Activity

Courel 1: Ferramulín, Visuña, Hórreos

Download

Trail photos

Photo ofCourel 1: Ferramulín, Visuña, Hórreos Photo ofCourel 1: Ferramulín, Visuña, Hórreos Photo ofCourel 1: Ferramulín, Visuña, Hórreos

Author

Trail stats

Distance
8.51 mi
Elevation gain
2,451 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,526 ft
Max elevation
4,186 ft
TrailRank 
53
Min elevation
2,686 ft
Trail type
Loop
Coordinates
441
Uploaded
March 7, 2010
Recorded
March 2010
Be the first to clap
Share

near Hórreos, Galicia (España)

Viewed 6752 times, downloaded 260 times

Trail photos

Photo ofCourel 1: Ferramulín, Visuña, Hórreos Photo ofCourel 1: Ferramulín, Visuña, Hórreos Photo ofCourel 1: Ferramulín, Visuña, Hórreos

Itinerary description

Ruta que une os tres pobos do título e tamén As Cruces.
Sáese de Ferramulín pola marxe esquerda do río Visuña, xusto onde a estrada cruza sobre el. Pásase xunto ao muín (muíño) da Caborca e ao chegar á altura da Ponte da Fervenza (non se cruza) hai que subir á estrada e recorrela só uns 50 m antes de baixar de novo pola esquerda. Déixase de lado un desvío cara un sequeiro e máis adiante si que hai que coller o desvío cara á esquerda xa que se non saeriamos de novo á estrada. Este desvío atravesa a ponte da Ferrería e a continuación vemos as ruínas de dúas casas (imaxino que a ferrería e a vivenda do ferreiro e pode que un muíño). O camiño continúa pola marxe dereita do río cun primeiro tramo complicado pola vexetación pero que logo se aclara ata un lugar ("08 Vado do río") onde hai que atravesalo. Quizais noutras épocas do ano poida atravesarse doutro modo, pero o máis probable é que haxa que descalzarse e cruzalo con auga ata os xeonllos. Nesa zona non hai moita corrente e o fondo é bastante regular polo que non é perigoso.
Ao final dos prados (posiblemente enchoupados de auga) atoparemos dúas novas construcións en ruínas xunto cunha ponte á que só lle quedan 2 vigas ("09 Ponte derruído"). O camiño orixinal (o feito nesta ruta), atravesa a ponte e segue pola beira dereita do río, sen embargo a cantidade de vexetación é tal que o máis recomendable é subir ata a estrada e continuar por ela durante 1,5 km. A vexetación remata no punto "Cabana 2".
Esta ruta contén a subida e baixada polo val do Carrozo dos Corvos que no caso de non facela aforraría 2 km.
Continúase pola estrada durante 1 km ata chegar ao barrio de Reibarba do pobo de Visuña, e xusto despois de cruzar a ponte xírase á dereita para tomar un camiño ancho e ben marcado que nos levará ata As Cruces, no alto do monte que temos á dereita. No punto "Desvío á Morteira" podemos saírnos da pista e por unha senda ás veces non moi clara, subir de maneira máis directa para enlazar coa pista de novo case no cumio do monte.
A pista pasa polo pobo de As Cruces e segue ata unha bifurcación no que hai un sinal do GR1 ao que non lle facemos caso e seguimos pola pista da dereita. Máis adiante, un camiño ancho entre valados de pedra levaranos directamente ao pobo de Hórreos. Aquí, xiramos á dereita para entrar nel e despois das primeiras casas tomamos un camiño á esquerda que nos leva nuns 100 metros ás ruínas da igrexa. Deixámola á nosa esquerda para atravesar en baixada continua o souto de Hórreos. O souto déixase na parte de abaixo pola esquerda e o camiño lévanos xa sen ningunha complicación ata Ferramulín.
Considereino como moderado polo vadeo do río e o tramo de vexetación (de 1 km de lonxitude).
Feita en marzo de 2010

O inicio e o final da ruta están tomados de Ferramulín Visuña de otero.mk11.

Outras rutas do Courel:
Courel 1: Ferramulín, Visuña,Hórreos
Courel 2: Vilamor, Vilar e Froxán
Courel 3: Natureza e historia no Courel

Waypoints

Photo of01 Muín da Caborca

01 Muín da Caborca

PictographPanorama Altitude 2,762 ft
Photo of02 Ponte da Fervenza

02 Ponte da Fervenza

PictographHiking Altitude 2,852 ft
Photo of03 Desvío a sequeiro

03 Desvío a sequeiro

Continuar pola dereita

PictographHiking Altitude 2,878 ft

04 Desvío á esquerda

07-MAR-10 14:18:07

PictographPanorama Altitude 2,874 ft
Photo of05 Ponte da Ferrería

05 Ponte da Ferrería

06 Ruínas da ferrería

07-MAR-10 14:24:25

PictographHiking Altitude 2,855 ft
Photo of07 Cabana

07 Cabana

PictographDiving Altitude 2,848 ft
Photo of08 Vado do río

08 Vado do río

PictographPanorama Altitude 2,830 ft
Photo of09 Ponte derruído

09 Ponte derruído

PictographHiking Altitude 3,007 ft

10 Cabana 2

PictographHiking Altitude 3,031 ft
Photo of11 Camiño do Carrozo dos Corvos

11 Camiño do Carrozo dos Corvos

PictographTree Altitude 3,517 ft
Photo of12 A Valiña da Lameira

12 A Valiña da Lameira

PictographHiking Altitude 2,979 ft

13 Ponte da Veiga

PictographMountain hut Altitude 3,138 ft
Photo of14 Reibarba (Visuña)

14 Reibarba (Visuña)

PictographHiking Altitude 3,369 ft

15 Desvío á Morteira

Photo of16 Sequeiro da Morteira 1

16 Sequeiro da Morteira 1

17 Sequeiro da Morteira 2

PictographHiking Altitude 4,012 ft

18 Incorporación á pista

PictographMountain hut Altitude 4,182 ft
Photo of19 As Cruces

19 As Cruces

PictographHiking Altitude 4,046 ft
Photo of20 Indicador GR1

20 Indicador GR1

PictographHiking Altitude 3,587 ft

21 Desvío a Hórreos

PictographMountain hut Altitude 3,428 ft
Photo of22 Hórreos

22 Hórreos

23 Igrexa de Hórreos

PictographTree Altitude 3,318 ft
Photo of24 Souto de Hórreos

24 Souto de Hórreos

PictographMountain hut Altitude 2,689 ft
Photo of25 Ferramulín

25 Ferramulín

Comments

    You can or this trail