Activity

Circular por Vedra e Teo

Download

Trail photos

Photo ofCircular por Vedra e Teo Photo ofCircular por Vedra e Teo Photo ofCircular por Vedra e Teo

Author

Trail stats

Distance
4.94 mi
Elevation gain
423 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
423 ft
Max elevation
579 ft
TrailRank 
36
Min elevation
241 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 32 minutes
Time
one hour 42 minutes
Coordinates
1354
Uploaded
February 23, 2021
Recorded
February 2021
Share

near Illobre, Galicia (España)

Viewed 135 times, downloaded 4 times

Trail photos

Photo ofCircular por Vedra e Teo Photo ofCircular por Vedra e Teo Photo ofCircular por Vedra e Teo

Itinerary description

Ruta circular de 8 quilómetros moi doada de facer para quen estea minimamente afeito a camiñar.

A ruta comeza e remata na bonita aldea de Ribas (Teo), na que atoparemos fermosas mostras de arquitectura popular, varios hórreos, un alpendre e un adro sostido por columnas circulares (máis típicas doutras zonas de Galicia).

Ao pouco de botar a andar chegaremos a igrexa de Santa Eufemia, con sona pola súa romaría. A partir de aí, e xeralmente a través de pistas e corredoiras, deixaremos os núcleos urbanos para camiñar por zonas de bosques e prados.

Nos sendeiros atoparemos bosques de repoboación e zonas de bosque autóctono. A pesar de movérmonos preto de núcleos habitados a frondosidade da zona vainos trasladar durante a maior parte do percorrido, coa excepción dun pequeno treito pegado á autovía, a sensación de estarmos inmersos no bosque.

Segundo o punto da ruta onde nos atopemos teremos vistas do Gaiás, do val de Matelo (con vistas de San Xulián e Laraño) e do pico Sacro.

O camiño inclúe unha pequena desviación para achegármonos a ver o muíño de Novais.

Trátase dun ruta sinxela e moi agradable de facer, sen grandes subidas nin baixadas, que transcorre nun 75% do seu traxecto por terra e nun 25% por asfalto a través de estradas sen a penas circulación.

O camiño comparte unha pequena parte do seu percorrido coa ruta da batalla de Cacheiras (Que vai de Baamonde até Cacheiras, en Teo). Tamén permite conectar, na zona do muíño de Novais, coa senda circular do río Pereiró (Vedra).

Comments

    You can or this trail