Activity

Circular, Montefurado, Enciñeiras e Anguieiros

Download

Trail photos

Photo ofCircular, Montefurado, Enciñeiras e Anguieiros Photo ofCircular, Montefurado, Enciñeiras e Anguieiros Photo ofCircular, Montefurado, Enciñeiras e Anguieiros

Author

Trail stats

Distance
9.52 mi
Elevation gain
1,732 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,732 ft
Max elevation
2,270 ft
TrailRank 
60 4
Min elevation
786 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 33 minutes
Time
5 hours 18 minutes
Coordinates
2663
Uploaded
October 12, 2019
Recorded
October 2019
  • Rating

  •   4 1 review
Be the first to clap
2 comments
Share

near Angueiros, Galicia (España)

Viewed 312 times, downloaded 13 times

Trail photos

Photo ofCircular, Montefurado, Enciñeiras e Anguieiros Photo ofCircular, Montefurado, Enciñeiras e Anguieiros Photo ofCircular, Montefurado, Enciñeiras e Anguieiros

Itinerary description

Interesante percorrido polas terras de Montefurado e outras aldeas do concello de Quiroga. Comezamos nunha esplanada que serve de aparcadoiro, nas proximidades do poboado das hidroeléctricas dos Covallós, antes da ponte sobre o cauce orixinal do Sil. Dende aquí achegámonos (como non!) ao túnel que fixeron os antigos galaicos para a extracción do ouro que alimentaba as ansias de luxo da metrópole... Que cedo comezou a saca de recursos deste territorio cara ao dominador! Non deixamos de achegarnos ao túnel máis pequeno que está a uns metros do grande. É máis pequeno de luz pero máis longo pois conseva a medida orixinal, non coma o outro se sufriu un derrube no século XX
Collemos logo a estrada que sobe cara Anguieiros e, tras un par de revoltas, chegamos ata un miradoiro (toda a subida é un estupendo miradoiro) cara Montefurado e o célebre túnel.
Pasamos a carón da aldea de Anguieiros pero sen entrar nela continuamos pola estrada. Nesta parte podemos ver as vellas oliveiras que tradicionalmente daban aceite para o consumo da casa e mesmo para vender uns excedentes. Agora hai novas plantacións de variedades máis selectas. Aínda queda un anaco de asfalto ata atopar unha pista de terra, pola dereita, que tomamos. A subida é constante ata albiscar o val do Bibei, en cuxo fondo está un encoro (encoro de Montefurado. Todo ao longo desta pista imos ter unhas fermosas vistas sobre este parte do Bibei e a embocadura do Navea neste. Divisamos tamén diversas aldeas (Os Casares, Navea, O Seixo...) e finalmente A Pobra de Trives.
Xiramos logo cara a nosa esquera ata coroar e comezar o descenso xa na verquente do regato de Semil. Axiña atopamos a aldea de Enciñeira, onde paramos a comer o bocata e un paisano nos covida a unha botella do seu viño. O viño, natural e certamente bo, e o detalle, de agradecer! Nesta aldea aínda hai casas coidadas, mesmo con detalles orixinais e simpáticos. Un chisco máis abaixo está a igrexa arrodeada do seu adro e cemiterio, cunha vella enciñeira para facer honra ao nome do lugar.
Continúase outra vez por estrada (sen tráfico) e, cando por fin collemos un camiño pola dereita, resulta que a pouco está totalmente pechado de silvas. NON COLLER ESTE CAMIÑO! (a non ser que alguén o limpe). Volta de novo á estrada (coincidimos nun treito co percorrido de ida), ata chegar preto de Anguieiros en que collemos un camiño por entre viñas afogadas de maleza e o camiño case tamén. Alcanzamos a aldea dos Anguieiros, que mostra un dramático estado de abandono malia que se ve que foi rica noutras mellores épocas. Saímos por un camiño pola súa parte baixa que nos levará a estrada do comezo.
Como queda comentado, a camiñada ten unha parte de alcatrán pero non se fai pesada porque case non hai tránsito. O desnivel é respectable pero constante, tanto na subida como na baixada. En todo caso asumible por calquera que teña unha razoable preparación. Recomendable facela neste sentido, pois subida faise nun treito máis logo.
Como colofón, unha visita ao núcleo de Montefurado ou a outros puntos de interese que podemos atopar nos arredores.
Ruta recomendable por unha zona moi bonita e chea de historia.

Waypoints

PictographTunnel Altitude 788 ft
Photo ofTúnel 'romano' Photo ofTúnel 'romano' Photo ofTúnel 'romano'

Túnel 'romano'

PictographTunnel Altitude 823 ft
Photo ofTúnel 2 Photo ofTúnel 2 Photo ofTúnel 2

Túnel 2

PictographPanorama Altitude 1,050 ft
Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro

Miradoiro

PictographIntersection Altitude 1,156 ft
Photo ofAnguieiros Photo ofAnguieiros Photo ofAnguieiros

Anguieiros

Continuar pola estrada.

PictographIntersection Altitude 1,434 ft
Photo ofDereita, pista de terra.

Dereita, pista de terra.

PictographFountain Altitude 1,517 ft
Photo ofTanque, panorámica. Photo ofTanque, panorámica. Photo ofTanque, panorámica.

Tanque, panorámica.

Vista do encoro de Montefurado e, na pista, unhas bucinas presumiblemente para avisos de emerxencia dos encoros (?)

PictographPanorama Altitude 1,636 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographFountain Altitude 1,673 ft
Photo ofTanque de incendios (gastamento de cartos)

Tanque de incendios (gastamento de cartos)

Neste momento non corre a auga...

PictographMountain pass Altitude 2,255 ft
Photo ofPunto máis alto

Punto máis alto

PictographIntersection Altitude 2,104 ft
Photo ofDereita, por un camiño

Dereita, por un camiño

PictographWaypoint Altitude 2,124 ft
Photo ofEnciñeira Photo ofEnciñeira Photo ofEnciñeira

Enciñeira

PictographProvisioning Altitude 2,124 ft
Photo ofEnciñeira Photo ofEnciñeira Photo ofEnciñeira

Enciñeira

"Recanto con encanto"

PictographReligious site Altitude 2,028 ft
Photo ofIgrexa Photo ofIgrexa Photo ofIgrexa

Igrexa

PictographDead-end street Altitude 1,670 ft
Photo ofItinerario frustrado. SEGUIR POLA ESTRADA!

Itinerario frustrado. SEGUIR POLA ESTRADA!

PictographRisk Altitude 1,614 ft
Photo ofSilvas, non se pode pasar.

Silvas, non se pode pasar.

PictographIntersection Altitude 1,420 ft
Photo ofDereita.

Dereita.

Procurar non deixar o camiño. Non é cara as viñas, é por encima.

PictographIntersection Altitude 1,383 ft
Photo ofEsquerda.

Esquerda.

Era o camiño que non se puido seguir máis atrás.

PictographMonument Altitude 1,209 ft
Photo ofOs Anguieiros Photo ofOs Anguieiros Photo ofOs Anguieiros

Os Anguieiros

Comments  (2)

  • Photo of DaniUQ
    DaniUQ Aug 22, 2022

    I have followed this trail  verified  View more

    Ruta sencilla y entretenida. Importante atender a los "checkpoint" ya que nos dan información de por donde no seguir la ruta.

  • Photo of Tío_Pepe
    Tío_Pepe Aug 26, 2022

    Grazas, DaniUQ polo teu comentario. Gusta saber que as informacións que un sobe ao Wikiloc lles serven a outras persoas. Saúdos.

You can or this trail