Circular de Priegue
near Priegue, Galicia (España)
Viewed 1676 times, downloaded 29 times
Trail photos
Itinerary description
Boa ruta, sobre todo nos oito ou nove primeiros quilómetros. Na última parte demasiado asfalto, aínda que as vistas dende o depósito de auga de Nigrán pagan a pena.
Deixamos o coche onda o vello panel informativo do que era a primitiva PR-G 60, algo máis abaixo da igrexa de san Mamede. Está ben sinalizado, sobre todo no tramo coincidente coa senda das Medoñas. Mais para a última parte, totalmente urbanizada a partir do lavadoiro, máis vale dispor de GPS ou dunha boa intuición para volver ao coche sen dar moitas voltas.
O acceso ao Outeiro Grande está sinalizado como “Mirador dos outeiros”. Cuns 450 m de altitude, constitúe un miradoiro fabuloso. Pero precisamente esa parte da ruta atópase nun estado de abandono lamentábel. Lembro subir hai uns dez anos: o que era un cortalumes amplo e totalmente limpo converteuse nun lugar inzado de vexetación e totalmente abandonado, aínda que se pode ascender ou descender sen maior complicación (se está moi mollado, na parte máis alta hai que andar con moito ollo). Hai dez anos o cumio estaba limpo e dende o camiño podían verse a caseta e o vértice xeodésico. Agora para acceder a caseta percíbese ben o camiño (se sabemos onde está), pero para dar co vértice xeodésico (aquí a vista sobre Vigo, a ría, as Cíes e Ons, e cara ao interior até o Faro de Avión é fabulosa) hai que atravesar a vexetación, mesmo pelexando coas silvas. Dende a caseta temos un panorama impresionante sobre o Val Miñor, dende o Galiñeiro até o cabo Silleiro.
O acceso á mámoa das Requeixas e o petróglifo da Requeixada non está sinalizado, a pesar de teren cadanseu panel informativo en perfecto estado. Este petróglifo soamente se pode apreciar coa luz do atardecer, pero o das Medoñas podemos observalo bastante ben a calquera hora (aínda que a tardiña tamén é a hora ideal).
Pouco antes do petróglifo das Medoñas hai un par de penedos á dereita do camiño aos que paga a pena acceder polas fermosas vistas que ofrecen.
Algo máis adiante, cando chegamos ás primeiras casas e a terra pasa a ser asfalto, debemos ter ollo e desviarnos por unha pista de terra á esquerda para non volver ao enlace entre a ruta das Medoñas e o circular de Priegue.

Waypoints
Information point
664 ft
Panel ruta
Panel informativo primitiva pr-g 60
Religious site
782 ft
Igrexa
Igrexa
Waypoint
1,026 ft
Depósito auga. Fin asfalto
Depósito auga. Fin asfalto
Waypoint
1,481 ft
Desvío miradoiro dos Outeiros
Desvío miradoiro dos Outeiros
Intersection
1,354 ft
Enlace co sendeiro
Enlace co sendeiro
Panorama
1,239 ft
Penedo
Penedo
Fountain
779 ft
Lavadoiro
Lavadoiro
Waypoint
763 ft
Depósito de auga de Nigrán
Depósito de auga
You can add a comment or review this trail
Comments