De Fraga Vella a Pena Abaladoira
near Figueiras, Galicia (España)
Viewed 67 times, downloaded 0 times
Trail photos
Itinerary description
DE FRAGA VELLA A PENA ABALADOIRA
Comenzamos a ruta na Ponte da FRAGA VELLA subindo polo Rego de Fraguela dirección Os Agros chegando o peche dos venados xa na pista forestal.
Pasamos unhas casas abandoadas cunha maxestuosa vista de PENA MONTOL a nosa esquerda.
Adentrámonos na preciosa FRAGA DAS VIGAS e recorrémola completa ata o TREMOAL pasando por unha impresionante plantación de arándanos silvestres.
Dende o TREMOAL dirixímonos cara a zona dos montes do PEREIRO no concello de Alfoz, unha densa néboa bótasenos enriba rápidamente deixando moi pouca visibilidade o que nos fai dubidar sobre a forma de chegar a PENA DAS BANZAS, tras meditalo ben decidimos deixalo para outro día no que as condicions meteorolóxicas sexan mais propicias, e dirixímonos directamente a PENA ABALADOIRA pola pista dos eólicos.
Aproveitamos para comer algo ao abrigo dunha das innumerabeis formacions rochosas que dan abrigo as mandas de cabalos salvaxes que habitan istas montañas preto da PENA ABALADOIRA.
Logo de abalar a pena baixamos a carón da alambrada ata chegar o comenzo da pequena pero fermosísima Fraga da Moreira a cal atravesamos ata o final, a fin de evitar que a néboa nos volva a xogar outra pasada collemos a estrada que vai a Gontán polo Cadramón ata, novamente, O TREMOAL sempre concurrido co gando Vacun e Cabalar (puidemos ver dous potros lobeados nos cuartos traseiros) e dende ali adentrarnos novamente na FRAGA DAS VIGAS.
Tomamos dirección PENA MONTOL, pasamos polo Bosque dos Acivros visitamos varias formacions rochosas que soen servir de abrigo para os cabalos e antes de regresar a os nosos coches, ainda nos deu tempo de poder ver a unha femia de venado, que asustada pola nosa presencia levantouse do seu descanso na pradera para adentrarse no bosque.
Catalogo a ruta de MODERADA xa que, ainda que non hai grandes desnivéis, sairon 23'5 kms, unha distancia considerable para facer monte a través e ademáis hai que ter moi en conta as condicions climatológicas da zona xa que a néboa é moi frecuente no XISTRAL.

Waypoints
You can add a comment or review this trail
Comments