Activity

Circular Meirama – PR-G 130 + Cumio do Xalo + Pedra Mazafacha

Download

Trail photos

Photo ofCircular Meirama – PR-G 130 + Cumio do Xalo + Pedra Mazafacha Photo ofCircular Meirama – PR-G 130 + Cumio do Xalo + Pedra Mazafacha Photo ofCircular Meirama – PR-G 130 + Cumio do Xalo + Pedra Mazafacha

Author

Trail stats

Distance
6.87 mi
Elevation gain
1,115 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,115 ft
Max elevation
1,683 ft
TrailRank 
35
Min elevation
755 ft
Trail type
Loop
Coordinates
1917
Uploaded
February 24, 2020
Recorded
February 2020
Be the first to clap
Share

near Meirama, Galicia (España)

Viewed 852 times, downloaded 16 times

Trail photos

Photo ofCircular Meirama – PR-G 130 + Cumio do Xalo + Pedra Mazafacha Photo ofCircular Meirama – PR-G 130 + Cumio do Xalo + Pedra Mazafacha Photo ofCircular Meirama – PR-G 130 + Cumio do Xalo + Pedra Mazafacha

Itinerary description

Os montes do Xalo están sitos, nunha orientación leste-oeste, ente os concellos de Culleredo, Carral e Cerceda. Mentres que a cara norte da serra é considerablemente escarpada, poboada cunha vexetación de tipo arbóreo; a cara sur pola que esta ruta ascende ata o cumio do Monte Xalo é un terreo moito máis chan e dominado por pardos e matogueiras.

O camiño é sinxelo de percorrer, transcorrendo case sempre por terreo amplo aínda que sen moitos adobíos que a fagan de gran interese. Comeza na Igrexa de Santo André de Meirama, que data da décimo segunda centuria e que probablemente sexa o monumento de maior interese. A partires de aí comeza unha subida de non moita pendente ata chegar a unha devasa pola que continúa o trazado do sendeiro. É precisamente nese intre cando nos atopamos moi preto da Pedra de Santa Marta, que serve de actual división entre os tres concellos. Tamén alí preto, e sinalado cun punto de referencia, atópase o nacemento do río Anllóns, que baña as terras de Bergantiños.

Unha vez no cortalumes, decidimos separarnos do trazado orixinal (atopándose a separación e o retorno debidamente sinalados no mapa) para engadir dous puntos de interese ao trazado: a cúspide do Xalo e mais a pedra Mazafacha. No alto do Xalo podemos ver un conxunto de pedras nas que sobresae o penouco do Petón do Xalo e a uns cen metros está o cumio do Xalo inzado de antenas, desde onde se poden ter unhas boas panorámicas se o día o permite. De seguido iníciase a baixada transitando pola urbanización do Castelo, onde poderemos visitar a pedra Mazafacha, que antes da última división territorial servía de división entre os tres devanditos municipios.

De volta ao itinerario este non nos sorprende con moito máis agás co nacemento do río Dorna e cunhas vistas á central de Meirama así como ao lago das Encrobas. A ruta comparte un tramo da baixada coa subida, e volvemos á Igrexa de Santo André onde remata o percorrido.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,594 ft
Photo ofPedra Mazafacha

Pedra Mazafacha

PictographWaypoint Altitude 1,620 ft
Photo ofPetón do Monte Xalo

Petón do Monte Xalo

O monte Xalo é un dos cumios máis altos da zona litoral coruñesa, cunha altitude de 514 metros sobre o nivel do mar, que está no leste e aliñado coa meseta de Santa Comba.

PictographWaypoint Altitude 1,677 ft

Antenas

PictographWaypoint Altitude 1,657 ft

Derivación do PR-G 130

PictographWaypoint Altitude 752 ft
Photo ofSanto André de Meirama

Santo André de Meirama

A igrexa de Santo André de Meirama foi construída no século XII e reformada en 1720. Conserva unha cruz antefixa na parte medio-posterior da igrexa.

PictographWaypoint Altitude 1,568 ft

Nacemento do río Dorna

PictographWaypoint Altitude 1,604 ft

Estanque

PictographWaypoint Altitude 1,550 ft

Volta ao PR-G 130

PictographWaypoint Altitude 1,286 ft

Nacemento do río Anllóns

Comments

    You can or this trail