Activity

Circular dende Lampaza-Alto do Forriolo-Mural do Forriolo (Rairiz de Veiga, A Bola)

Download

Trail photos

Photo ofCircular dende Lampaza-Alto do Forriolo-Mural do Forriolo (Rairiz de Veiga, A Bola) Photo ofCircular dende Lampaza-Alto do Forriolo-Mural do Forriolo (Rairiz de Veiga, A Bola) Photo ofCircular dende Lampaza-Alto do Forriolo-Mural do Forriolo (Rairiz de Veiga, A Bola)

Author

Trail stats

Distance
7.3 mi
Elevation gain
837 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
837 ft
Max elevation
2,789 ft
TrailRank 
66 4.7
Min elevation
2,144 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 5 minutes
Time
2 hours 16 minutes
Coordinates
2013
Uploaded
January 15, 2023
Recorded
January 2023
  • Rating

  •   4.7 1 review
Share

near Lampaza, Galicia (España)

Viewed 81 times, downloaded 7 times

Trail photos

Photo ofCircular dende Lampaza-Alto do Forriolo-Mural do Forriolo (Rairiz de Veiga, A Bola) Photo ofCircular dende Lampaza-Alto do Forriolo-Mural do Forriolo (Rairiz de Veiga, A Bola) Photo ofCircular dende Lampaza-Alto do Forriolo-Mural do Forriolo (Rairiz de Veiga, A Bola)

Itinerary description

A idea era facer un roteiro que levase, a través dunha andaina ó Mural do Forriolo. O Alto do Forriolo é un cumio da provincia de Ourense situado a 858 metros de altitude, situado no límite entre as parroquias de San Martiño de Berredo (A Bola) e Lampaza (Rairiz de Veiga). Recibe o seu nome da aldea do Forriolo. Antóllase sair dende a aldea de Lampaza por facer o traxecto un pelín máis longo.
O punto de orixe é a Igrexa de Lampaza, grande, templo do século XVII, finalizado para máis exactitude no 1656, adicada a Santa María. É de planta en cruz latina e separada en tres naves.
Pasa por As Muradellas onde esperan uns soutos con castiñeiros impresionantes. Practicamente o camiño discorre entre carballeiras e soutos. Déixase a un lado a aldea de Azoreiros e cóllese camiño cara Crespos, onde os hórreos que alí están en pé merece a pena velos. Tamén se atopa nesta aldea, un lavadeiro rehabilitado e unha fonte co seu caño en pedra no chan e un busto custodiando a saída da auga. A aldea de Crespos primixénia debe ser as vivendas en ruínas que se pasan polo alto da aldea, casas de pedra de cachote das que hoxe quedan non máis que as paredes.
O tramo ata o Forriolo vai paralelo á estrada, e o curuto en sí, está pechado por tela metálica, probablemente para explotación bovina, anque neste intre non había vacas alí. No alto de todo hai un vértice xeodésico, pero non é posible acercarse. Síguese cara a aldea de Forriolo, na que na súa entrada se atopa o mural ás víctimas. A lenda que reza ós pés do mural di: "Este mural de O Furriolo en homenaxe ás vítimas da represión franquista feito por Xosé Vizoso e promovido pola Asociación Arraianos inaugurouse en agosto do 2006."
O Alto do Forriolo, nos primeiros meses da Guerra Civil convertíuse nunha zoa de execución dos presos da represión franquista que se atopaban no penal de Celanova. O roteiro ó Alto do Forriolo, ou ata o Mural do Forriolo debería estar arranxado como un roteiro para perpetuar a memoria de tódolos "paseados" nesa zoa. Resulta imposible saber con certeza o número de cadáveres que repousan nos seus arredores, aínda que son moitos os testemuños orais que falan da existencia de auténticas fosas comúns, e mesmo testemuñas directas que acudían a ver ós seus familiares presos que aseguran ter visto moreas de mortos polas gabias das estradas que conducían ó convento. Nos rexistros civís non chegan a trinta as vítimas escritas, e non todas documentadas no Forriolo; e nos libros de defuncións da parroquia de Sorga (A Bola), onde deberían figurar boa parte dos mortos, nin sequera aparecen recollidos todos os inscritos no xulgado municipal. Unha cantidade realmente inferior á que ofrecen os propios veciños da zona, que vén confirmar as deficiencias destas fontes documentais.
Fora como fose, e collendo os camiños que cada un queira (este track pode ser un deles), é importante chegar ó Mural co respecto e a humildade que tódolos axustizados merecen.

Waypoints

PictographReligious site Altitude 2,192 ft
Photo ofSitio religioso

Sitio religioso

PictographRuins Altitude 2,215 ft
Photo ofRuinas

Ruinas

PictographTree Altitude 2,192 ft
Photo ofÁrbol

Árbol

PictographTree Altitude 2,182 ft
Photo ofÁrbol Photo ofÁrbol

Árbol

PictographTree Altitude 2,182 ft
Photo ofÁrbol

Árbol

PictographMonument Altitude 2,293 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 2,287 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 2,290 ft
Photo ofMonumento Photo ofMonumento

Monumento

PictographFountain Altitude 2,300 ft
Photo ofFuente Photo ofFuente

Fuente

PictographTree Altitude 2,343 ft
Photo ofÁrbol

Árbol

PictographRuins Altitude 2,333 ft
Photo ofRuinas

Ruinas

PictographRuins Altitude 2,382 ft
Photo ofRuinas

Ruinas

PictographPicnic Altitude 2,438 ft
Photo ofPicnic

Picnic

PictographSummit Altitude 2,799 ft
Photo ofCima

Cima

PictographMonument Altitude 2,743 ft
Photo ofMonumento Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 2,740 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographPanorama Altitude 2,428 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographMonument Altitude 2,198 ft
Photo ofPechos Photo ofPechos Photo ofPechos

Pechos

PictographBirding spot Altitude 2,198 ft
Photo ofPunto de observación de aves

Punto de observación de aves

PictographReligious site Altitude 2,188 ft
Photo ofSitio religioso

Sitio religioso

PictographReligious site Altitude 2,192 ft
Photo ofSitio religioso Photo ofSitio religioso Photo ofSitio religioso

Sitio religioso

PictographReligious site Altitude 2,195 ft
Photo ofSitio religioso

Sitio religioso

Comments  (2)

  • Photo of Tío_Pepe
    Tío_Pepe Mar 27, 2023

    I have followed this trail  verified  View more

    Ruta amena para camiñar. Fermosos soutos e touzas pero mágoa de aldeas e faceiras abandonadas... O mural do Furriolo, un símbolo do que non debe volver pasar e da falta de xustiza para tantas vítimas; un lugar emotivo.
    Non presenta grande dificultade e os camiños están limpos.
    Grazas por partillárela. Saúdo.

  • Photo of Maria X. Blanco
    Maria X. Blanco Mar 29, 2023

    Alégrome que che gustase!

You can or this trail