Activity

Codeseda (San Xurxo) Concello A Estrada

Download

Trail photos

Photo ofCodeseda (San Xurxo) Concello A Estrada Photo ofCodeseda (San Xurxo) Concello A Estrada Photo ofCodeseda (San Xurxo) Concello A Estrada

Author

Trail stats

Distance
14.35 mi
Elevation gain
1,217 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,217 ft
Max elevation
2,042 ft
TrailRank 
55
Min elevation
1,220 ft
Trail type
Loop
Coordinates
2760
Uploaded
February 15, 2019
Recorded
February 2019
Be the first to clap
Share

near Codeseda, Galicia (España)

Viewed 428 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofCodeseda (San Xurxo) Concello A Estrada Photo ofCodeseda (San Xurxo) Concello A Estrada Photo ofCodeseda (San Xurxo) Concello A Estrada

Itinerary description

Aproveitándonos da ruta feita por #retoCodesedaSabucedo (A Estrada) homologada co número PR-G 197 (Codeseda -Rapa das Bestas), segundo información de Codeseda.com, realizamos nós esta, suprimindo o anaco que nos levaría ata Sabucedo. Deixámolo para outra ocasión.

Iniciámola na carballeira da A Sagrada no mesmo centro de Codeseda ao lado da igrexa de San Xurxo. Hai sitio suficiente para aparcar.

Facémolo en sentido contrario a como está programada a ruta, para facer a subida máis longa a primeira hora da mañá e deixar que o sol quente un pouco máis cando camiñemos pola beira do río.

Atopamos camiños, algúns deles cheos de auga, outros intransitables tamén pola auga que os anegaba, buscando alternativas para poder continuar, que sempre as hai. Atopamos sendeiros perfectamente transitables, pistas forestais rozadas recentemente que fan que camiñemos comodamente.

Topámonos coa igrexa de Agrela, continuamos ata chegar ao enlace con sendeiro que nos levará pola beira do Río Umia ata case o inicio de esta bonita ruta.

O sendeiro pola beira do río está perfectamente transitable, aínda que hai pequenos traxectos moi no límite da auga, que se vai moi cheo pode que se faga un pouco máis complicado pasar.

Apenas ten asfalto, boas vistas panorámicas dende o cumio do monte. Unha chea de carballeiras con carballos moi antigos e unha gran cantidade moito máis novos. Tamén eucaliptos, que os temos por todas partes, algún que outro piñeiral e árbores autóctonos pola beira do río.

En resume, unha ruta moi recomendable.

Tempo transcurrido: 5 horas doce minutos
Media: 4,4 quilómetros hora

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofA Agrela

A Agrela

PictographWaypoint Altitude 1,342 ft
Photo ofCamiños Photo ofCamiños

Camiños

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCarballeira e cartel da ruta no recinto da igrexa de Codeseda Photo ofCarballeira e cartel da ruta no recinto da igrexa de Codeseda

Carballeira e cartel da ruta no recinto da igrexa de Codeseda

PictographWaypoint Altitude 1,959 ft

Fonte e lavadoiro1

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofIgrexa S.Xurxo Codeseda Photo ofIgrexa S.Xurxo Codeseda Photo ofIgrexa S.Xurxo Codeseda

Igrexa S.Xurxo Codeseda

Codeseda.comO edificio está rodeado por praderías no seu lateral meridional e por unha fermosa carballeira no setentrional. As primeiras referencias na documentación son do primeiro cuarto do século X, cando o Bispo de Iria, Sisnando I, no ano 914 doa Codesión (Codeseda) ao monasteiro do Pico Sacro, fundado 10 anos antes. Da primitiva abadía hoxe en día conservamos a cabeceira poligonal dunha igrexa que contaba a principios do século XVII, antes da primeira das intervencións modernas documentadas, cunha nave dividida en catro tramos por tres pares de columnas entregas a uns altos muros nas que apeaban tres arcos fajones e o teitume de madeira. A planta, por tanto, repetía un esquema sobradamente coñecido na arquitectura románica galega da segunda metade do século XII: unha ábsida poligonal con tramo recto unido a través dun cóbado a unha nave única de maior amplitude que a doutros edificios pontevedreses como Santiago de Bembrive, Santo Tomei de Piñeiro ou Santa María de Tebra, e semellante á empregada no mosteiro —tamén benedictino— feminino de Santo Estevo de Casteláns.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofIgrexa Virxe Guadalupe en Agrela Photo ofIgrexa Virxe Guadalupe en Agrela

Igrexa Virxe Guadalupe en Agrela

Codeseda.comO santuario atópase situado nunha magnífica paraxe do rural galego. Situado nunha fermosa carballeira no lugar da Grela, na freguesía de San Jorge de Codeseda (A Estrada) ue fundado no ano 1748, polo presbítero don Domingo Cabada, Pablo Cabada, Domingo Cabada, Manuela Fernández a súa muller, Manuel Cabada e Rosa #Asubiar a súa muller, todos veciños da Grela, no sitio que chaman Ou Campo. Cunha misa rezada cada un ano pola esmola de tres reais o día 8 ó 9 do mes de setembro. Nos primeiros tempos era unha pequena ermida, pero foron tantos e tan importantes os donativos recolleitos que poucos anos despois construíase o actual santuario. Anos atrás, a esta festividade relixiosa chegaban xentes dos concellos limítrofes así como da costa, Vilagarcía, Cangas, Marín, O Grove e demais veciños da mariña galega, que en horas de perigo nas faenas da mar, ofrecíanse á nosa Señora, así como os emigrantes embarcados cara a América, que en momentos de dificultade solicitaban amparo á Virxe de Guadalupe. A igrexa é dunha soa nave, que presenta cruceiro, a fachada é de gran sinxeleza e segue esquemas que se repiten cunha certa asiduidade nas construcións rurais do momento cunha imaxe colocada na fornela sobre o van de acceso ou a xanela que permite a iluminación interior da nave. Coroando o edificio aparece a torre campanario situado no centro da fachada con tres campás. A ambos os dous lados da torre, nas esquinas do edificio aparecen dous pináculos sinxelos con referencias escurialenses que abundan na xeografía galaica. Tanto o engaste da torre como o dos pináculos presentan placas moi sinxelas, o que sitúa o edificio na segunda metade do século XVIII. Tanto as formas das placas, circulares ou en recorte investido, como as orelleiras en forma de C que flanquean a imaxe da Virxe remítennos ás obras de Simón Rodríguez. Muros laterais con porta que dan acceso ao interior do santuario e dúas xanelas rectangulares que proporcionan luminosidade ao interior do templo. Engadidos a cada lateral da cabeceira, dúas preciosas sancristías con bóveda de cantería, con dúas pequenas xanelas. Tellado a dous e tres augas, cuberto con tella do país.

PictographWaypoint Altitude 1,366 ft

INICIO carballeira Codeseda

N42.61942° W8.43744°

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMonte alto

Monte alto

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMuíño e ponte

Muíño e ponte

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMuíño e regato Photo ofMuíño e regato

Muíño e regato

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPrados verdes

Prados verdes

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPrados verdes e gando

Prados verdes e gando

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRío Umia Photo ofRío Umia Photo ofRío Umia

Río Umia

O río Umia nace nas proximidades da serra de O Candán, na parroquia de Aciveiro, municipio de Forcarei, percorre os municipios da Estrada, Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, Portas, Meis, Ribadumia e Cambados, creando unha conca de 404 km². Desemboca na ría de Arousa, na localidade de Barrantes, delimitando a península do Grove. En Caldas de Reis entra na depresión meridiana, ata desembocar na ría, entre os municipios de Cambados e Ribadumia, creando unhas marismas nas que se poden ver, ó longo das estacións, unha gran diversidade de animais migratorios. O río Umia ten unha gran importancia cultural ó longo da historia

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofSendeiros Photo ofSendeiros Photo ofSendeiros

Sendeiros

Comments

    You can or this trail