Activity

Fervenza das Brañas PR-G 166 (Toques)

Download

Trail photos

Photo ofFervenza das Brañas PR-G 166 (Toques) Photo ofFervenza das Brañas PR-G 166 (Toques) Photo ofFervenza das Brañas PR-G 166 (Toques)

Author

Trail stats

Distance
4.4 mi
Elevation gain
738 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
738 ft
Max elevation
2,106 ft
TrailRank 
34
Min elevation
1,583 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 6 minutes
Time
3 hours 6 minutes
Coordinates
1265
Uploaded
February 5, 2023
Recorded
February 2023
Share

near Paradela, Galicia (España)

Viewed 69 times, downloaded 1 times

Trail photos

Photo ofFervenza das Brañas PR-G 166 (Toques) Photo ofFervenza das Brañas PR-G 166 (Toques) Photo ofFervenza das Brañas PR-G 166 (Toques)

Itinerary description

Ruta atractiva na que o máis salientable é a fermosa fervenza que forma o río Furelos, afluente do Ulla.
Partimos da área recreativa do río Furelos (non confundir con outra do mesmo nome que hai no veciño concello de Melide) e pillamos á esquerda, sen cruzar a ponte( por aí voltaremos) xa que nos parece máis asequible así o traxecto para logo baixar e non subir unha costa cun desnivel importante que hai ao pé da aldea de Prados.
Grazas a que levábamos uns guías excepcionais( xente da zona) poidemos ver ao pouco no río os chamados "pasos da ra" ( pedras que antes eran empregadas para cruzar o río)
Chegamos á fervenza que é espectacular, sobre todo en época de chuvias e vemos un muíño a medio restaurar ao pé da mesma.
Despois, tamén poidemos coñecer os chamados " Pasos da Rega" desviándonos da ruta uns metros. Estes pasos, fóra da ruta oficial, son unhas antigas pontes de pedras por onde no pasado cruzaban por derriba dun rego carros e xente. Están pontes ( son dúas case pegadas) están nun fermoso entorno e é unha pena que non estean sinalizadas e que o camiño que leva a elas non estea acondionado, xa que tivemos que cruzar polo prado que hai ao pé.
Pasamos despois pola Serra do Careón, de moderada altitude e dende onde temos boas vistas.
Achegámonos tamén, xa moi cerca da aldea de Prados, a ver unha pequena fonte que hai no medio dunha carballeira.
A partires da aldea de Prados, descendemos ata atopar de novo o río Furelos, cruzamos unha ponte e chegamos de novo ao punto de inicio.

View more external

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 1,647 ft
Photo ofPasos da ra

Pasos da ra

Pedras grandes que se colocaban para poder cruzar o río

PictographWaypoint Altitude 1,873 ft
Photo ofFervenza de Brañas.

Fervenza de Brañas.

Ao pé da fervenza vemos un muíño de titularidade privada a medio restaurar. É o "muíño da fervenza" que funcionou ata a década dos 70 do S. XX e tiña moita fama xa que viña moita xente moer a el debido a que moía o gran de xeito moi fino.

PictographWaypoint Altitude 1,986 ft
Photo ofPasos da Rega

Pasos da Rega

Fóra da ruta oficial e que no noso entender deberan formar parte dela. Nós poidemos coñecer este lugar grazas aos guías de excepción que levamos, coñecedores a fondo da zona. Son unhas pontes de pedra moi antigas que cruzan un rego e sitúanse non entorno moi fermoso. Tamén o camiño que a elas leva sería precioso se estivese acondicionado.

PictographWaypoint Altitude 2,076 ft
Photo ofSerra do Careón

Serra do Careón

É de moderada altitude(798m.) e cunhas características especiais de gran interese xeolóxico. É un espazo natural protexido como Lugar de Importancia Comunitaria ( LIC)

PictographWaypoint Altitude 2,015 ft
Photo ofFonte

Fonte

Fonte moi rústica no medio dunha carballeira. Tamén fóra da ruta homologada.

PictographWaypoint Altitude 2,092 ft
Photo ofPrados

Prados

É unha aldea que pertence á parroquia de Paradela

PictographWaypoint Altitude 1,964 ft
Photo ofObservatorio de aves

Observatorio de aves

PictographWaypoint Altitude 1,609 ft
Photo ofÁrea recreativa do río Furelos

Área recreativa do río Furelos

Comments

    You can or this trail