Activity

Circular de Leiro a Pazos de Arenteiro

Download

Trail photos

Photo ofCircular de Leiro a Pazos de Arenteiro Photo ofCircular de Leiro a Pazos de Arenteiro Photo ofCircular de Leiro a Pazos de Arenteiro

Author

Trail stats

Distance
8.64 mi
Elevation gain
1,214 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,214 ft
Max elevation
822 ft
TrailRank 
32
Min elevation
266 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 38 minutes
Coordinates
2404
Uploaded
January 23, 2024
Recorded
January 2024
Be the first to clap
Share

near Leiro Grande, Galicia (España)

Viewed 13 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofCircular de Leiro a Pazos de Arenteiro Photo ofCircular de Leiro a Pazos de Arenteiro Photo ofCircular de Leiro a Pazos de Arenteiro

Itinerary description

Ruta circular dende Leiro Grande pasando por:
- Igrexa de San Miguel de Lebosende (1,2 km)
- Pazos de Arenteiro (6,1 km)
- Pozo dos Fumes (7,1 km)
- Ponte do Santo Sepulcro (7,6 km)
- Ponte da Cruz (8,2 km)
- Ponte de Esperela (13,2 km)

Ruta realizada o 21 de xaneiro de 2024.

Imprescindible o uso de GPS/Mapa.

Actualmente a meirande parte dos camiños polos que discorre o roteiro atópanse en óptimas condicións para facer sendeirismo, exentos de maleza e co firme en bo estado. Non obstante compre sinalizar tres incidencias: en primeiro lugar, a aparición en catro puntos distintos de troncos de árbore que obstaculizan o camiño, obrigando a facer un pequeno esforzo, en absoluto dificultoso, para franquealas; o segundo treito problemático achámolo no camiño do río Arenteiro cara o Pozo dos Fumes, no que gran parte das pasarelas de madeira están destartaladas ou mesmo abatidas polas riadas, facendo necesario camiñar por un pequeno sendeiro habilitado para sortealas; por último, de regreso a Leiro, á altura de Gomariz, o camiño estreitase perigosamente nun escaso tramo duns 50 metros entre os muros das fincas e o cauce do río Avia; neste paso compre andar con moito tino.

A primeira parte do percorrido segue o camiño marcado polo PR-G 76. No traxecto disfrutaremos dunha fermosa fraga con amplas vistas do val do Avia.
Destacar no apartado histórico-artístico a igrexa con portada gótica de San Miguel de Lebosende e, no etnográfico (por darlle un calificativo), unha curiosa instalación a camiño entre o artístico e o máxico-fantástico onde unha serie de elementos inesperados asombrarán, senón inquedarán, o ánimo do paseante; así, atoparemos calzado en estado de descomposición pendurado das árbores, espellos rotos dispersos pola paisaxe, unha Barbie trasmutada en sereia no interior dunha botella, algún ídolo que semella sacado da novela "O señor das moscas"... e outros obxectos absurdos dispostos na contorna dunha precaria vivenda sita no corazón do bosque. Perto deste punto chegaremos ás ruínas dunha aldea abandonada de certas dismesións con varias casonas cubertas pola vexetación, no interior das cales, ademáis de formidables árbores, madeira cuberta de musgo e fungos, e varias estructuras de pedra, acharemos unha sorte de altar extravagante que nos remitirá inmediatamente ao descrito anteriormente.
Esta primeira parte remata coa chegada á vila de Pazos de Arenteiro, un dos conxuntos históricos máis ricos e millor conservados do rural galego cuxa visita xustifica por sí mesma a andaina. Tras un breve desvío para coñecer o Pozo dos Fumes, o camiño regresa pola beira do Avia até Leiro permitíndonos disfrutar da presenza de dúas pontes destacables: o arco conservado da Ponte da Cruz, ao carón da desembocadura do Arenteiro e, xa na entrada á vila de Leiro, a Ponte de Esperela.

Comments

    You can or this trail