Activity

Entrimo. Fervenzas do Val do Pacín. Castro dos Castelos. Pía da Moura etc.

Download

Trail photos

Photo ofEntrimo. Fervenzas do Val do Pacín. Castro dos Castelos. Pía da Moura etc. Photo ofEntrimo. Fervenzas do Val do Pacín. Castro dos Castelos. Pía da Moura etc. Photo ofEntrimo. Fervenzas do Val do Pacín. Castro dos Castelos. Pía da Moura etc.

Author

Trail stats

Distance
12.35 mi
Elevation gain
2,018 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,018 ft
Max elevation
2,793 ft
TrailRank 
57
Min elevation
1,552 ft
Trail type
Loop
Moving time
4 hours 16 minutes
Time
6 hours 23 minutes
Coordinates
3490
Uploaded
January 26, 2020
Recorded
January 2020
Be the first to clap
2 comments
Share

near Entrimo, Galicia (España)

Viewed 926 times, downloaded 20 times

Trail photos

Photo ofEntrimo. Fervenzas do Val do Pacín. Castro dos Castelos. Pía da Moura etc. Photo ofEntrimo. Fervenzas do Val do Pacín. Castro dos Castelos. Pía da Moura etc. Photo ofEntrimo. Fervenzas do Val do Pacín. Castro dos Castelos. Pía da Moura etc.

Itinerary description

Ruta bastente potente que comeza na área de lecer da Perdices, a onde se chega por unha pista asfaltada dende o lugar da Feiravella, concello de Entrimo (caben outras posibilidades de chegar). Iníciase percorrendo un curto treito do río no sentido da corrente para ver os cachóns e pozas dos Cirolos. Atravesamos a primeira pontella de madeira á que lle faltan as varandas e máis unha peza do taboleiro... Logo falarei máis do tema.
A seguir comezamos unha loga subida que en primeiro lugar nos achega a unha zona de bolos de granito. Impresionantes e suxerentes combinacións de pendos acubillando un castro escavado en parte. É o Castro dos Castelos. Non moito máis adiante chegaremos á Pía da Moura, ao que parece resto dunha torre defensiva medieval. Sexa ou non for, en todo caso é un lugar impresionante de grandes penedos que dominan unha ampla panorámica. Por unha orixinal escada podemos subir (non padecendo de vertixe) á cima do máis alto onde se observan os asentos de antigos perpiaños e unha pía escavada na rocha; supostamente un alxibe.
Continuando a ruta aínda atoparemos outros grandes bolos, como o Penedo das Letras (parece que fito de lindeiros de termos), o da Pingueira... Tras atravesar unha zona máis rasa, chegaremos á área de lecer e capela do San Bieito. Aquí hai unha fonte.
Á hora de seguir a ruta, descubrimos uns avisos de que esta está cortada nunha ponte entre este lugar e Queguas. Arriscando ter que dar volta, continuamos e efectivamente, a ponte (xa moi cerca da aldea de Queguas) está en mal estado, faltando varias travesas do piso así como as varandas que están arrincadas e penduradas. Tendo coidado, pásase pero NON É ACONSELLABLE PASAR POR AQUÍ ata tanto non sexa arranxada. A reflexión que suscita esta avaría así coma a da outra pontella do comezo da ruta, é a escasa cualidade da construción e nulo mantemento. Traducido: presupostos "distraídos", apariencia e foto de venta política, desleixo co común e escaso interese polo país. Cada quen pode opinar...
Pásase axiña por Queguas, unha aldea co tristemente típico despoboamento e abandono dos elementos da aquitectura tradicional, como son os cabaceiros. O mesmo se pode dicir das seguintes: Venceáns e Vilar.
Logo dunha prolongada baixada, temos a posibilidade de achegarnos a outra das fervenzas ou cachóns que divisamos ao longo da ruta: o Pozo Caído. Logo do camiño percorrido e das subidas e baixadas, ir ata esta fervenza é un esforzo que fai dubidar, pero paga a pena ir. Xa estamos moi preto do punto de comezo e fin da ruta.
En xeral: os elementos de interese da ruta xa están enumerados na descrición anterior e son ben deles: paisaxes, formación líticas, restos históricos, arquitectura popular, o río cos seus caedeiros e pozas...
O camiño está limpo, non sendo no tramo entre San Bieito e a ponte de Queguas, aínda que é transitable sen dificultade. A ruta está sinalizada (no treito citado non tanto) pero convén levar GPS.
Pode resultar moi dura para persoas sen preparación. Tén, como se obseva, un notable desnivel acumulado.
Insistir en que no momento actual NON é aconsellable facela, polo estado da ponte. Se a arranxan, entón si que o é.
Existe a posibilidade de facer un percorrido máis curto dende un pouco máis adiante do Penedo da Pingueira. Un waipoint indica o punto. Retornaríase ao punto de iniciio ou ben podería visitarse o Pozo Caído polo lado esquerdo do río. Sería unha rutiña moi asequible.

Waypoints

PictographPicnic Altitude 1,642 ft
Photo ofInicio. 'As perdices' Photo ofInicio. 'As perdices' Photo ofInicio. 'As perdices'

Inicio. 'As perdices'

Área con mesas, moita sombra e piscinas fluviais. Lugar para estacionar.

PictographBridge Altitude 1,738 ft
Photo ofPonte de pau. EN MAL ESTADO Photo ofPonte de pau. EN MAL ESTADO Photo ofPonte de pau. EN MAL ESTADO

Ponte de pau. EN MAL ESTADO

Transitable, polo momento.

PictographWaterfall Altitude 1,567 ft
Photo ofFervenza do Cirolos Photo ofFervenza do Cirolos Photo ofFervenza do Cirolos

Fervenza do Cirolos

PictographIntersection Altitude 1,647 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographPhoto Altitude 1,697 ft
Photo ofBolo

Bolo

PictographIntersection Altitude 1,682 ft
Photo ofDereita (cruce coa estrada)

Dereita (cruce coa estrada)

PictographIntersection Altitude 1,796 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

Pista en reparación neste momento.

PictographPanorama Altitude 1,848 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPhoto Altitude 1,942 ft
Photo ofPedras cabaleiras Photo ofPedras cabaleiras Photo ofPedras cabaleiras

Pedras cabaleiras

PictographIntersection Altitude 1,982 ft
Photo ofDesvío ao Castro dos Castelos.

Desvío ao Castro dos Castelos.

Photo ofCastro Photo ofCastro Photo ofCastro

Castro

PictographIntersection Altitude 2,118 ft
Photo ofDesvío á Pía da Moura

Desvío á Pía da Moura

PictographTree Altitude 2,147 ft
Photo ofPenedos e sobreiras Photo ofPenedos e sobreiras

Penedos e sobreiras

PictographPhoto Altitude 2,178 ft
Photo ofBandeira no penedo Photo ofBandeira no penedo

Bandeira no penedo

Photo ofPía da Moura Photo ofPía da Moura Photo ofPía da Moura

Pía da Moura

Photo ofCuruto Photo ofCuruto Photo ofCuruto

Curuto

Posible asentamento dunha torre defensiva (?)

PictographIntersection Altitude 2,081 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

Photo ofPenedo das Letras Photo ofPenedo das Letras

Penedo das Letras

Posibles marcas delimitadoras de termos.

PictographPhoto Altitude 2,105 ft
Photo ofPenedo da Pingueira Photo ofPenedo da Pingueira Photo ofPenedo da Pingueira

Penedo da Pingueira

PictographIntersection Altitude 2,127 ft
Photo ofDerivación para ruta curta. Seguimos de fronte.

Derivación para ruta curta. Seguimos de fronte.

Á esquerda, posibilidade de retorno ao punto de comezo

PictographIntersection Altitude 2,365 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPicnic Altitude 2,412 ft
Photo ofArea San Bieito Photo ofArea San Bieito Photo ofArea San Bieito

Area San Bieito

PictographIntersection Altitude 2,448 ft
Photo ofDereita Photo ofDereita Photo ofDereita

Dereita

Paneis informativos e aviso de ruta cortada.

PictographWaterfall Altitude 2,503 ft
Photo ofFervenza Photo ofFervenza

Fervenza

Posiblemente estacional

PictographPanorama Altitude 2,792 ft
Photo ofPanorámica de Queguas Photo ofPanorámica de Queguas

Panorámica de Queguas

PictographIntersection Altitude 2,768 ft
Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda

Esquerda

Coincidencia con outra ruta: Vieiro das Mámoas

PictographRisk Altitude 2,629 ft
Photo ofPonte deteriorada. PERIGO Photo ofPonte deteriorada. PERIGO Photo ofPonte deteriorada. PERIGO

Ponte deteriorada. PERIGO

PictographMonument Altitude 2,616 ft
Photo ofMuíño

Muíño

PictographMonument Altitude 2,745 ft
Photo ofQueguas Photo ofQueguas Photo ofQueguas

Queguas

PictographReligious site Altitude 2,748 ft
Photo ofCapela de S. Xoán Photo ofCapela de S. Xoán Photo ofCapela de S. Xoán

Capela de S. Xoán

PictographBridge Altitude 2,593 ft
Photo ofPontón de pedra

Pontón de pedra

PictographIntersection Altitude 2,583 ft
Photo ofCoincidencia coa ruta das Mamoas.

Coincidencia coa ruta das Mamoas.

PictographMonument Altitude 2,657 ft
Photo ofAldea Venceáns Photo ofAldea Venceáns Photo ofAldea Venceáns

Aldea Venceáns

PictographReligious site Altitude 2,701 ft
Photo ofIgrexa de San Tomé de Venceáns. Photo ofIgrexa de San Tomé de Venceáns. Photo ofIgrexa de San Tomé de Venceáns.

Igrexa de San Tomé de Venceáns.

PictographIntersection Altitude 2,619 ft
Photo ofDe fronte

De fronte

Non seguir pola esquerda

PictographMonument Altitude 2,473 ft
Photo ofAldea Vilar

Aldea Vilar

PictographIntersection Altitude 2,331 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographIntersection Altitude 1,692 ft
Photo ofDesvío ao Pozo Caído.

Desvío ao Pozo Caído.

PictographWaterfall Altitude 1,827 ft
Photo ofPozo Caído Photo ofPozo Caído Photo ofPozo Caído

Pozo Caído

Fervenza no Río da Montaña, ou Pacín, e nun regueio pola dereita daquel.

Comments  (2)

  • Photo of lediciaip
    lediciaip Jul 28, 2020

    Moitisimas grazas pola descrición da ruta, foinos de gran axuda. O pozo caido xenial!

  • Photo of Tío_Pepe
    Tío_Pepe Jul 31, 2020

    Alégrame moito que che fose útil. Moitas grazas polo teu comentario.

You can or this trail