Activity

Courel: Moreda - Devesa da Rogueira - Formigueiros - Pía Paxaro - Campa da Lucenza - Polín - Parada

Download

Trail photos

Photo ofCourel: Moreda - Devesa da Rogueira - Formigueiros - Pía Paxaro - Campa da Lucenza - Polín - Parada Photo ofCourel: Moreda - Devesa da Rogueira - Formigueiros - Pía Paxaro - Campa da Lucenza - Polín - Parada Photo ofCourel: Moreda - Devesa da Rogueira - Formigueiros - Pía Paxaro - Campa da Lucenza - Polín - Parada

Author

Trail stats

Distance
15.23 mi
Elevation gain
5,167 ft
Technical difficulty
Difficult
Elevation loss
5,167 ft
Max elevation
5,331 ft
TrailRank 
66 5
Min elevation
2,192 ft
Trail type
Loop
Time
8 hours 33 minutes
Coordinates
3683
Uploaded
October 28, 2014
Recorded
October 2014
  • Rating

  •   5 1 review
Be the first to clap
4 comments
Share

near Moreda, Galicia (España)

Viewed 4474 times, downloaded 163 times

Trail photos

Photo ofCourel: Moreda - Devesa da Rogueira - Formigueiros - Pía Paxaro - Campa da Lucenza - Polín - Parada Photo ofCourel: Moreda - Devesa da Rogueira - Formigueiros - Pía Paxaro - Campa da Lucenza - Polín - Parada Photo ofCourel: Moreda - Devesa da Rogueira - Formigueiros - Pía Paxaro - Campa da Lucenza - Polín - Parada

Itinerary description

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home!

Desta vez, tivemos a sorte de visitar o Courel xusto despois duns días de chuvias moi intensas, co cal a auga tiña unha presenza importante polos montes e conferíalles unha fermosura aínda maior.

O percorrido que tiñamos proxectado era o seguinte: Aula da Natureza (Moreda) - Devesa de Rogueira - Fontes do Cervo - Boca da Rogueira - Formigueiros - Campa da Lucenza - Pía Paxaro - Campa da Lucenza - Mirador de Polín - Parada - Aula da Natureza. Por despiste e por non levar revisada a ruta nas zonas que xa percorreramos con anterioridade, ao chegar ás Fontes do Cervo en lugar de seguir cara adiante (camiño da Boca da Rogueira), volvemos cara atrás e saímos ao cruzamento co camiño que une Polín e a Campa de Lucenza, así que tivemos que dar volta posto que primeiro queriamos subir o Formigueiros. Así que ao total pódeselle restar un quilómetro e medio.

Sobre a fermosura do bosque que forma a devesa podedes fartarvos a ler, pero nada como visitala. Logo dos carballos, castiñeiros... abraia o bosque de acivros durante practicamente un quilómetro, interrompido por unha zona algo máis soleada con cerquiños. Un primeiro teixo anuncia o cambio de vexetación. Numerosos e fermosos teixos aos lados do camiño, logo novamente cerquiños e xa, finalmente, as uces son os únicos arbustos que medran na zona máis elevada.

O ascenso da devesa é esixente (4 km até as Fontes do Cervo) e se engadimos o ascenso ao Formigueiros, atopámonos cun desnivel superior aos 900 metros nuns 6 km. As vistas tamén son espectaculares durante toda a ascensión, mais no cumio do Formigueiros son impresionantes. Cadrounos unha mañá moi anubrada, mais dende aquí poden albiscarse os Ancares, Manzaneda, Trevinca...

Baixar do Formigueiros case ao momento afrontar un breve pero intenso treito de ascensión ao Teso das Papoulas e, a partir de aí, descenso até chegar á Campa da Lucenza, un lugar de descanso moi agradecido. Dende aquí pódese acceder ao lago de Lucenza (1 km con bastante desnivel), nun camiño que continúa até A Seara (4 km en total, pasando por varias fervenzas impresionantes). Nós preferimos seguir para acadar o cumio do Pía Paxaro (uns 4,5 km dende a campa), cun vento que, malia a temperatura case que de verán, obriga a cubrir a cabeza.

Tal como deixou dito o poeta do Courel “Hein d'ir ó Pía Paxaro i [...] deitarme na Campa da Lucenza nun claro”. Iso fixemos. O día abriu e as vistas dende o Pía Paxaro puidemos disfrutalas en todo o seu esplendor. A ascensión ao Pía Paxaro é moi levadeira, aínda que no último treito o vento frontal obrigaba a un último esforzo.

Á volta, deitámonos un tempiño na Campa de Lucenza antes de afrontar o descenso definitivo cara a Parada e Moreda, coa parada obrigada no mirador de Polín, cun panorama estupendo sobre a devesa e o Formigueiros (aquí faste unha idea moi real de todo o que ascendiches previamente), sobre Moreda e Parada... Mágoa que a intervención humana no mirador fose desafortunada e supoñemos que totalmente innecesaria. De camiño da campa a Polín está o desvío para a devesa, o alto do Couto e as Fontes do Cervo.

Se queredes rematar a ruta como fixemos nós, retornando á aula da natureza, cómpre estar moi atentos para non pasar de longo o desvío cara a Parada (non hai indicación). Uns metros máis adiante de se xuntaren o camiño que baixa de Polín e a pista que vén dende a Campa de Lucenza, nun treito totalmente chan, collemos o camiño que sae á man dereita.

Antes de chegar a Parada, castiñeiros centenarios cuns troncos de diámetro considerábel. Facíase tarde e non visitamos a casa que foi de Novoneyra en Parada. A partir de Parada, inevitábel un treito duns 2,5 km de asfalto, mais que transcorre entre un mesto arboredo. E por fin na Aula da Natureza. Día redondo.

Unha ruta máis que recomendábel. A cualificación como "difícil" débese unicamente ao desnivel acumulado (máis de 1.50 m), mais dispondo do día completo para tomala con vagar é unha ruta asequíbel para camiñantes non moi avezados.

Waypoints

PictographInformation point Altitude 2,560 ft
Photo ofAula da natureza Photo ofAula da natureza Photo ofAula da natureza

Aula da natureza

Aula da natureza

PictographBridge Altitude 2,687 ft
Photo ofPonte e caída de auga Photo ofPonte e caída de auga Photo ofPonte e caída de auga

Ponte e caída de auga

Ponte e caída de auga

PictographIntersection Altitude 4,603 ft
Photo ofCruzamento Fontes-Couto-Polín Photo ofCruzamento Fontes-Couto-Polín Photo ofCruzamento Fontes-Couto-Polín

Cruzamento Fontes-Couto-Polín

Cruzamento Fontes do Cervo

PictographWaypoint Altitude 4,613 ft
Photo ofFontes do Cervo Photo ofFontes do Cervo Photo ofFontes do Cervo

Fontes do Cervo

Fontes do Cervo

PictographIntersection Altitude 5,210 ft
Photo ofBoca da Rogueira Photo ofBoca da Rogueira Photo ofBoca da Rogueira

Boca da Rogueira

Boca da Rogueira

PictographSummit Altitude 5,562 ft
Photo ofFormigueiros Photo ofFormigueiros Photo ofFormigueiros

Formigueiros

Formigueiros

PictographSummit Altitude 5,432 ft
Photo ofTeso das Papoulas

Teso das Papoulas

Teso das Papoulas

PictographWaypoint Altitude 5,048 ft
Photo ofCampa da Lucenza Photo ofCampa da Lucenza Photo ofCampa da Lucenza

Campa da Lucenza

Campa da Lucenza

PictographSummit Altitude 5,180 ft
Photo ofPía Paxaro Photo ofPía Paxaro Photo ofPía Paxaro

Pía Paxaro

Pía Paxaro

PictographIntersection Altitude 4,409 ft
Photo ofAcceso á Rogueira-FontesdoCervo-Couto Photo ofAcceso á Rogueira-FontesdoCervo-Couto Photo ofAcceso á Rogueira-FontesdoCervo-Couto

Acceso á Rogueira-FontesdoCervo-Couto

Desvío cara á Devesa de Rogueira, Fontes do Cervo e alto do Couto

PictographPanorama Altitude 4,659 ft
Photo ofMiradoiro de Polín Photo ofMiradoiro de Polín Photo ofMiradoiro de Polín

Miradoiro de Polín

Miradoiro de Polín

PictographIntersection Altitude 3,458 ft
Photo ofDesvío a Parada Photo ofDesvío a Parada

Desvío a Parada

Desvío cara á aldea de Parada

PictographWaypoint Altitude 2,682 ft
Photo ofParada Photo ofParada

Parada

Aldea de Parada

Comments  (4)

  • Photo of furancho
    furancho Oct 29, 2014

    ¿¿¿Qué máis podo engadir o todo ó anteriormente dito...????

  • Photo of ciriIII
    ciriIII Oct 30, 2014

    A tope

  • Photo of jaimucho
    jaimucho Nov 2, 2014

    Magnífica ruta para fortalecer cuerpo y espíritu. La belleza del entorno casi hace olvidar el cansancio físico.

  • Photo of ciriIII
    ciriIII Jan 22, 2015

    .

You can or this trail