← Part of Cortegaza (Frexulfe, O Valadouro) - Fraga das Lerias - Penido Novo - Fraga de Besteburiz (Miñotos,Ourol)

Activity

Cortegaza (Frexulfe, O Valadouro) - Fraga das Lerias - Penido Novo - Fraga de Besteburiz (Miñotos,Ourol)

Download

Trail photos

Photo ofCortegaza (Frexulfe, O Valadouro) - Fraga das Lerias - Penido Novo - Fraga de Besteburiz (Miñotos,Ourol) Photo ofCortegaza (Frexulfe, O Valadouro) - Fraga das Lerias - Penido Novo - Fraga de Besteburiz (Miñotos,Ourol) Photo ofCortegaza (Frexulfe, O Valadouro) - Fraga das Lerias - Penido Novo - Fraga de Besteburiz (Miñotos,Ourol)

Author

Trail stats

Distance
9.21 mi
Elevation gain
2,008 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,591 ft
Max elevation
2,573 ft
TrailRank 
27
Min elevation
983 ft
Trail type
One Way
Coordinates
265
Uploaded
March 20, 2020
Be the first to clap
Share

near Cuadramón, Galicia (España)

Viewed 505 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofCortegaza (Frexulfe, O Valadouro) - Fraga das Lerias - Penido Novo - Fraga de Besteburiz (Miñotos,Ourol) Photo ofCortegaza (Frexulfe, O Valadouro) - Fraga das Lerias - Penido Novo - Fraga de Besteburiz (Miñotos,Ourol) Photo ofCortegaza (Frexulfe, O Valadouro) - Fraga das Lerias - Penido Novo - Fraga de Besteburiz (Miñotos,Ourol)

Itinerary description

Esta ruta pasa por dúas das poucas fragas que quedan na serra do Xistral, a das Lerias na parroquia de Frexulfe no concello do Valadouro e a de Besteburiz na parroquia de Miñotos no concello de Ourol.
O punto de partida atopase na estrada LU-P-0101 que comunica Ferreira co Cadramón. A 10 Km. de Ferreira, nun cruce ou ao lado nunha ponte (teremos que mirar onde é máis doado para baixarnos do bús) camiñaremos costa arriba por pista asfaltada e pasando polo lugar da Cortegaza, e a 600 metros do inicio, nunha curva moi pechada continuamos de fronte por un camiño de carro. O camiño vai subindo polo medio de montes plantados de ocálitros durante un Km. chegando ao fondal dunhos prados, aquí teremos que decidir se seguimos polo fondal ate incorporarnos á pista, ou os atravesamos cara a casa e a pista. Unha vez na pista seguimos subindo xa dentro da fraga das Leiras, a 1,4 Km, nunha curva pronunciada, deixamos esta pista e continuamos pola que sigue de fronte, non tan transitada mais doada de camiñar. Despois de 800 m. polo medio da fraga chegamos ao seu remate, non sen antes visitar as fervenzas que neste punto se atopan. Seguimos xa por monte baixo e buscamos o punto para atravesar o rego, un salto cativo. Xa na outra beira subimos cara o noroeste 250 ate atoparnos con un cerrado de pedra redondeado de uns 10 ferrados, o prado do Xesto (un posible curro medieval?) unha vez circunvalado dirixímonos a unha pista asfaltado por zona de turbeira de cobertor anegada (aquí hai mirar ben por onde se pisa, mais son 500 m., e xa levamos 5 Km.
Unha vez na pista asfaltada e xa nas chairas do Curro diriximonos a dereita cara o nor-nordés ate que chegamos a un cruce con paso canadiano, alí collemos a pista da nosa dereita, andamos 400 m. e collemos a pista de eólicos da esquerda, andamos até o final no cume do Penido Novo que ten un edificio de telecomunicacións, este é o punto máis alto da ruta 800 m. Levamos acumulados 500 m. de desnivel en 8 Km.
E agora toca baixar, regresamos polo mesmo camiño ate o paso canadiano, ou monte a través... Unha vez no cruce, e xa do outro lado do paso collemos a pista cara o noroeste, andamos un Km., deixamos a pista cara a dereita por carreiros monte a través no Chao de Sinás.
No chao de Sinás atopase un conxunto de arte rupestre e enterramentos megalíticos, polo menos unha ducia de petróglifos e dúas mámoas, unha delas conserva todos os esteos. Cando menos esta última merece unha visita.
De volta á pista continuamos un pequeno zig-zag a primeira á esquerda e a segunda á dereita incorporámonos á pista que se mete polo medio da fraga de Besteburiz. Seguimos até un cruce a 1,2 Km. Continuamos pola de enfronte. A 200m. desviámonos á dereita, a 700 m. continúamos pola esquerda, e a 500 m. chegamos á estrada asfaltada ao lado dunha ponte, onde remataremos a ruta.

Comments

    You can or this trail