Activity

Circular 'Santalla de Pascais'

Download

Trail photos

Photo ofCircular 'Santalla de Pascais' Photo ofCircular 'Santalla de Pascais' Photo ofCircular 'Santalla de Pascais'

Author

Trail stats

Distance
4.52 mi
Elevation gain
351 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
351 ft
Max elevation
1,943 ft
TrailRank 
48
Min elevation
1,664 ft
Trail type
Loop
Moving time
one hour 22 minutes
Time
one hour 32 minutes
Coordinates
1239
Uploaded
January 7, 2022
Recorded
January 2022
Share

near Samos, Galicia (España)

Viewed 670 times, downloaded 27 times

Trail photos

Photo ofCircular 'Santalla de Pascais' Photo ofCircular 'Santalla de Pascais' Photo ofCircular 'Santalla de Pascais'

Itinerary description

A circular de Santalla de Pascais é a ruta que comeza en Samos (diante do Supermercado Garza) e vai ata Santalla de Pascais percorrendo varios tramos do Camiño de Santiago; de volta chégase por outro camiño que nos levará ao pobo de Teiguín para volver coller alí o mesmo camiño de volta.

En termos xerais comeza polo sendeiro paralelo á estrada LU-633 que abandona ao chegar á Pontenova onde colle un extraordinario sendeiro que sube ata Santalla de Pascais onde disfrutaremos dunha paisaxe espectacular e dun dos templos máis senlleiros de Samos.

De volta tomamos a estrada que nos levará ata Pascais: pisaremos asfalto pero unha pequena estrada que se está a converter en camiño cun entorno moi agradable e representativo do bosque tradicional galego.

Continuamos ata voltar a tomar a LU-633 para ir a Teiguín, este camiño terá varias opcións que vos comentamos na descrición polo miúdo. Retomamos o sendeiro que utilizamos para saír de Samos e voltaremos tras máis ou menos dunha hora e media.

A ruta é apta para todos os públicos, pero non é viable levar carritos de nenos nin outros, para bicis é viable aínda que a subida a Santalla é moderada.

IMPORTANTE: en inverno trae botas, hai camiño con auga! A ruta non está sinalizada, tes que seguir a aplicación.

-𝗟𝗘𝗠𝗕𝗥𝗔-
- Antes e saír mira que non te atopes mal ou que pensas que o vas pasar mal, esto non é batir récords, é gozar e non condicionar a ninguén.
- 𝗥𝗘𝗦𝗣𝗘𝗖𝗧𝗔 𝗔 𝗡𝗔𝗧𝗨𝗥𝗘𝗭𝗔: non fagas ruído, non deixes lixo, nin televes nada: nin unha rama xa que teñen a súa función sempre.
- 𝗥𝗘𝗦𝗣𝗘𝗧𝗔 𝗔 𝗣𝗥𝗢𝗣𝗜𝗘𝗗𝗔𝗗𝗘 𝗣𝗥𝗜𝗩𝗔𝗗𝗔: non podes abandonar os camiños, lembra que a túa liberdade pasa por respectar os espazos dos demáis.
- 𝗟𝗘𝗩𝗔 𝗦𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘: auga, algo de comida, o móbil cargado, protección para o frío ou a choiva e a calor, un mínimo botiquín, unha bolsa para recoller o teu lixo e o dos demáis, ... e se a ruta é longa unha muda de roupa e unha manta térmica.

Waypoints

PictographIntersection Altitude 1,736 ft
Photo ofSAÍDA DE SAMOS

SAÍDA DE SAMOS

Saímos diante do Supermercado Garza en Samos e imos ata atopar esta sinal que nos marca o sendeiro que nos levará en paralelo á LU-633. Escoitaremos coche pasar ao noso carón pero temos as paisaxe da zona de veigas moi fermosa que vai decorando o río que tamén nos acompaña a man esquerda.

PictographPanorama Altitude 1,690 ft
Photo ofFOXOS

FOXOS

Pasamos por Foxos un pequeno pobo que pertence á parroquia de Santa Xertrude, se ollamos cara a esquerda tamén veremos a aldea da Ferrería. Nestes dous pobos temos dúas casas de Turismo Rural que merecen moito a pena: O Paxar en Foxos e A Poza na Ferrería.

PictographPanorama Altitude 1,677 ft
Photo ofÁREA RECREATIVA DE TEIGUÍN

ÁREA RECREATIVA DE TEIGUÍN

E tras pasar Foxos chegamos a Teiguín coas suas piscinas públicas tanto a fluvial como a artificial, un espacio moi agradable para vir pasar unha tarde. Se vés no verán podes usar a piscina artificial por un módico prezo de 1 euro os adultos/as e 60 céntimos os nenos/as; un lugar ideal para vir pasar o día.

PictographIntersection Altitude 1,677 ft
Photo ofCRUCE A PONTENOVA

CRUCE A PONTENOVA

Xusto en frente da Pontenova temos que continuar polo Camiño de Santiago e cruzar a estrada (ATENCIÓN: MOITO COIDADO). Aquí atópase o Mesón Pontenova un dos máis antergos da comarca. Podemos facer unha paradiña técnica e tomarlle algo se vos prace!

PictographIntersection Altitude 1,683 ft
Photo ofCAMIÑO DE SANTIAGO

CAMIÑO DE SANTIAGO

Só temos que seguir de fronte os sinais para ir por un sendeiro que no outono ten un manto de follas precioso.

PictographIntersection Altitude 1,686 ft
Photo ofCAMIÑO

CAMIÑO

Neste agradable Camiño atoparémonos con varios cruces, pero seguiremos sempre as indicacións do Camiño de Santiago (a frecha amarela) e fixámonos tamén nas fotos que vos poñemos, non tén perda. Debemos ter coidado porque nalgúns puntos pode haber auga acumulada no camiño, pero existen paso elevados para sortear a auga.

PictographIntersection Altitude 1,699 ft
Photo ofCAMIÑO

CAMIÑO

Neste agradable Camiño atoparémonos con varios cruces, pero seguiremos sempre as indicacións do Camiño de Santiago (a frecha amarela) e fixámonos tamén nas fotos que vos poñemos, non tén perda.

PictographPanorama Altitude 1,841 ft
Photo ofSANTALLA DE PASCAIS

SANTALLA DE PASCAIS

Xa se adiviña Santalla de Pascais se ollamos cara a esquerda. Debemos seguir as indicacións do Camiño de Santiago que nos levan cara a esquerda por unha pequena estrada de asfalto, xa só quedan uns metros.

PictographMonument Altitude 1,821 ft
Photo ofSANTA OLALLA DE PASCAIS Photo ofSANTA OLALLA DE PASCAIS Photo ofSANTA OLALLA DE PASCAIS

SANTA OLALLA DE PASCAIS

Presenta unha fábrica de boa obra románica, da que conserva a ábsida, e o lado norte, cunha porta con arco de medio punto. A nave é ampla e elevada, cuberta de augas a dúas augas. Posteriormente, uniuse ao muro sur un recinto rectangular que daba lugar á apertura de arcos de comunicación e a unha sancristía. A ábsida, de tramo recto e curvo, alberga un retablo barroco dun só corpo con tres compartimentos, faiado con fornela e columnas salomónicas con racimos. Destacan as imaxes de Santa Eulalia, a Inmaculada, San Pedro e San Benito. Moi curiosa a portada do cemiterio, aínda que non teña moito valor artístico.

PictographIntersection Altitude 1,906 ft
Photo ofVOLTA Photo ofVOLTA

VOLTA

Comezamos logo de visitar a Igrexia de Santalla de Pascais o regreso a Samos e imos facelo case todo por estrada. Cando falamos de estrada nestas latitudes temos que comprender que non son grandes, senón pequenas, incluso esta que tomamos cara Pascais a natureza lle está pasando por riba e o firme é máis ben de ruta pedregosa. Temos que ter coidado: - non volvemos tomar o Camiño de Santiago (á dereita) - no seguinte cruce á dereita tampouco. - no seguinte cruce sí que xiramos á dereita. Observemos a magnífica natureza!.

PictographPanorama Altitude 1,949 ft
Photo ofESTRADA DE VOLTA

ESTRADA DE VOLTA

As estradas por estes lares están rodeadas de natureza.

PictographIntersection Altitude 1,890 ft
Photo ofPASCAIS

PASCAIS

E chegamos ao pobo de Pascais, unha pequena aldea de agricultores e gandeiros que ten varias representacións de arquitectura popular. Atopámonos no cruce e xiramos cara a dereita.

PictographPanorama Altitude 1,729 ft
Photo ofESTRADA CARA TEIGUIN

ESTRADA CARA TEIGUIN

Esta estrada é un pouquiño maior, e algún coche pasa, pero case ningún.

PictographIntersection Altitude 1,699 ft
Photo ofCRUCE ESTRADA DE SAMOS

CRUCE ESTRADA DE SAMOS

Neste punto queremos ir a Teiguín (ou non), pero se imos temos varias opcións. Opción 1.- Continuar por moito coidado xirando á esquerda e ir polo arcén da estrada uns 100 metros. Opción 2.- Cruzar ao Camiño de Santiago e volver cruzar aos 100 metros. Nós decidimos a Opción 2, hoxe!.

PictographIntersection Altitude 1,683 ft
Photo ofCRUCE A TEIGUÍN

CRUCE A TEIGUÍN

Este cruce non está sinalizado, así que debemos de ter MOITÍSIMO COIDADO.

PictographMonument Altitude 1,686 ft
Photo ofCAPELA DE SAN DOMINGOS DE TEIGUÍN

CAPELA DE SAN DOMINGOS DE TEIGUÍN

O primeiro que nos atopamos á dereita según chegamos é a Capela de San Domingos do século XVIII, cun pequeno retablo barroco no interior adicado ao santo.

PictographIntersection Altitude 1,683 ft
Photo ofPOBO DE TEIGUÍN

POBO DE TEIGUÍN

Para saír de Teiguín nos desviamos á esquerda polo centro do pobo, entre as casas encaramadas na ladeira, un conxunto de casas tradicionais que conforman un conxunto moi xunguido. Neste espazo atópase a Vivenda Vacacional Rural "La Casa de tu Vida" rexentada por Maruja.

PictographIntersection Altitude 1,677 ft
Photo ofPOLO MESMO CAMIÑO

POLO MESMO CAMIÑO

E xa case se nos fai de noite, cando chegamos outra vez á comarcal LUG-633, temos que cruzar, con moito coidado, e voltar a Samos polo Camiño dos Peregrimos, á altura das Piscinas Municipais (abertas no verán). Agardamos que vos gustara a ruta!!! A nós encantounos!

Comments  (2)

  • Photo of TURISMO DE SAMOS
    TURISMO DE SAMOS Mar 23, 2022

    Muchas gracias por realizar la ruta, nos gustaría que nos dijera en qué partes hay maleza porque es Camino de Santiago en casi su totalidad y debería de estar limpia. Si nos indica el tramo concreto estaríamos muy agradecidos para así avisar al ayuntamiento. Muchas gracias!

  • Photo of Sonia Araujo 2
    Sonia Araujo 2 Mar 23, 2022

    Comentario equivocado!!!
    Hicimos dos rutas!!
    Ese comentario corresponde a otra en el Valle de Louzara!!
    Borro el comentario!!!
    Esta ruta es muy fácil y no tiene nada q limpiar!!!

You can or this trail