Activity

De Corme ao Roncudo, a aldea e o faro, polo camiño dos cantís

Download

Trail photos

Photo ofDe Corme ao Roncudo, a aldea e o faro, polo camiño dos cantís Photo ofDe Corme ao Roncudo, a aldea e o faro, polo camiño dos cantís Photo ofDe Corme ao Roncudo, a aldea e o faro, polo camiño dos cantís

Author

Trail stats

Distance
5.95 mi
Elevation gain
794 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
794 ft
Max elevation
488 ft
TrailRank 
38 5
Min elevation
16 ft
Trail type
Loop
Time
2 hours 15 minutes
Coordinates
866
Uploaded
July 19, 2020
Recorded
July 2020
  • Rating

  •   5 1 review
Be the first to clap
1 comment
Share

near Corme-Porto, Galicia (España)

Viewed 327 times, downloaded 23 times

Trail photos

Photo ofDe Corme ao Roncudo, a aldea e o faro, polo camiño dos cantís Photo ofDe Corme ao Roncudo, a aldea e o faro, polo camiño dos cantís Photo ofDe Corme ao Roncudo, a aldea e o faro, polo camiño dos cantís

Itinerary description

Saímos de Corme nunha mañá moi quente de xullo, buscando unha ruta curta porque non tiñamos moito tempo e non queriamos camiñar nas horas máis calurosas do día.

A ruta é unha variante un chisco máis curta, rondando os 10km, doutras que se poden atopar aquí mesmo, para visitar Corme, o faro de Roncudo e a aldea do mesmo nome. Comparte parte do itinerario tamén coa famosa ruta dos Faros que remata en Fisterra.

Saímos do porto de Corme, acompañando unha estrada que vai ata o faro do Roncudo. A pesar de ser estrada, ten arcén amplio bo para camiñar, que vai en chao e moi cómoda.

A partir do faro comeza o difícil, pero tamén o máis divertido. Unha senda estreita e con algo de técnica, que vai acompañando todo o cantil do Roncudo. É un camiño precioso pegado ao bordo do cantil, que pon a proba as botas de montaña.

No km 5 ten unha forte subida, que remonta o cantil ata chegar a zona dos muiños eólicos. A partir de aquí cun camiño xa máis sinxelo chégase á aldea do Roncudo, un bo momento para parar a tomar algo de comer, co máis complicado da ruta xa feito. Na aldea do Roncudo separámonos tanto dos sinais da ruta dos Faros como da que collín como modelo de Caracochas (https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/o-salitre-do-roncudo-caracochas-2707970), buscando volver máis directos a Corme.

Un anaco de estrada ata un campo de fútbol de onde collemos de novo unh pista que pola aldea de Candelago xa nos achega de novo a Corme.

Comments  (1)

You can or this trail