña Santos e A. García Alén no catálogo dos “Grabados rupestres de la Provincia de Pontevedra”, editado en 1980 pola Fundación Barrie de la Maza, en Santa Baia de Oeste hai “tres grupos de petróglifos según referencia verbal de su hallador Ramón Sobrino Lorenzo – Ruza”. Petróglifo incluído previamente nas adicións á “Carta Arqueológica de Pontevedra” (Filgueira Valverde & García Alén, 1956). Os achados descubertos na contorna das Torres de Oeste testemuñan que este lugar foi un punto de paso de grande relevancia dende o Bronce Final. O petróglifo é unha mostra máis da presenza humana neste sitio desde a Prehistoria. Malia estar catalogado e incluído na lista de BIC, non conta con ningún tipo de sinalización nin se adoptan as medidas oportunas cada vez que se procede á limpeza do seu entorno. É una mágoa que centos de visitantes e turistas que cada ano pasan por este emblemático lugar descoñezan a existencia destes gravados.

PictographRuins Altitude 197 ft
Photo ofRecinto As Torres

Recinto As Torres

Photo ofPaneis informativos

Paneis informativos

Paneis na que informa diferentes interés do lugar.

Comments

    You can or this trail