Activity

Circuito Brandomil Romano. Via Sacra

Download

Trail photos

Photo ofCircuito Brandomil Romano. Via Sacra Photo ofCircuito Brandomil Romano. Via Sacra Photo ofCircuito Brandomil Romano. Via Sacra

Author

Trail stats

Distance
3.55 mi
Elevation gain
233 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
125 ft
Max elevation
1,094 ft
TrailRank 
44
Min elevation
942 ft
Trail type
One Way
Coordinates
88
Uploaded
February 8, 2024
Recorded
February 2024
Be the first to clap
Share

near Brandomil, Galicia (España)

Viewed 46 times, downloaded 3 times

Trail photos

Photo ofCircuito Brandomil Romano. Via Sacra Photo ofCircuito Brandomil Romano. Via Sacra Photo ofCircuito Brandomil Romano. Via Sacra

Itinerary description

CIRCUITO ROMANO. (https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/roteiro-brandomil-romano-34766363)
Catalogouno Manuel Rial Tradición oral: A explicación que dan os veciños de Brandomil para poder entender de onde saen tantas "paredes" e pedras cando traballan nas súas leiras é que a aldea foi afundida. Como contan as lendas de asolagamentos de antigas cidades, nesta tamén parece ser que un desastre arrasou coa anterior vila hai moitos séculos, ou que incluso os seus cimentos viñéronse abaixo e quedaron soterrados baixo as beiras do Xallas. De aí lle vén o nome, segundo contan aínda os vellos, "Van dio-mil" que quere dicir "Van dous mil" mortos nese afundimento ou desastre. En Brandomil erguíase unha cidade romana de ó redor de 25 hectáreas. Cruzada, de seguro, pola vía XX per loca maritima, que ía de Braga a Astorga pola parte costeira da Gallaecia e subía cara Brigantium. A vía daba esta volta cara o Finisterrae para chegar ata as minas que se explotaban moi preto dalí, coma o pozo de Limideiro. Nas escavacións de hai catro anos atopáronse moedas, cerámicas africanas de diferentes épocas, xoias, vidros, aras, placas, frontón de mausoleos… Todo isto quedará como mostra da importante cidade que foi Brandomil, onde se estableceron membros da Administración imperial; E como todas as estradas, tiña que ter unha parada para repoñerse; sobre todo tendo en conta como eran antes os camiños e os días que podía levar facer esas viaxes. A mansio Grandimiro ou Glandomiro foi localizada en Brandomil por varios historiadores como esa estación na vía XX. Ficha completa en patrimoniogalego.net http://patrimoniogalego.net/?p=25063

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 981 ft
Photo of2. Restos de columnas, capiteis e pedras molduradas Photo of2. Restos de columnas, capiteis e pedras molduradas Photo of2. Restos de columnas, capiteis e pedras molduradas

2. Restos de columnas, capiteis e pedras molduradas


Na casa situada en fronte a igrexa, ó outro lado da carretera, atopamos no xardín distintos restos romanos usados como adornos.
https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294019



PictographWaypoint Altitude 981 ft
Photo of3. Gran capitel cuadrangular Photo of3. Gran capitel cuadrangular Photo of3. Gran capitel cuadrangular

3. Gran capitel cuadrangular


Capitel cuadrangular, de forma troncopiramidal invertida. Componse cun groso bocel, listel liso e escocia.
Está reutilizado como remate nunha esquina do muro do atrio da igrexa parroquial.  https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294020

PictographWaypoint Altitude 978 ft
Photo of4 Estela funeraria Photo of4 Estela funeraria

4 Estela funeraria

>
A estela funeraria atópase rota na metade da inscripción, da que só se ven as últimas letras das dúas primeiras líneas. Contra o remate semella haber unha cabeza antropomorfa dun busto togado.  https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294021

PictographWaypoint Altitude 982 ft
Photo of5. Fuste de columna de granito Photo of5. Fuste de columna de granito

5. Fuste de columna de granito


Dado as súas grandes dimensións varios estudiosos identificárono como un miliario anepigráfico. Hoxe en día a función de fuste de columna parece a máis probable.
É unha peza de gran formato, cilíndrica aínda que lixeiramente con forma de cono e arredondada. Ten unha fendadura lonxitudinal rebaixada, así como varios ocos, que pode indicar que foi reutilizada como piar  https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294022

PictographWaypoint Altitude 988 ft
Photo of6. Basa / Capitel

6. Basa / Capitel


Esta peza, de granito, está formada por unha simple moldura redondeada dende onde arranca un fuste levemente en forma de cono.
Reutilizado de banqueta na porta da casa. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294023

PictographWaypoint Altitude 986 ft

7. Camiño de Trapeso

Restos de construccións

PictographWaypoint Altitude 994 ft
Photo of8. Basa / Capitel

8. Basa / Capitel


Moldura convexa e redondeada, de granito, con un resalte cilíndrico a modo de colariño.
Reutilizado como chanzo para subir a un cabazo. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294025

PictographWaypoint Altitude 998 ft
Photo of9. Basa / Capitel toscano Photo of9. Basa / Capitel toscano Photo of9. Basa / Capitel toscano

9. Basa / Capitel toscano



Basa ou capitel toscano, de granito de gran fino. É unha peza moi ben traballada con ábaco, toro e escocia. Apréciase un estreito filete, duns 5 ou 6 mm de separación entre o toro e a escocia.
Reutilizado como chanzo para subir ó cabazo. https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294026

PictographWaypoint Altitude 984 ft
Photo of11. Ara votiva a deusa Fortuna

11. Ara votiva a deusa Fortuna


Conserva a base e a cornixa por todos os lados. Mide 40 cm (alto), 22 - 19 (ancho) e 13 - 10 (groso).
A inscripción di o seguinte:
FONTIUN-
AE M[arcus] SE[mpronius?]
AGATON
EX V[oto]
Atópase in situ no xardín desta casa.  https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294028

PictographWaypoint Altitude 988 ft
Photo of12. Basa / Capitel Photo of12. Basa / Capitel Photo of12. Basa / Capitel

12. Basa / Capitel


Basa ou capitel de granito. Moldura convexa redondeada e cun resalte cilíndrico a modo de colariño.
Reutilizado como chanzo para subir ó cabazohttps://www.wikiloc.com/hiking-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294029

PictographWaypoint Altitude 993 ft

13. Pedra do Altar

Restos de estructuras murarias de época romana https://www.wikiloc.com/outdoor-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294030

PictographBridge Altitude 958 ft
Photo of16 Ponte de Brandomil Photo of16 Ponte de Brandomil Photo of16 Ponte de Brandomil

16 Ponte de Brandomil



Catalogouno Xose Troiano
Cronoloxía: Época Altomedieval

Descrición:
Esta ponte consta de catro arcos cunha luz de 8,20 metros tres deles e, outro máis pequeno. Os dous centrais, coinciden co curso do río, están formados por dúas roscas cuns vinte centímetros de voladizo. As bóvedas e os tímpanos son de sillería. Consérvase ben os pretís e un tramo de calzada que se alonxa por un dos seus extremos chegando a cruzar a estrada xeral.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=4449)

PictographMine Altitude 981 ft
Photo of14 Mina de ouro do Limideiro Photo of14 Mina de ouro do Limideiro Photo of14 Mina de ouro do Limideiro

14 Mina de ouro do Limideiro


Catalogouno Xose Troiano.
DESCRICION:
No ano 138 a. C., o procónsul Décimo Xuño Bruto chega ás ribeiras do Miño emprendendo a conquista da Gallaecia. Como tódolos invasores, o seu afán sería sobre todo o de recadar ouro. Coa Galiza conquistada, esta pasa a constituír un inmenso couto mineiro romano, limitado polo mar e pola liña Braga-Astorga-Lugo, gardada pola VII Legia Gémina. Estes xacementos foron inmensamente explotados ata a caída do imperio romano. Limideiro é unha desas minas de ouro explotadas ó aire libre polos romanos nunha zona de banda milonítica sendo o seu paraxénese, Mispiquel, Au. A mina abarca un amplo territorio formando un gran oco a modo de lagoa da que mesmo se di que se pode pescar, dado que nela desemboca un regato. Na actualidade, aos pés da mina, por onde desauga, hai unha especie de lavadoiro onde van a limpar as cisternas con restos de augas fecais e demais restos.
Imaxes:
Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=12217)   https://www.wikiloc.com/hiking-trails/vmlg-16-zas-vimianzo-2021-72294011#wp-72294031

PictographRuins Altitude 1,094 ft
Photo of17 Castro de Calabanda.

17 Castro de Calabanda.


Catalogouno elixiovieites (http://patrimoniogalego.net/index.php/author/elixiovieites) o 28-08-2013
Outra denominación: Pedra do Castro
Rating: 2/5 (1 comentarios (http://patrimoniogalego.net/?p=49021/#respond))
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro
CronoloxÃa: Idade do Ferro
Parroquia: Brandomil-Antes
Lugar: Acalabanda
Propiedade: Privada
Uso actual:
Código no catálogo da Xunta: GA-15093033
CategorÃa do ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza?: Si
Está afectado por alguna obra?: Non
Estado de conservación: Malo
Descrición:
O castro encóntrase a 600 m. do castro de Brandomil, pero na marxe esquerda e a 380 metros do rÃo Xallas, enriba do lugar de Acalabanda e a 330 m. de altitude. O seu estado é moi malo, pois a parte interior da croa, duns 95 m. de diámetro, foi utilizada coma canteira para conseguir pedra. O parapeto está moi rebaixado na parte leste e sur e serve de lÃmite entre as propiedades agrÃcolas. Está na liña de demarcación entre os concellos de Zas e Mazaricos. A abundancia de arborado e vexetación fai que sexa moi difÃcil a súa observación e só se fai visible o parapeto da zona norte e leste. na segunda foto podemos ver un mapa de pendentes Lidar do ano 2009 onde se aprecian os dous castros.
Imaxes:


Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=49021)

PictographRuins Altitude 986 ft
Photo of15 Castro de Brandomil

15 Castro de Brandomil


Catalogouno Manuel Rial
Cronoloxía: Idade do Ferro

Descrición:
Cruzando a ponte de ascendencia romana sobre o río Xallas chegamos ás murallas do castro de Brandomil. Trátase dun castro romanizado de tipo mixto, con características dos de chaira e dos de outeiro. A croa deste castro, que hoxe ten uso agrario, é bastante plana. As murallas (a maior parte artificiais) non teñen moita altura cara ao interior, pero si no exterior, sobre todo na parte que dá ao Xallas, a máis inaccesible. Conserva parte do foxo neste lado. Ao carón deste castro posiblemente pasaba a vía romana número XX per loca maritima e nela estaba a mansión Grandimirum que se pode identificar con Brandomil. E así o proba a abundancia de achádegos romanos nas inmediacións do lugar.
Imaxes:

Ficha completa en patrimoniogalego.net (http://patrimoniogalego.net/?p=6640)
<

Comments

    You can or this trail