Activity

Circular Cerdedelo (Laza) - Porto Camba (Castrelo do Val)

Download

Trail photos

Photo ofCircular Cerdedelo (Laza) - Porto Camba (Castrelo do Val) Photo ofCircular Cerdedelo (Laza) - Porto Camba (Castrelo do Val) Photo ofCircular Cerdedelo (Laza) - Porto Camba (Castrelo do Val)

Author

Trail stats

Distance
7.7 mi
Elevation gain
1,385 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,385 ft
Max elevation
3,779 ft
TrailRank 
51
Min elevation
3,021 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 8 minutes
Time
3 hours 44 minutes
Coordinates
2267
Uploaded
September 11, 2022
Recorded
September 2022
Share

near Cerdedelo, Galicia (España)

Viewed 62 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofCircular Cerdedelo (Laza) - Porto Camba (Castrelo do Val) Photo ofCircular Cerdedelo (Laza) - Porto Camba (Castrelo do Val) Photo ofCircular Cerdedelo (Laza) - Porto Camba (Castrelo do Val)

Itinerary description

Camiñada xeitosa pola zona da Serra Seca (denominación que non sei se aparece nos mapas). Feita seguindo esta de María X. Blanco: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/cerdedelo-portocamba-96937829
A ruta comeza an Cerdedelo (Laza) e vai ata Portocamba (Castrelo do Val), aínda que podería facerse ao revés. Decorre a través de pistas agás un anaquiño chegando a Portocamba, que vai a valmonte pero por unha zona perfectamente transitable e evidente. Non é un trazado sinalizado, polo que é moi indicado guiarse cun GPS.
A andada permite coñecer algo máis esta zona montuosa alonxada dos "centros de interese" típicos. A aldea de Cerdedelo ten un bo tamaño e debeu ser xa de tempo atrás rica. Conserva algunha mostra das construcións tradicionais que eran de boa factura e grandes. Unha mágoa que as novas casas non conservasen a estética dun lugar tan fermoso. No medio da aldea está a igrexa; monolítica, grande, sen ocos de iluminación... Pola aldea vemos algúns exemplos de habitacións construídas sobre as rúas; un acertado aproveitamento do espazo, pero tamén unha utilidade común por ser un espazo cuberto de uso público.
Conforme nos alonxamos de Cerdedelo (por unha pista de cemento para as obras do AVE, agresiva co entorno) obtemos unha excelente panorámica sobre a mesma e a masa de arboredo foliáceo que a rodea. A seguir, a ruta decorre por entre piñeiros de "repoboación" e monte autóctono ata Portocamba.
Portocamba é unha pequena aldea, construída linealmente ao longo dunha rúa, aínda que con algún recanto transversal. Está ben máis abandonada que Cerdedelo. Porén "conserva" relativamente máis elementos tradicionais. Chama a atención a igrexa, feita con pedra do país, rodeada polo cemiterio vello (hai un novo cerca da aldea) no que aínda están as lápidas antigas de lousa do país. Algo moi curioso. Tamén hai, na parede do templo, unha placa afagadora para o Cardeal Quiroga Palacios, que foi cura nesta parroquia...
A volta faise por camiños máis ou menos paralelos aos de ida e, no punto máis alto, teremos unha boa panorámica dende a zona das Portelas, o Larouco, o Val, ata a parte de Toro, etc.
Na parte final da baixada pasamos a carón da capela da Penatallada e da rocha que lle dá nome. Neste lugar celébrase unha romaxe a finais de maio.
Ruta interesante, con belas paisaxes, aldeas chamadoras e un equilibrado punto de dificultade constituído, máis que nada, polo desnivel acumulado. É bastante descuberta, polo que é desaconsellable para días de mal tempo. Non hai fontes no camiño. En Cerdelo s,i pero en Portocamba non vin.

Waypoints

PictographCar park Altitude 3,041 ft
Photo ofCerdedelo Photo ofCerdedelo Photo ofCerdedelo

Cerdedelo

PictographFountain Altitude 3,066 ft
Photo ofFonte Photo ofFonte

Fonte

PictographReligious site Altitude 3,048 ft
Photo ofIgrexa Photo ofIgrexa Photo ofIgrexa

Igrexa

PictographTree Altitude 3,030 ft
Photo ofSouto Photo ofSouto

Souto

PictographPanorama Altitude 3,113 ft
Photo ofPanorámica de Cerdedelo I Photo ofPanorámica de Cerdedelo I

Panorámica de Cerdedelo I

PictographPanorama Altitude 3,266 ft
Photo ofPanorámica de Cerdedelo II Photo ofPanorámica de Cerdedelo II Photo ofPanorámica de Cerdedelo II

Panorámica de Cerdedelo II

PictographPanorama Altitude 3,300 ft
Photo ofVías do ferrocarril convencional e do AVE Photo ofVías do ferrocarril convencional e do AVE Photo ofVías do ferrocarril convencional e do AVE

Vías do ferrocarril convencional e do AVE

PictographPanorama Altitude 3,485 ft
Photo ofPanorámica do Val e Cerdedo Photo ofPanorámica do Val e Cerdedo Photo ofPanorámica do Val e Cerdedo

Panorámica do Val e Cerdedo

PictographPanorama Altitude 3,285 ft
Photo ofPorto Camba, ou Portocamba. Photo ofPorto Camba, ou Portocamba. Photo ofPorto Camba, ou Portocamba.

Porto Camba, ou Portocamba.

PictographBridge Altitude 3,030 ft
Photo ofPonte sobre o río Camba. Photo ofPonte sobre o río Camba. Photo ofPonte sobre o río Camba.

Ponte sobre o río Camba.

PictographPhoto Altitude 3,055 ft
Photo ofImaxes de Portocamba Photo ofImaxes de Portocamba Photo ofImaxes de Portocamba

Imaxes de Portocamba

PictographReligious site Altitude 3,102 ft
Photo ofIgrexa (San Miguel) Photo ofIgrexa (San Miguel) Photo ofIgrexa (San Miguel)

Igrexa (San Miguel)

PictographTree Altitude 3,186 ft
Photo ofCastiñeiro ardido Photo ofCastiñeiro ardido

Castiñeiro ardido

PictographIntersection Altitude 3,573 ft
Photo ofLetreiro e derivación Photo ofLetreiro e derivación

Letreiro e derivación

PictographPanorama Altitude 3,775 ft
Photo ofPena Nofre e val de Monterrei Photo ofPena Nofre e val de Monterrei Photo ofPena Nofre e val de Monterrei

Pena Nofre e val de Monterrei

PictographReligious site Altitude 3,210 ft
Photo ofCapela de Pena Tallada Photo ofCapela de Pena Tallada Photo ofCapela de Pena Tallada

Capela de Pena Tallada

Comments

    You can or this trail