Activity

Comboa(Soutomaior)-Cama-do-Home-Muiños-de-Acevedo

Download

Trail photos

Photo ofComboa(Soutomaior)-Cama-do-Home-Muiños-de-Acevedo Photo ofComboa(Soutomaior)-Cama-do-Home-Muiños-de-Acevedo Photo ofComboa(Soutomaior)-Cama-do-Home-Muiños-de-Acevedo

Author

Trail stats

Distance
13.33 mi
Elevation gain
2,379 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,379 ft
Max elevation
1,613 ft
TrailRank 
45
Min elevation
-2 ft
Trail type
Loop
Time
6 hours 34 minutes
Coordinates
2565
Uploaded
March 10, 2021
Recorded
March 2021
Be the first to clap
Share

near Soutomaior, Galicia (España)

Viewed 202 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofComboa(Soutomaior)-Cama-do-Home-Muiños-de-Acevedo Photo ofComboa(Soutomaior)-Cama-do-Home-Muiños-de-Acevedo Photo ofComboa(Soutomaior)-Cama-do-Home-Muiños-de-Acevedo

Itinerary description

Iniciamos esta ruta a principios do mes de marzo de 2021. O punto escollido para iniciar/rematar a andaina foi o amplo aparcadoiro próximo á praia fluvial de Comboa (Soutomaior).
Nos primeiros 500 m seguimos a Ruta das Greas (GR-94). Logo collemos dirección Acevedo, pero na metade do camiño, ascendemos o Coto Becerro, tomando dirección NE. Na ladeira, atópase o punto da Rocha do Can, que actualmente está moi modificado polas obras de ensanche da pista. Desde este lugar divísase unha boa panorámica da Ría de Vigo, ata Rande, aínda que o día non estea para facer fotos.
Seguimos ascendendo hacia o Coto Agudo, atravesamos a GR-94 e iniciamos unha boa subida que nos leva á golada que separa o Couto da Fonte Laxe (490 m) da Cavada da Graña (476 m).
Chegados á divisa de augas, no medio da néboa, por unha ancha pista que descende suavemente, chegamos á Cama do Home. Este penedo, posúe na cara superior unha concavidade natural de semellanza antropomorfa. Segundo a tradición, en época precristián, as parellas que tiñan problemas de fertlidade deitábanse nese oco para solucionar o problema. Vicente Risco reseña que Manuel Murguía era coñecedor desta historia. Outro autores menores, tamén fan referencia a esta pedra.
Desgraciadamente, este penedo, ao estar nunha zona de canteira, foi cortado polos seu extremos, quedando moi reducida a súa extensión, conservando apenas o espazo do oco.
Desde este punto, baixamos ata a Cruz do Brasil e, desde alí, outra vez pola GR-94, á Ermida de Cristo Rey. Logo collemos dirección NO, ascendemos á parte alta da Fracha e, chegados ao Coto Franqueira, baixamos ao Val Escuro, onde facemos unha parada para repoñer forzas.
Desde alí seguimos descendendo e seguindo o roteiro de Pontesampaio chegamos aos muiños de Acevedo, algún deles restaurado. Atravesamos Acevedo e collemos dirección Comboa, buscando o Río Verduxo pola pista que sigue o Oleoducto. Unha vez chegados á intersección co camiño que vén de Pontesampaio, collemos cara a esquerda en dirección a Comboa, final do traxecto.

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,509 ft
Photo ofCama do Home Photo ofCama do Home Photo ofCama do Home

Cama do Home

PictographWaypoint Altitude 1,413 ft
Photo ofCapela de Cristo Rei Photo ofCapela de Cristo Rei

Capela de Cristo Rei

PictographWaypoint Altitude 65 ft
Photo ofINICIO-REMATE Photo ofINICIO-REMATE Photo ofINICIO-REMATE

INICIO-REMATE

PictographWaypoint Altitude 570 ft
Photo ofMuiños de Acevedo Photo ofMuiños de Acevedo Photo ofMuiños de Acevedo

Muiños de Acevedo

PictographWaypoint Altitude 753 ft
Photo ofRocha do can

Rocha do can

PictographWaypoint Altitude 150 ft

Seguir por aquí

PictographWaypoint Altitude 328 ft

Seguir por aquí 2

PictographWaypoint Altitude 287 ft

Seguir por aquí 3

PictographWaypoint Altitude 889 ft
Photo ofVal Escuro

Val Escuro

Comments

    You can or this trail