Activity

Circular dende Vilaza, río Búbal, Lobarzán. Monterrei e Oímbra

Download

Trail photos

Photo ofCircular dende Vilaza, río Búbal, Lobarzán. Monterrei e Oímbra Photo ofCircular dende Vilaza, río Búbal, Lobarzán. Monterrei e Oímbra Photo ofCircular dende Vilaza, río Búbal, Lobarzán. Monterrei e Oímbra

Author

Trail stats

Distance
8.61 mi
Elevation gain
994 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
994 ft
Max elevation
2,121 ft
TrailRank 
51
Min elevation
1,217 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 29 minutes
Time
4 hours 41 minutes
Coordinates
2590
Uploaded
March 31, 2024
Recorded
March 2024
Be the first to clap
Share

near Villaza, Galicia (España)

Viewed 13 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofCircular dende Vilaza, río Búbal, Lobarzán. Monterrei e Oímbra Photo ofCircular dende Vilaza, río Búbal, Lobarzán. Monterrei e Oímbra Photo ofCircular dende Vilaza, río Búbal, Lobarzán. Monterrei e Oímbra

Itinerary description

Esta é unha ruta non marcada, feita a partir deste track de María X. Blanco: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/circular-polo-rio-bubal-ata-lobarzan-vilaza-monterrei-156006998 aínda que cunha importante modificación que logo explico.
Comeza en Vilaza, a carón da alameda. Diríxese paralela ao río Búbal, a contra da corrente, por camiños e pistas pavimentadas. No Porto, aproximadamente no quilómetro 1,9 houbo que facer unha variación sobre o itinerario seguido por mor de alagamento na pista polo grande caudal do río. A alternativa improvisada foi seguir polo lado esquerdo buscando outra ponte onde cruzar.
Esta iniciativa resulto moi positiva porque así puidemos coñecer o antigo e arruinado balneario de Requeixo, ou balneario de Vilaza. Historia: Existía un manancial de augas minero medicinais bicarbonatadas sódico-litínicas, que foi denunciado por Jacinto Becerra Romero. En 1900 foron declaradas de utilidade pública, e en 1907 obtiveron a medalla de ouro da Exposición de Madrid. Comercializouse como Agua de Villaza por Hijos de Jacinto Becerra e despois por Viuda é Hijos de Juan Fuentes Pérez, banqueiros de Ourense (info de Xoán Arco da Vella). O balneario foi perdendo actividade a partir da década de 1930 pero o negocio de engarrafado de auga permaneceu ata os anos 1960. Houbo un incendio que asolou o elegante edificio e hoxe tan só quedan as paredes.
A seguir deste están as ruínas dun muiño fariñeiro de catro pedras e unha pontella que permitiu atravesar o Búbal, xusto a carón da central hidroeléctrica. Segundo conta María na súa ruta, esta industria xa data de 1932 pero a finais dos anos 1990 experimentou unha importante ampliación, grazas a unha lexislación favorable (para os propietarios, enténdase).
A falta dun mor coñecemento da zona, decidimos subir por onda a tubaxe forzada que aporta a auga á central. Este é un anaco custoso pero sen mor perigo. Non é unha grande distacia, mais si unha forte petada na que hai que agatuñar por pedras nalgún caso. Dicr que o terreo está perfectamente rozado, sen maleza que estorbe máis.
Dende a cima, nunha construción de formigón, que cobre o entronque da cheminea de equilibrio, gózase dunha magnífica panorámica do val e dos montes circundantes.. Un bo pago para o pequeno esforzo da subida.
A partir de aquí camiñamos por unha pista de servizo da condución da auga, que vai por tubo e non por canle aberta, como adoita se habitual. Segundo avanzamos imos divisando unhas impresionantes vistas do canón do río, especialmente nesta época de tantas choivas. Tamén se van esculcando novas panorámicas das cimas do redor. Mesmo neste día podemos ver a do Larouco cunha boa capa de neve.
Ao final, a presa que resultou ser un espectáculo grandioso pola cantidade de auga que a rebordaba...
Logo chegamos á aldea das Chás (Oímbra) que chama a atención polo seu tamaño e pola cantidade de elementos labrados en pedras das fachadas das súas casas. Parece, incluso, que fosen reaproveitadas dalgún edificio máis antigo.
Proséguese por unha boa pista por medio de monte e viñas. No quilómetro 9,2 (waypoint) hai un pequeno anaco a valmonte que se transita sen grande dificultade. Porén, existe a alternativa de seguir previamente pola pista que deixaramos e logo volvemos recuperar.
Un pouco máis adiante desviámonos para visitar o Castelo de Lobarzán e Ceada das Chás. Aquí realizáronse escavación nos últimos anos con interesante resultados sobre o decorrer histórico destes asentemanentos. Neste sitio consérvanse algúns restos dun castelo altomedieval e outros incluso prehistóricos (calcolítico). Na Ceada hai dúas tumbas escavadas na rocha; unha trapezoidal e outra antropomorfa, e moitos outros restos de cerámica, pedras labradas ou soltas. Ademais destes elementos antrópicos, dende estes outeiros vemos unha panorámica todo en volta realmente extraordinaria. Mágoa que neste día as nubes e néboas non axudasen á contemplación.
Xa só queda baixar por unha pista, pasar por baixo da Autovía e sequir ata o punto de comezo para finalizar.
Como queda dito, case todo o itinerario decorre por camiños e pistas, ou estradas, perfectamente transitabeis. Só nos puntos comentados e na subida ao curuto de Lobarzán hai que ir por sendeiros ou a valmonte.

Waypoints

PictographCar park Altitude 1,431 ft
Photo ofComezo Photo ofComezo Photo ofComezo

Comezo

PictographPark Altitude 1,242 ft
Photo ofAlameda Photo ofAlameda Photo ofAlameda

Alameda

PictographBridge Altitude 1,221 ft
Photo ofPaso baixo a A 52 Photo ofPaso baixo a A 52 Photo ofPaso baixo a A 52

Paso baixo a A 52

PictographDead-end street Altitude 1,218 ft
Photo ofAlagamento do camiño

Alagamento do camiño

PictographFlora Altitude 1,251 ft
Photo ofViña

Viña

PictographFountain Altitude 1,230 ft
Photo ofBalneario de Requeixo Photo ofBalneario de Requeixo Photo ofBalneario de Requeixo

Balneario de Requeixo

PictographRuins Altitude 1,279 ft
Photo ofMuíño de Requeixo Photo ofMuíño de Requeixo

Muíño de Requeixo

PictographPhoto Altitude 1,279 ft
Photo ofPontella e central hidroeléctrica Photo ofPontella e central hidroeléctrica Photo ofPontella e central hidroeléctrica

Pontella e central hidroeléctrica

PictographPanorama Altitude 1,462 ft
Photo ofPanorámica dende a caída da tubaxe forzada Photo ofPanorámica dende a caída da tubaxe forzada Photo ofPanorámica dende a caída da tubaxe forzada

Panorámica dende a caída da tubaxe forzada

PictographPanorama Altitude 1,469 ft
Photo ofCachón do Búbal Photo ofCachón do Búbal Photo ofCachón do Búbal

Cachón do Búbal

PictographRiver Altitude 1,527 ft
Photo ofPresa das Chas Photo ofPresa das Chas Photo ofPresa das Chas

Presa das Chas

PictographPanorama Altitude 1,607 ft
Photo ofPanoramica Photo ofPanoramica Photo ofPanoramica

Panoramica

PictographPanorama Altitude 1,747 ft
Photo ofNeve no Larouco Photo ofNeve no Larouco Photo ofNeve no Larouco

Neve no Larouco

PictographPhoto Altitude 1,815 ft
Photo ofÁs Chás Photo ofÁs Chás Photo ofÁs Chás

Ás Chás

PictographFountain Altitude 1,869 ft
Photo ofLavadoiro e igrexa Photo ofLavadoiro e igrexa Photo ofLavadoiro e igrexa

Lavadoiro e igrexa

PictographFlora Altitude 1,949 ft
Photo ofViña e anaco a valmonte Photo ofViña e anaco a valmonte Photo ofViña e anaco a valmonte

Viña e anaco a valmonte

PictographPanorama Altitude 1,936 ft
Photo ofPanorámica cara Verín Photo ofPanorámica cara Verín Photo ofPanorámica cara Verín

Panorámica cara Verín

Photo ofPerpiaños e panorámica Photo ofPerpiaños e panorámica Photo ofPerpiaños e panorámica

Perpiaños e panorámica

PictographPanorama Altitude 2,054 ft
Photo ofCeada das Chás

Ceada das Chás

Photo ofTumbas Photo ofTumbas Photo ofTumbas

Tumbas

Photo ofRestos Photo ofRestos Photo ofRestos

Restos

PictographPanorama Altitude 1,964 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

Comments

    You can or this trail