Activity

Cristo de Mouraz - Coído de Bares (2ª etapa do Camiño dos Arrieiros)

Download

Author

Trail stats

Distance
16.92 mi
Elevation gain
4,357 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
5,577 ft
Max elevation
1,689 ft
TrailRank 
26
Min elevation
2 ft
Trail type
One Way
Time
9 hours 12 minutes
Coordinates
2899
Uploaded
May 12, 2012
Recorded
May 2012
Be the first to clap
Share

near Devesos, Galicia (España)

Viewed 2056 times, downloaded 18 times

Itinerary description

O Camiño dos Arrieiros ou Camiño Grande discorre ao longo duns 50 kms., unindo As Pontes co coído de Bares. Este camiño tense empregado dende a Prehistoria como vía de intercambio comercial, constituíndo unha das rotas principais de comunicación entre os pobos do noroeste peninsular, das Illas Británicas e da península Armoricán. A vía recibe o nome dos chamados arrieiros, que durante séculos transportaron todo tipo de mercadorías ao lombo de mulas e cabalos.

Nesta ocasión a Plataforma en Defensa do Patrimonio das Pontes, realizou o segundo e derradeiro treito duns 25 kms., a través dos concellos de Mañón e Ortigueira, finalizando no histórico porto de Bares. Rematando cunha merenda no bar Muller Mariña e facendo unha visita ao antigo semáforo de Estaca de Bares, hoxe hotel, o punto máis septentrional da península Ibérica e lugar onde se mesturan as augas do Océano Atlántico coas do Mar Cantábrico.

O porto de Bares aparece citado por primeira vez o ano 916 nun documento do rei Ordoño II, quen concedeu o señorío da Vila de Bares e un monasterio sito na parroquia de Mogor ao bispo de Mondoñedo Sabarico II. Pero a súa existencia como vila e como porto remóntase a moitos séculos antes. Atopáronse moedas fenicias, tégulas, ánforas e unha necrópole romana. Todo iso, así como o peirao prerromano, fai supoñer que foi este un lugar de gran importancia demográfica e comercial.

View more external

Comments

    You can or this trail