Activity

Dura e intensa. Ruta de Penalta.

Download

Trail photos

Photo ofDura e intensa. Ruta de Penalta. Photo ofDura e intensa. Ruta de Penalta. Photo ofDura e intensa. Ruta de Penalta.

Author

Trail stats

Distance
6.47 mi
Elevation gain
1,102 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,102 ft
Max elevation
2,520 ft
TrailRank 
33
Min elevation
2,520 ft
Trail type
Loop
Time
2 hours 16 minutes
Coordinates
986
Uploaded
May 10, 2013
Recorded
May 2013
Be the first to clap
7 comments
Share

near Becerreá, Galicia (España)

Viewed 1737 times, downloaded 15 times

Trail photos

Photo ofDura e intensa. Ruta de Penalta. Photo ofDura e intensa. Ruta de Penalta. Photo ofDura e intensa. Ruta de Penalta.

Itinerary description

Distancia: 10,4 quilómetros.
Duración estimada con parada na casa de María: 2 horas 16 minutos e 12 segundos.
Dificultade: Medio.
Desnivel: 336 (cota máxima: 768m, cota mínima: 601)
Percorrido: Nacional cerca do IES Becerreá, Anovello, Vilar de Ousón, Herbón, estrada de Sarria, a feira vella e punto de saída.
Lugares de interese: monte de Penalta, camiño da Moura, soutos de carballos moi antigos que están moi ben rozados e varios pasteiros.
Tipo de terreo: Altérnanse asfalto con fochas, camiños de pedra. Tamén ser forma barro cando chove ou onde hai regatos.

Descrición do percorrido:
A ruta é circular. Dá comezo na nacional sexta preto do instituto. Son 10,4 quilómetros por un entorno hurmano e de monte. Onde se alternan camiños de pedra e asfalto. A ruta non ten moitos desniveis importantes, e case toda chán
ata chegar a Vilar que, para subir ata Herbón é todo para arriba e logo altérnanse baixadas e subidas. Polo que pode considerarse unha camiñata doada. O peor, está claro, que foi andar tantos quilómetros.
Realizamos a ruta María Castro e Sandra Espín no noso tempo de lecer. Foi o venres 10 de maio. Completamos o percorrido a unha velocidade media en movemento de 4,58 quilómetros hora.
Dende a saída collemos nacional, camiño a feira nova e logo ata chegarmos a Vilar. Logo continuamos por un camiño de terra e pedras que nos conduciu ata Herbón. Dende alí baixamos cara Becerreá pola Moura de dous quilómetros. Ao final saímos á estrada de Sarria e cara ao punto incial.
Durante todo o percorrido fomos vendo diferentes partes da nosa Becerreá. Tamén tivemos a oportunidade de ver distintas aldeas, podendo coñecer máis lugares ós que temos preto de nós no día a día. Na ruta tamén apreciamos as vistas das pontes tanto máis antigas, como pode ser a de Cruzul, ou como as máis novas que son as da autovía.
Tamén observamos diferentes tipos de árbores como carballos, nogueiras, castiñeiros, xardóns e piñeiros.
No camiño houbo algo que realmente nos sorprendeu, na terra había unhas mascas dun auténtico oso como veremos nas fotos (a ver que opinades).
Queremos destacar os camiños que nos conducen a diferentes aldeas, que algún son anchos e outros estreitos, uns con pedras e outros con asfalto. Tamén puidemos ver carreiros polos que pasan distintos animais como xabarís ou corzos.
E non nos podemos esquecer das grandes e preciosas vistas que hai cara os Ancanres.
Rematamos a ruta cansadas pero eso si pero mereceu a pena.

Comments  (7)

You can or this trail