Activity

Entre o Balneario e a aldea de Cabreiroá

Download

Trail photos

Photo ofEntre o Balneario e a aldea de Cabreiroá Photo ofEntre o Balneario e a aldea de Cabreiroá Photo ofEntre o Balneario e a aldea de Cabreiroá

Author

Trail stats

Distance
2.71 mi
Elevation gain
210 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
210 ft
Max elevation
1,558 ft
TrailRank 
52
Min elevation
1,414 ft
Trail type
Loop
Time
50 minutes
Coordinates
350
Uploaded
March 15, 2017
Recorded
March 2017
Be the first to clap
Share

near Cabreiroá, Galicia (España)

Viewed 1083 times, downloaded 11 times

Trail photos

Photo ofEntre o Balneario e a aldea de Cabreiroá Photo ofEntre o Balneario e a aldea de Cabreiroá Photo ofEntre o Balneario e a aldea de Cabreiroá

Itinerary description

Esta é unha ruta fermosa e agradable que pode facer toda a familia. O lugar de comezo é doado, á entrada do Balneario, que sexa inverno ou verán ou calquera outra estación, nos ofrece a millor cara para dar un bo paseo. Á entrada do Balneario temos un cartel onde nos explica a ruta a seguir dentro do recinto do mesmo. Non inventamos nada, o Balneario está alí dende 1906, e cada día está máis bonito (salvo a fábrica, que sen ser molesta, desentona). As diferentes especies de árbores do proxecto do fundador do Balneario, José García Barbón, para facer un xardín botánico, e os propios edificios modernistas de todo o conxunto convirteno nun museo ao aire libre. O primeiro é, por suposto, ir probar a auga mediciñal de Cabreiroá, nun quiosco octogonal, con moitos deixes masónicos, que sempre nos recibe cun silencio case sagrado e o burbullear da auga nos depósitos do manancial. Saíndo do quiosco, temos xusto enfronte o Gran Hotel de Cabreiroá, deseñado polo insigne arquitecto Gulías, e cun aire decimonónico e modernista que nos leva á Belle Epoque, co tranvía tirado por burros, unindo Verín co balneario, e que paraba xusto enfronte da porta do Hotel. Á dereita, no que eran as antiguas cocheiras, hoxe oficinas da empresa embotelladora, hai unha estatua de bronce dun dos máximos valedores do Balneario e amigo persoal de García Barbón, o premio Nobel de Mediciña, Santiago Ramón y Cajal. Dende aquí subiremos un pouco para ver o bonito bosque de piñeiros piñoneiros que eran as delicias dos cativos cando maduraban e caían ao chan. Rodeando todo o Hotel, as diferentes especies arbóreas e a arquitectura modernista nos levan de novo a imaxinar á xente vestida de branco paseando polos mesmos prados que pisamos hoxe.
Ao dar a volta completa ao Balneario e ao Hotel, colleremos pola estradiña paralela ao río ata o Cruceiro do Lavadoiro, entrada natural á aldea. Á esquerda, no alto, hai un outeiro cheo de misterio do que descoñecemos todo salvo que as lendas nos contan que os mouros teñen un pazo soterrado debaixo (ademais dun petróglifo espectacular). Subindo cara a aldea pola parte do outeiro, entramos na parte máis senlleira da mesma, onde temos moitos e bos exemplos de arquitectura popular do val do Támega, que destaca polos seus corredores de madeira que cumpren as funcións que noutros lugares cumpren os hórreos ou cabaceiros. Ademais, podemos ver un muro con moldura, típico de construccións pacegas, aínda que non se vexa un pazo… Baixando, chegaremos á praza da igrexa, onde se fai a festa da aldea. Nesa praza, na ladeira que queda detrás da parada de bus, hai un bo exemplo de escaleiras talladas na propia fraga, a carón duns pendellos vellos que aínda non caíron.
Do outro lado da praciña, máis exemplos moi bos de arquitectura popular, xusto por debaixo do altiño onde está a igrexa parroquial. Este templo, da época barroca, como a maioría da comarca, non é tan impresionante como o é o Pazo Reitoral, hoxe en ruínas. Feito a finais do século XVIII, aínda conserva as grandes columnas do corredor interior e un patio que debía ser a envexa da aldea. Un pouco máis arriba da igrexa, hai varias fontes naturais que surxen en forma de mina. Aínda que queda fora do percorrido da ruta, aconsello perder cinco minutos en velas e buscar formas de fauna pequena que non se ven en moitos lugares.
Baixando xa, no centro da aldea, podemos ver máis exemplos case paradigmáticos da arquitectura popular, ata chegar a unha “mazá” de casas que se asentan no que tradicionalmente se considerou o lugar onde estaba a Torre de Cabreiroá... Só temos novas desta torre de maneira indirecta, e posiblemente hai moitos séculos que desapareceu e esas vivendas ocuparon o seu lugar. Por debaixo da torre hai outra praciña de novo deseño, onde se asenta o local social da aldea, destacando unha construcción vilega, no fondo, moi restaurada nos últimos anos.
Saíndo da praciña e voltando á estrada, un dos elementos que chaman a atención é o cruceiro posto encima da fonte da aldea. É case un icono desta aldea, posto que non hai outro exemplo nin parecido en toda a comarca. Dende alí, baixaremos á Ponte do Lavadoiro, chamada así, evidentemente, porque era o lugar escollido para lavar e raiar a roupa, polos prados que antes a circundaban. A Ponte conserva os dous extremos e dá o ancho perfecto para os carros do país. Conservouse gracias a que a nova ponte retirou o tráfico encima dela, e faltáballe unha remoción para ser un lugar realmente atractivo e non abandonado, como hoxe está. Este paso, esta ponte, é máis importante do que parece, porque é o paso natural (canto máis abaixo, máis lamaguento era o terreo) dos camiños que veñen polo sur do val. Polo tanto, é un candidato perfecto para rastrexar a liña da Via XIV, a Vía romana do Támega, cara a Infestela, o outro lugar onde apareceu, ademais, un miliario, que denota a existencia desta Vía por estes paraxes.
Dende a ponte, voltaremos ao balneario seguindo a liña do río, nun paseo ben agradable que se pode coroar refrescándose de novo no nacente de Cabreiroá, antes de recoller e voltar a casa.

Waypoints

PictographInformation point Altitude 1,486 ft
Photo ofPercorrido dentro do balneario de Cabreiroá

Percorrido dentro do balneario de Cabreiroá

Percorrido dentro do balneario de Cabreiroá

PictographFountain Altitude 1,506 ft
Photo ofBalneario de Cabreiroá Photo ofBalneario de Cabreiroá Photo ofBalneario de Cabreiroá

Balneario de Cabreiroá

Balneario de Cabreiroá

Photo ofGran Hotel de Cabreiroá

Gran Hotel de Cabreiroá

Gran Hotel de Cabreiroá

PictographPhoto Altitude 1,457 ft
Photo ofSantiago Ramón y Cajal

Santiago Ramón y Cajal

Santiago Ramón y Cajal

PictographPhoto Altitude 1,522 ft
Photo ofXardíns de Cabreiroá Photo ofXardíns de Cabreiroá Photo ofXardíns de Cabreiroá

Xardíns de Cabreiroá

Xardíns de Cabreiroá

PictographPhoto Altitude 1,476 ft
Photo ofPrimavera en Cabreiroá

Primavera en Cabreiroá

Primavera en Cabreiroá

PictographPhoto Altitude 1,444 ft
Photo ofCruceiro do Lavadoiro

Cruceiro do Lavadoiro

Cruceiro do Lavadoiro

PictographPhoto Altitude 1,542 ft
Photo ofCasa grande

Casa grande

Casa grande

PictographPhoto Altitude 1,542 ft
Photo ofCasa pacega

Casa pacega

Casa pacega

PictographPhoto Altitude 1,522 ft
Photo ofCasas tradicionais

Casas tradicionais

Casas tradicionais

PictographPhoto Altitude 1,493 ft
Photo ofEscaleiras escavadas en penedo

Escaleiras escavadas en penedo

Escaleiras escavadas en penedo

Photo ofCasa Rectoral

Casa Rectoral

Casa Rectoral

PictographReligious site Altitude 1,516 ft
Photo ofParroquia de Cabreiroá

Parroquia de Cabreiroá

Parroquia de Cabreiroá

PictographPhoto Altitude 1,506 ft
Photo ofEscaleiras da igrexa

Escaleiras da igrexa

Escaleiras da igrexa

Photo ofRectoral traseira

Rectoral traseira

Rectoral traseira

Photo ofCasa tradicional

Casa tradicional

Casa tradicional

PictographPhoto Altitude 1,526 ft
Photo ofCasa tradicional

Casa tradicional

Casa tradicional

Photo ofRestos torre vella Cabreiroá

Restos torre vella Cabreiroá

Restos torre vella Cabreiroá

PictographPhoto Altitude 1,483 ft
Photo ofXardíns

Xardíns

Xardíns

PictographFountain Altitude 1,509 ft
Photo ofFonte con cruceiro

Fonte con cruceiro

Fonte con cruceiro

PictographBridge Altitude 1,424 ft
Photo ofPonte do Lavadoiro Photo ofPonte do Lavadoiro

Ponte do Lavadoiro

Ponte do Lavadoiro

Comments

    You can or this trail