Activity

Costa ártabra

Download

Trail photos

Photo ofCosta ártabra Photo ofCosta ártabra Photo ofCosta ártabra

Author

Trail stats

Distance
21.85 mi
Elevation gain
4,265 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
4,265 ft
Max elevation
2,024 ft
TrailRank 
32
Min elevation
274 ft
Trail type
Loop
Moving time
4 hours 16 minutes
Time
7 hours 25 minutes
Coordinates
4500
Uploaded
January 6, 2023
Recorded
January 2023
Be the first to clap
Share

near Cerbo, Galicia (España)

Viewed 30 times, downloaded 0 times

Trail photos

Photo ofCosta ártabra Photo ofCosta ártabra Photo ofCosta ártabra

Itinerary description

Exixente e duro roteiro que vai dende o miradoiro de Purrido até a Garita de Vixía Herbeira e volta por Santo André de Teixido. A pesar da presenza no primeiro tramo dalgún eucaliptal, a inmensidade do océano e dos cantís acapara toda a atención, con varios puntos de alto interese paisaxístico (increíble son as vistas dende o Alto de Tarroiba coa Garita e Santo André de Teixido ao lonxe).
Poderíamos dicir que o primeiro tramo remata na zona dos miradoiros de Chao do Monte e dos Carrís, dende o cal imos coller un roteiro por pista forestal que vai conducir até as inmediacións da Garita, tendo que recorrer 2 km por asfalto para chegar a ela.
A baixada até Teixido vai ser doada e cómoda, pero é recomendable facela con calma, xa que ao ser por asfalto, os xeonllos sufren e poden chegar doridos.
A idea de pasear por Santo Andrés de Teixido e recobrar forzas é unha gran idea. É unha aldea de gran encanto que conta cunha arquitectura moi singular e onde tamén se poden atopar varios locais de restauración e para mercar recordos. Se hai sorte, paga a pena entrar na igrexa.
O camiño de volta proposto no mapa até os miradoiros ten marxe de mellora. Sería bastante máis interesante coller o tramo do camiño medieval que vai dende Teixido e que ten 1,1 km de lonxitude, no canto de dar unha volta aburrida e máis longa (3 km, segundo a gravación) polo asfalto como así foi (erro na planificación previa do roteiro por non caer nesta opción).
O ascenso ao cume do Alto de Tarroiba convén facelo amodiño e tamén descansar uns minutos e desfrutar das vistas no alto, porque as forzas chegan xustas e hai que reservar as derradeiras para a ida e volta ao faro de Punta Candieira (opcional, porque o faro moito encanto non é que teña, a verdade).

Comments

    You can or this trail