Activity

CIRCULAR DE MONTEFURADO. ASOCIACIÓN CULTURAL BOCA DO MONTE

Download

Trail photos

Photo ofCIRCULAR DE MONTEFURADO. ASOCIACIÓN CULTURAL BOCA DO MONTE Photo ofCIRCULAR DE MONTEFURADO. ASOCIACIÓN CULTURAL BOCA DO MONTE Photo ofCIRCULAR DE MONTEFURADO. ASOCIACIÓN CULTURAL BOCA DO MONTE

Author

Trail stats

Distance
4.27 mi
Elevation gain
676 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
676 ft
Max elevation
1,208 ft
TrailRank 
49 5
Min elevation
853 ft
Trail type
Loop
Coordinates
199
Uploaded
December 1, 2020
Recorded
December 2020
  • Rating

  •   5 1 review
Share

near Angueiros, Galicia (España)

Viewed 1299 times, downloaded 32 times

Trail photos

Photo ofCIRCULAR DE MONTEFURADO. ASOCIACIÓN CULTURAL BOCA DO MONTE Photo ofCIRCULAR DE MONTEFURADO. ASOCIACIÓN CULTURAL BOCA DO MONTE Photo ofCIRCULAR DE MONTEFURADO. ASOCIACIÓN CULTURAL BOCA DO MONTE

Itinerary description

Os datos e desenvolvemento desta ruta corresponde á Asociación Cultura Boca do Monte asociacionbocadomonte@gmail.com e foi compartida por primeira vez en wikiloc polo seu socio de Vilanuide josegutiche.
Galego:
Ruta sinxela de 6,6 quilómetros de percorrido circular ao arredor do túnel romano de Montefurado e ao antigo leito do río Sil, de gran interese cultural, patrimonial e paisaxístico. Na actualidade, este enclave encontrase gravemente ameazado pola futura autoestrada A-76 entre Ponferrada e Ourense, ao igual que outras zonas da Ribeira Sacra.
A ruta comeza no miradoiro de Anguieiros, que está convenientemente sinalizado na N-120 a altura de Montefurado. Despois, diríxese cara a aldea de Os Anguieiros, coas súas estreitas calellas e as súas casas de lousa, en ocasións unidas entre si por pintorescos corredores de madeira. Deixando atrás Os Anguieiros, camiñase a través dun precioso souto de castaños centenarios. Tras descender por un sendeiro de rocas, cruzase o arroio de Sesmil que, dependendo da época do ano, pode levar máis ou menos auga. Contan os locais que en Sesmil asentouse unha lexión romana que explotaba as minas de Montefurado e arredores, e de aí seu topónimo (seis mil homes).
Ascendese posteriormente cara o castro de A Cabrita, dende onde divisase a aldea de Vilanuide e outro castro, O Castrillón. En tempos dos romanos, todo o entorno da aldea converteuse nunha gran mina de ouro. Aínda que o roteiro non pasa por Vilanuide, si se dispón de tempo, pódese baixar ata a poboación e pasear polo núcleo rural típico da Galicia interior.
No alto da Cabrita ha de tomarse un camiño que deixa Vilanuide ao este un fermoso paseo que agora discorre entre olivos, unha rareza mediterránea nesta parte da España atlántica. E, un pouco máis adiante, xa se pode albiscar o antigo leito do río Sil, un meandro dúns 3 quilómetros que os romanos desecaron para buscar ouro cando desviaron o río. Hai que descender ata A Veiga, paso por onde se cruza ao antigo leito.
Saíndo a unha estrada secundaria, a ruta baixa ata o mesmo túnel de Montefurado, chamado comunmente A Boca do Monte pola xente da zona. Pódese ver de cerca o gran buraco escavado na roca que fixeron os romanos para desviar o Sil a través da montaña, nunha das obras de enxeñería máis grandiosas da antigüidade.
Tralo prato forte da excursión, hai tres opcións: regresar ao mirado, punto de inicio e fin da ruta; visitar a aldea de Montefurado, coas súas casas señoriais e a súa igrexa barroca; ou, en verán dirixirse cara o pobo dos Covallos e darse un baño nas augas que cruzan o propio túnel romano.
CASTELLANO:
Ruta fácil de 6,6 kilómetros de recorrido circular en torno al túnel romano de Montefurado y al antiguo cauce del río Sil, de gran interés cultural, patrimonial y paisajístico. Actualmente, este enclave se encuentra gravemente amenazado por la futura autopista A-76 entre Ponferrada y Ourense, al igual que otras zonas de la Ribeira Sacra.
La ruta comienza en el mirador de Anguieiros, que está convenientemente señalizado en la N-120 a la altura de Montefurado. Después, se dirige hacia la aldea de Os Anguieiros, con sus estrechas callejuelas y sus casas de pizarra, en ocasiones unidas entre sí por pintorescos corredores de madera. Dejando atrás Os Anguieiros, se camina a través de un precioso soto de castaños centenarios. Tras descender por un sendero de rocas, se cruza el arroyo de Sesmil que, dependiendo de la época del año, puede llevar más o menos agua. Cuentan los lugareños que en Sesmil se asentó la legión romana que explotaba las minas de Montefurado y alrededores, y de ahí su topónimo (seis mil hombres).
Se asciende posteriormente hacia el castro de A Cabrita, desde donde se divisa la aldea de Vilanuide y otro castro, O Castrillón. En tiempos de los romanos, todo el entorno de la aldea se convirtió en una gran mina de oro. Aunque la ruta no pasa por Vilanuide, si se dispone de tiempo, se puede bajar hasta la población y pasear por un núcleo rural típico de la Galicia interior.
En el alto de A Cabrita se ha de tomar un camino que deja Vilanuide al este, un hermoso paseo que ahora discurre entre olivos, una rareza mediterránea en esta parte de la España atlántica. Y, un poco más adelante, ya se puede vislumbrar el antiguo cauce del río Sil, un meandro de unos 3 kilómetros que los romanos desecaron para buscar oro cuando desviaron el río. Hay que descender hasta A Veiga, paso donde se cruza el antiguo cauce.
Saliendo a una carretera secundaria, la ruta baja hasta el mismo túnel de Montefurado, llamado comúnmente A Boca do Monte por la gente de la zona. Se puede ver de cerca el gran agujero excavado en la roca que los romanos realizaron para desviar el Sil a través de la montaña, en una de las obras de ingeniería más grandiosas de la Antigüedad.
Tras el plato fuerte de la excursión, hay tres opciones: regresar al mirador, punto de inicio y fin de la ruta; visitar la aldea de Montefurado, con sus casas señoriales y su iglesia barroca; o, en verano, dirigirse hacia el pueblo de Os Covallos y darse un baño en las aguas que cruzan el propio túnel romano.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 944 ft
Photo ofMONTEFURADO

MONTEFURADO

PictographWaypoint Altitude 857 ft
Photo ofBOCA DO MONTE SAÍDA

BOCA DO MONTE SAÍDA

PictographWaypoint Altitude 861 ft
Photo ofA BOCA DO MONTE

A BOCA DO MONTE

PictographWaypoint Altitude 1,073 ft
Photo ofARROIO DE SESMIL

ARROIO DE SESMIL

PictographWaypoint Altitude 1,184 ft
Photo ofVILANUIDE

VILANUIDE

PictographWaypoint Altitude 1,180 ft
Photo ofOS ANGUIEIROS

OS ANGUIEIROS

PictographWaypoint Altitude 1,120 ft
Photo ofANTIGO LEITO DO SIL

ANTIGO LEITO DO SIL

PictographWaypoint Altitude 860 ft
Photo ofA VEIGA

A VEIGA

Comments  (1)

  • Photo of Antoniofr84
    Antoniofr84 Aug 20, 2021

    I have followed this trail  verified  View more

    preciosa ruta

You can or this trail