Activity

Celas - Rego das Xesteiras - monte Xalo e volta pola aldea de Xalo.

Download

Trail photos

Photo ofCelas - Rego das Xesteiras - monte Xalo e volta pola aldea de Xalo. Photo ofCelas - Rego das Xesteiras - monte Xalo e volta pola aldea de Xalo. Photo ofCelas - Rego das Xesteiras - monte Xalo e volta pola aldea de Xalo.

Author

Trail stats

Distance
8.42 mi
Elevation gain
1,434 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,434 ft
Max elevation
1,694 ft
TrailRank 
49 5
Min elevation
202 ft
Trail type
Loop
Time
3 hours 30 minutes
Coordinates
1294
Uploaded
January 22, 2017
Recorded
January 2017
  • Rating

  •   5 3 Reviews
Share

near Celas, Galicia (España)

Viewed 1802 times, downloaded 70 times

Trail photos

Photo ofCelas - Rego das Xesteiras - monte Xalo e volta pola aldea de Xalo. Photo ofCelas - Rego das Xesteiras - monte Xalo e volta pola aldea de Xalo. Photo ofCelas - Rego das Xesteiras - monte Xalo e volta pola aldea de Xalo.

Itinerary description

Fermosa ruta que parte da aldea de Celas, xunto a igrexa de Santa María e a torre medieval. Moi preto comeza un paseo fluvial, xunto ao Rego das Xesteiras, que acompaña numerosos muíños a carón do regato, que non para de cruzar dunha beira á outra a través de varias pontes de madeira.

Unha vez remata o paseo, hai uns metros de estrada antes de volver coller un camiño, co que comeza a subida ao Xalo na altura do lugar da Ermida. A pesares de estar sinalizado, decidimos subir por outros camiños distintos aos marcado polos cartaces do concello, xa que o circo que forma o macizo do Xalo ofrece moitas variantes, e podes achegarte varias veces sen ter que repetir o mesmo percorrido. Vas collendo altutura nas distintas V que fan esas vertentes, nalgunhas rampas bastante empinadas, ata chegar ao máis alto. Ali agardan as pedras do Petón, onde uns alpinistas practicaban escalada e fomos acompañados por uns motororistas de trial, que facían coma nós unha pequena parada no camiño.

Desde o alto, nas antenas, disfrutamos das vistas que agardan no punto máis alto da comarca, antes de comezar a baixada, pola vertente contraria do monte. A baixada non é demasiado complexa, pero si máis rápida e pindia que a subida, como se ve no gráfico de alturas. Baixamos polas pistas de montaña ata a aldea de Xalo, de feito xusto o último tramo a día de hoxe (22-1-2017), atópase en bastante mal estado debido a tala dunhas leiras da zona.

Desde a aldea do Xalo percorremos varios camiños, por carreiros de veiga, xa nunha zona máis chan e que alterna cultivos con zona de bosque, que nos volveron levar de novo ata Celas.

En resumo unha ruta moi agradable e variada, xa que nunha mesma ruta desfrutas dun paseo fluvial nas Xesteiras, unha parte máis de montaña e de vistas na subida ao Xalo, e unha última parte máis solitaria, por camiños agrícolas entre as aldeas. Non ten moitos kilómetros, márcoa como moderada só debido a que ten bastante desnivel, pero non alberga grandes dificultades técnicas.

Comments  (3)

  • Photo of jotapintos
    jotapintos Dec 19, 2020

    I have followed this trail  verified  View more

    La ruta es increíble! En la subida yo fui cogiendo caminos alternativos pero el punto final en lo alto del monte Xalo es el mismo.
    Lo único... la bajada del Xalo se hace un poco complicada por el cortafuegos (y más en esta época que no para de llover).

  • Photo of Lucía Somoza
    Lucía Somoza Jan 5, 2021

    I have followed this trail  View more

    Camiñada moi recomendable. O tramo do Rego das Xesteiras é espectacular!

  • Albgonz84 Jan 10, 2021

    I have followed this trail  View more

    Ruta muy bonita por el rego das xesteiras y subida al xalo, caminos bien cuidados.

You can or this trail