Activity

Domaio (río muíños e monte)

Download

Trail photos

Photo ofDomaio (río muíños e monte) Photo ofDomaio (río muíños e monte) Photo ofDomaio (río muíños e monte)

Author

Trail stats

Distance
10.97 mi
Elevation gain
2,379 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,379 ft
Max elevation
1,836 ft
TrailRank 
58
Min elevation
139 ft
Trail type
Loop
Time
5 hours 40 minutes
Coordinates
3006
Uploaded
December 9, 2018
Recorded
December 2018
Be the first to clap
Share

near Domaio, Galicia (España)

Viewed 399 times, downloaded 15 times

Trail photos

Photo ofDomaio (río muíños e monte) Photo ofDomaio (río muíños e monte) Photo ofDomaio (río muíños e monte)

Itinerary description

O día no nos acompañou nesta bonita ruta, moita brétema, algo de aire no alto e bastante choiva.
Aínda así fixémola. Iniciámola diante da Capela de San Bieito, no lugar de Palmás en Domaio.
Xusto alí comenzamos a subida pola ruta “Sendeiro da Freixa-Poza da Moura”, segundo nos indica un cartel un pouquiño antes de cruzar o Souto das Camelias, un belo lugar cheo de árbores de esa preciosa flor.
Continuando polo sendeiro pegado ao regato, atopamos unha serie de muíños, a maioría en ruínas.
Está en boas condicións para camiñar, ten pasarelas de madeira en bo estado. O arboredo é totalmente autóctono. En resume un bonito e agradable paseo pola beira do río.
A subida prolóngase ata a Chan da Arquiña. Antes pasamos polo miradoiro e área de lecer “Outeiro do Aviador”. As vistas son espectaculares da Ría de Vigo e o seu contorno.

Chegamos a Chan da Arquiña, case non paramos, chove bastante e coa néboa non se ve nada, tampouco subimos ao Monte Faro, como tiñamos pensado.

Agora toca baixada, pasamos pola beira do campo de golf, pola Poza Moura, cruzamos Verdeal para enlazar de novo co Sendeiro da Freixa, preto xa do inicio da ruta.

Agora toca xantar para repoñer forzas. Facémolo no restaurante Casa Ríos ao lado da capela onde iniciamos a ruta. Temos que comentar a boa calidade dos productos de este restaurante. A relación calidade/prezo é excelente. A atención moi boa, sempre está cheo, polo que hai que reservar mesa antes de ir.

Apenas ten asfalto, agás polos pobos que cruzamos. Tamén atopamos polo medio do monte algún camiño recheo de formigón, non sabemos moi ben a razón. O resto polo monte son pistas forestais que se poden camiñar sen ningún problema.

O tempo en movemento foi de 4 horas 57 minutos.
A media: 3,58 quilómetros hora

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofAutovía do Morrazo AG-46

Autovía do Morrazo AG-46

información en wikipedia

PictographWaypoint Altitude 790 ft

Barranco Do Faro

PictographWaypoint Altitude 693 ft

Camiño dos Means

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofCampo de golf de Domaio (Moaña) Photo ofCampo de golf de Domaio (Moaña) Photo ofCampo de golf de Domaio (Moaña)

Campo de golf de Domaio (Moaña)

O Club GOLF RÍA DE VIGO, situado nas Rías Baixas de Galicia, a 10 minutos de Vigo, 15 de Pontevedra e 35 de Santiago de Compostela, constitúese como un dos máis completos de Europa. O Campo de Golf Ría de Vigo é un prodixio de situación, beleza e deseño, co mar como fondo. Cen hectáreas de extensión nas que nada foi deixado ao azar. Deseñado por Ramón Espinosa, artífice doutros importantes campos na nosa xeografía, o Campo de Golf Ría de Vigo ten 18 foxos championship que cumpren xa seis anos abertos ao xogo. Cando falamos do Campo de Golf Ría de Vigo hai que mencionar inevitablemente a dificultade do seu percorrido con seis lagos e un río, a dificultade para "negociar" os greenes e a necesidade de utilizar os paus da bolsa e tentar a precisión antes que a lonxitude. A estas características hai que engadir unha cuarta: a contorna. O Campo de Golf Ría de Vigo coida especialmente o que se deu en chamar "Hoyo 19" :un restaurante especializado en comida galega e con ampla oferta en cociña internacional. É o eixo da zona social integrada por amplos salóns, terrazas de verán, restaurante infantil e zonas de descanso; nunha construción dotada de grandes ventás e as mellores vistas do lugar. Club de Golf Ría de Vigo

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPaneis informativos Photo ofPaneis informativos Photo ofPaneis informativos

Paneis informativos

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofChan da Arquiña Photo ofChan da Arquiña Photo ofChan da Arquiña

Chan da Arquiña

(Galicia Máxica) (Wikipedia) Coa néboa e a chuvia casi non puidemos pararnos nin a mirar o dólmen.

PictographWaypoint Altitude 800 ft

Entrada ao campo de Golf Domaio

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofFroita madura (caqui)

Froita madura (caqui)

Caqui, kaki ou pau santo, Diospyros kaki, unha froita orixinaria de China e Xapón. O persimón é o caqui duro. O caqui ten un sabor doce, é de cor laranxa ou avermellada cunha polpa moi carnosa. O caqui é unha das froitas de tempada de outono, como o aguacate, a chirimoya ou a granada. O caqui é unha froita que podemos comer ao natural soa ou utilizar en receitas de cociña de sobremesas e doces como xelatina, xeados, puding, salsas, tortas, batidos, de recheo en empanadillas doces, etc. Aproveita o sabor e as propiedades dos caquis ecolóxicos. Valor nutricional do caqui O caqui é unha froita que contén un 80% de auga, despois o macronutriente con maior presenza son os carbohidratos, segue a proteína vexetal e por último ten cantidades mínimas de graxa. En canto aos micronutrientes do caqui, esta froita é rica en vitamina A (β- carotenos), contén folato ou B9, C e B3 ou niacina, E ou tocoferol e B6 ou piridoxina. Os principais minerais que contén o caqui son potasio, calcio, fósforo, magnesio, iodo, sodio, selenio e ferro. O caqui ademais achéganos fibra soluble coa pectina e os mucílagos. Tamén posúe taninos que teñen efecto astringente, pero a medida que madura o froito vanse perdendo. O valor calórico do caqui é de 65 kcal por cada 100 gramos de froita.

PictographWaypoint Altitude 0 ft

INICIO capela San Bieito

PictographWaypoint Altitude 615 ft

Miradoiro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMiradoiro Outeiro do Aviador Photo ofMiradoiro Outeiro do Aviador

Miradoiro Outeiro do Aviador

PictographWaypoint Altitude 201 ft

Muíño da Fonte

PictographWaypoint Altitude 582 ft

Muíño do Alberto

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofMuíño no sendeiro

Muíño no sendeiro

PictographWaypoint Altitude 733 ft

Pedra Morcegueira

PictographWaypoint Altitude 583 ft

Pequena fervenza e muíño

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofPoza da Moura Photo ofPoza da Moura Photo ofPoza da Moura

Poza da Moura

Conta a lenda que nas noites de verán óense en Domaio os queixumes dunha " moura". Este ser mitolóxico galego, sempre de excepcional beleza, chora a perda do seu amado a mans do seu pai, que non aprobaba a súa relación cun campesiño. Ela, rota de dor mergullouse na poza que hoxe leva o seu nome. Desde entón, a bela rapariga tan só aparécese nas noites de San Xoán, cando se pode ver desenleando os seus cabelos cun peite de ouro. Este fermoso relato, irmán doutras miles de historias sobre " mouros" e " mouras" en Galicia, deu nome a un dos puntos máis bonitos e máxicos do Morrazo. "A Poza dá Moura" é unha charca natural conformada polo río Muíños no seu rápido discorrer polo Monte Domaio. As súas augas, tan cristalinas como frías, ofrecen un "jacuzzi" cunha excepcional panorámica da ría de Vigo e a ponte de Rande. Galica Máxica

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRegato do Barranco do Faro

Regato do Barranco do Faro

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego da Freixa. Photo ofRego da Freixa.

Rego da Freixa.

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofRego de auga preto do campo de golf

Rego de auga preto do campo de golf

PictographProvisioning Altitude 116 ft

Rte.Casa Rios Moaña

Páxinas galegas

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofsendeiro Muíños de Domaio

sendeiro Muíños de Domaio

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofSouto das Camelias

Souto das Camelias

PictographWaypoint Altitude 0 ft
Photo ofVistas fotográficas Photo ofVistas fotográficas Photo ofVistas fotográficas

Vistas fotográficas

PictographWaypoint Altitude 594 ft
Photo ofÁrea de lecer Outeiro do Aviador

Área de lecer Outeiro do Aviador

Comments

    You can or this trail