near Leiro, Galicia (España)
Viewed 58 times, downloaded 1 times
Itinerary description
Esteiro do Ulla e a sus contorna.
Waypoints
Herba da Pampa ou Cortadeira (Tremendamente invasora).
Cartaz instructivo sobre as aves da Ría de Arousa.
Calvario no Illote das Tres Cruces.
Cartaz informativo do Estuario do Río Ulla.
Viaduto do tren e ponte de Catoira.
Aldeia de Quintáns e Cabo do Cepo.
Muiño e Lavadoiro en Quintáns.
Cruceiro da Punta do Cabo (Torto).
A viña lista para vendimiar.
Cruceiro na aldeia de Sestelo.
Casa da República en Sestelo.
Igrexa de Santa María de Isorna.
Igrexa e Cemiterio de Santa María de Isorna.
Peto de Ánimas en Isorna.
Esta ruta é un alongamento da ruta co título "Leiro" feita por Raúl Pérez.
Parte de un punto na estrada DP-3301 por unha corredoira entre a fraga que nos leva direitamente á beiramar do río Ulla, no seu esteiro, camiñando un bon treito por ele até chegar a aldeia de Quintáns.
Atravesamos a devandita aldeia e chegamos a Punta do Cabo con unhas olladas impresionantes do esteiro do Río Ulla. Bordeando Quintáns e cruzando a estrada xa comentada toparemos con os lugares de Sestelo e Isorna para logo voltar a estrada e por ela chegar ao punto de partida.
A ter en conta:
Esta ruta non se pode facer en marea chea xa que pode estar anegado algún treito de beiramar e seria preciso atopar alternativas, que de certo hainas.
Dende que deixamos beiramar, os treitos fas aldeias e a volta ao punto de partida e sempre por estradas de chapapote, lo ten unha parte moi belida por corredoiras e sendeiros entre fragas el beiramar, e a outra por estradas que faise menos interesante.
A destaque:
As olladas sobre o Esteiro do Río Ulla, O Calvario no Illote das Tres Cruces, O Cruceiro da Punta do Cabo, varios cureceiros polo camiño, A Escola de Quintáns, A Casa da República en Sestelo, A Igrexa de Santa María de Isorna e o Peto de Ánimas de Isorna.
Ruta NON señailzada, precidades de GPS.
Bó camiño.