Cullergondo - O Cal - Andrís - Cullergondo (Abegondo e Oza-Cesuras)
near Cutián, Galicia (España)
Viewed 846 times, downloaded 3 times
Trail photos
Itinerary description
Galego
Antes de nada, sinalar que é un roteiro sen sinalizar, pero perfectamente transitabel aínda que nalgúns lugares é posible que o paso de tractores agrícolas embarren o camiño. Se se posúe un bo sentido de orientación pode bastar cun mapa do percorrido, pero moito mellor será ir provisto dalgún tipo de GPS ou algunha aplicación no móbil.
Iniciamos o camiño no centro social da parroquia de Cullergondo, pertencente ao concello de Abegondo e xusto despois de pasalo tomamos á esquerda, descendendo para atoparnos co río Mero virando á esquerda despois de pasar unha estación depuradora de augas residuais. O Mero é o río que desemboca no mar entre os concellos de Oleiros e A Coruña formando a pequena ría da Pasaxe.
Chegaremos a un lugar con vivendas e alí dobraremos á esquerda para, pasadas as últimas vivendas, virar á dereita continuando por un camiño de terra e penetrando no Monte das Lamas ata chegar ao lugar de Quistilán. Alí viramos á dereita continuando de fronte ata A Baiuca. Pasadas as últimas casas tomamos á esquerda pola CP-2602. Uns cen metros despois deixamos á esquerda un castro no que, na parte próxima á estrada, está a facerse unha plantación de eucaliptos. Pasado este punto imos á dereita descendendo por un camiño de terra e virando á dereita ao chegar á parte máis baixa.
Atopamos unha estrada asfaltada pola que seguiremos cara á esquerda e, pasado un regato, continuamos á dereita no lugar da Poceira ata alcanzar Fondevila. Alí viramos á esquerda para que un pouco máis adiante fagámolo á dereita camiñando outra vez por camiño de terra. Na seguinte intersección seguimos de fronte, despois á esquerda e na outra á dereita por estrada asfaltada, alcanzando o lugar de O Cal e seguindo en dirección a Fernandelo.
Desde alí avanzamos cara á igrexa de Santa María de Dordaño (Cesuras) e un pouco antes de chegar a ela (tamén se queremos podemos achegarnos a vela) viramos á esquerda cara á Nabeira. Despois de pasar este lugar proseguimos pola dereita continuando novamente pola dereita, preto duns invernadoiros, para camiñar por unha pista de terra polo Monte Vello. Atoparemos unha encrucillada de camiños polo que seguiremos de fronte (o da dereita conduce á cima do monte). Se miramos á nosa esquerda, cara ao oeste, e se é un día con boa visibilidade, poderemos ver A Coruña.
A partir de aí xa practicamente iremos sempre descendendo. Primeiro atoparemos a aldea de Andrís, con varias casas restauradas ou novas feitas con bo gusto. Descendemos de fronte pasada Aldrís e polo Marco da Covela entramos de novo no Concello de Abegondo que abandonaramos un pouco antes de Fondevila. Entre Fondevila e A Nabeira andamos polo que antes era o concello de Cesuras e pasada A Nabeira, cara ao norte, ata deixar atrás Andrís; polo Concello de Oza e que entre ambos forman hoxe o de Oza-Cesuras.
Pois ben, xa nas primeiras casas de Cullergondo imos de fronte ata chegar a unha estrada máis ancha que seguiremos á dereita para tomar, un pouco máis aló á esquerda, en dirección á igrexa de Santa María de Cullergondo que bordearemos deixándoa á dereita e descendendo ata a estrada para continuar á esquerda, co lugar de inicio á vista e cara ao que camiñaremos; non sen antes contemplar o Pazo de Cerca, a capela de San Xoán, xusto á beira e, pasado o centro social, o vello pombal do pazo.
Castellano
Antes de nada, señalar que es una ruta sin señalizar, pero perfectamente transitable aunque en algunos lugares es posible que el paso de tractores agrícolas embarren el camino. Si se posee un buen sentido de orientación puede bastar con un mapa del recorrido, pero mucho mejor será ir provisto de algún tipo de GPS o alguna aplicación en el móvil.
Iniciamos el camino en el centro social de la parroquia de Cullergondo, perteneciente al ayuntamiento de Abegondo y justo después de pasarlo tomamos a la izquierda, descendiendo para encontrarnos con el río Mero virando a la izquierda después de pasar una estación depuradora de aguas residuales. El Mero es el río que desemboca en el mar entre los ayuntamientos de Oleiros y A Coruña formando la pequeña ría de A Pasaxe.
Llegaremos a un lugar con viviendas y allí doblaremos a la izquierda para, rebasadas las últimas viviendas, girar a la derecha continuando por un camino de tierra adentrándonos en el Monte das Lamas hasta llegar al lugar de Quistilán. Allí viramos a la derecha continuando de frente hasta A Baiuca. Pasadas las últimas casas tomamos a la izquierda por la CP-2602. Unos cien metros después dejamos a la izquierda un castro en el que, en la parte próxima a la carretera, se está haciendo una plantación de eucaliptos. Pasado este punto vamos a la derecha descendiendo por un camino de tierra y girando a la derecha al llegar a la parte más baja.
Encontramos una carretera asfaltada por la que seguiremos hacia la izquierda y, pasado un riachuelo, continuamos a la derecha en el lugar de A Poceira hasta alcanzar Fondevila. Allí giramos a la izquierda para que un poco más adelante lo hagamos a la derecha caminando otra vez por camino de tierra. En la siguiente intersección seguimos de frente, después a la izquierda y en la otra a la derecha por carretera asfaltada, alcanzando el lugar de O Cal y siguiendo en dirección a Fernandelo.
Desde alli avanzamos en dirección a la iglesia de Santa María de Dordaño (Cesuras) y un poco antes de llegar a ella (también si queremos podemos acercarnos a verla) viramos a la izquierda hacia el lugar de A Nabeira. Después de pasar este lugar proseguimos por la derecha continuando nuevamente por la derecha, cerca de unos invernaderos, para caminar por una pista de tierra por el Monte Vello. Encontraremos un cruce de caminos por el que seguiremos de frente (el de la derecha conduce a la cima del monte). Si miramos a nuestra izquierda, hacia el oeste, y si es un día con buena visibilidad, podremos ver A Coruña.
A partir de ahí ya prácticamente iremos siempre descendiendo. Primero encontraremos la aldea de Andrís, con varias casas restauradas o nuevas hechas con buen gusto. Descendemos de frente pasado Aldrís y por el Marco da Covela entramos de nuevo en el Ayuntamiento de Abegondo que habíamos abandonado un poco antes de Fondevila. Entre Fondevila y A Nabeira anduvimos por lo que antes era el ayuntamiento de Cesuras y pasada A Nabeira, hacia el norte, hasta dejar atrás Andrís; por el Ayuntamiento de Oza y que entre ambos forman hoy el de Oza-Cesuras.
Pues bien, ya en las primeras casas de Cullergondo vamos de frente hasta llegar a una carretera más ancha que seguiremos a la derecha para tomar un poco más allá a la izquierda, en dirección a la iglesia de Santa María de Cullergondo, que bordearemos dejándola a la derecha y descendiendo hasta la carretera para continuar a la izquierda, con el lugar de inicio a la vista y hacia el que caminaremos; no sin antes contemplar el Pazo de Cerca, la capilla de San Xoán, justo al lado y, pasado el centro social, el antiguo palomar del pazo.

Waypoints
Religious site
1,061 ft
Igrexa de Santa María de Dordaño - Cesuras
Antes de chegar á igrexa xiramos á esquerda
You can add a comment or review this trail
Comments