Activity

Cuntis, Castolandín, rios Umia e Gallo

Download

Trail photos

Photo ofCuntis, Castolandín, rios Umia e Gallo Photo ofCuntis, Castolandín, rios Umia e Gallo Photo ofCuntis, Castolandín, rios Umia e Gallo

Author

Trail stats

Distance
10.04 mi
Elevation gain
2,444 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,444 ft
Max elevation
1,246 ft
TrailRank 
39
Min elevation
384 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 32 minutes
Coordinates
1422
Uploaded
July 5, 2016
Recorded
July 2016
Be the first to clap
Share

near Cuntis, Galicia (España)

Viewed 867 times, downloaded 11 times

Trail photos

Photo ofCuntis, Castolandín, rios Umia e Gallo Photo ofCuntis, Castolandín, rios Umia e Gallo Photo ofCuntis, Castolandín, rios Umia e Gallo

Itinerary description

Ruta de senderismo de 15 km. aproximadamente que transcurre bastante so seu percorrido pola beira dos ríos Umia e Gallo. Tempo estimado arredor de 5 horas e cuarto. Dificultade: esta ruta de esforzo físico é media, pero tede en conta que ao ir pola beira dos ríos hai certos puntos que son técnicamente algo complicados, non é perigoso, pero hai que ir con coidado, polo que é importante levar calzado axeitado para andar pola montaña. Hai unha parte da ruta (chegando ao Umia) que o día que a fixemos estaba algo invadida de maleza, pero pódese pasar igual. Collimos de referencia andaina organizada polo CDM Xesteiras no 2013 e fixemos a variante de ir a Castrolandín.

Saida do cemiterio de Cuntis, seguimos a rúa da Palma, pasamos o cuartel da Garda Civil e a 50 metros collemos cruce a esquerda, ao pouco deixamos o asfalto e comenzan os camiños de terra ata o final do percorrido. Seguimos polo Pazo, collemos a esquerda e subimos polo regato da Patela, cruzamos o rego para visitar o castro de Castrolandín, volvemos cara o Patela para aascender ao alto de Laxos. Dende aí seguimos o camiño para chegar a pedra do Furado, baixamos pola carballeira e collemos o camiño que nos levará ata Xinzo. Despois seguimos cara Rebordelo e dende ahí baixamos xa para o río Umia. Pasamos a piscifactoria e seguimos sempre pola marxe do río pasando os muiños da Louriña, a ponte de Olimpio, o aserradero de Novo, a desembocadura do río Gallo no Umia e ahí seguimos xa pola marxe do río Gallo, pasando os pasos da Taboada, o Muiño da Taboada, o Muiño de Meira e A Louriña, a Ponte de Nieto, Pasos de Meira e chegada a Cuntis, saindo diante da gasolineira e volvemos ao punto de inicio.

View more external

Comments

    You can or this trail