Activity

Fragas do Navea e Pena Folenche (S. Xoán de Río e Trives)

Download

Trail photos

Photo ofFragas do Navea e Pena Folenche (S. Xoán de Río e Trives) Photo ofFragas do Navea e Pena Folenche (S. Xoán de Río e Trives) Photo ofFragas do Navea e Pena Folenche (S. Xoán de Río e Trives)

Author

Trail stats

Distance
9.92 mi
Elevation gain
2,011 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,011 ft
Max elevation
2,906 ft
TrailRank 
51
Min elevation
2,191 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 10 minutes
Time
6 hours 9 minutes
Coordinates
1945
Uploaded
October 4, 2020
Recorded
October 2020
Be the first to clap
Share

near Xunqueira, Galicia (España)

Viewed 259 times, downloaded 15 times

Trail photos

Photo ofFragas do Navea e Pena Folenche (S. Xoán de Río e Trives) Photo ofFragas do Navea e Pena Folenche (S. Xoán de Río e Trives) Photo ofFragas do Navea e Pena Folenche (S. Xoán de Río e Trives)

Itinerary description

Percorrido moi atractivo polas fragas e aldeas do val do Navea.
Comezamos xunto ao miradoiro da Ponte Navea, nun tramo antigo da OU-536. O motivo de comezar aquí e o de rematar en baixada. Feita seguindo esta: https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pena-folenche-ponte-navea-a-fraga-pena-folenche-17397868
De primeiras, andamos por un camiño ampro e paralelo ao río para comezar logo a subir, atravesar a OU-536, e ascender cara as aldeas de San Xulián, Mouruás, Domecelle e por último a capital municipal, San Xoán de Río. En xeral estas aldeas mostran un alto grao de despoboamento pero están bastante coidadas e teñen fermosos recantos.
Comeza logo o descenso pola fraga, coincidindo precisamente coa Ruta da Fraga, e seguindo a continuación cara ao río Navea, preto do punto de comezo. Unha vez atravesado o Navea pola ponte antiga da estrada OU-536 comezamos unha dura subida polo monte complicada por un trebón. NON É ACONSELLABLE subir por aquí en días de mal tempo. En días bos sería máis doado porque a vexetación non é moi mesta debido a que as árbores non deixan medrar mato debaixo. Alcanzamos unha pista que conduce aos sequeiros e á aldea de Pena Folenche. Esa mesma pista é a que utilizaremos para a baixada ata a Ponte Romana do Navea, o punto de inicio/fin.
Os sequeiros (construcións para secar as castañas e tamén residencia temporal dos colledores) son ben bonitos e algúns de bo tamaño. Están en estado de ruína progresiva; unha mágoa.
Pena Folenche está nun alto e nun bolo de grandes dimensións que a coroa hai un miradoiro con vistas sobre un amplo territorio, aínda que neste día non se alcanza a ver moi lonxe polas choiva e a nubes baixa. (Motivo para unha nova ruta pola zona...)
Como queda apuntado, gran parte da ruta transcorre por soutos de castiñeiros e touzas de carballos. Resulta polo tanto acaída para días de moito sol pero tamén para días de choiva porque os camiños están limpos (ou transitables). Os soutos que imos vendo son de gran beleza, aínda que o abandono fai facendo prea neles...
A súa certa "dificultade" ven dada polos desniveis acumulados. Porén é accesible para calquera persoa cunha preparación e forma física media. Cada quen que decida por si, claro.
Recomendo esta ruta.
Aclaración: como se pode sospeitar doadamente, o GPS ou a aplicación fallaron en varios puntos.

Waypoints

PictographCar park Altitude 2,476 ft
Photo ofMiradoiro da Ponte Navea Photo ofMiradoiro da Ponte Navea Photo ofMiradoiro da Ponte Navea

Miradoiro da Ponte Navea

A carón dunha antiga pousada de estrada, datada en 1874

PictographLake Altitude 2,518 ft
Photo ofEncoro da Guístolas Photo ofEncoro da Guístolas Photo ofEncoro da Guístolas

Encoro da Guístolas

PictographIntersection Altitude 2,635 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographIntersection Altitude 2,847 ft
Photo ofDereita Photo ofDereita Photo ofDereita

Dereita

Polo lado esquerdo doutro mesón de estrada.

PictographIntersection Altitude 2,960 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographMonument Altitude 3,065 ft
Photo ofSan Xulián Photo ofSan Xulián

San Xulián

PictographIntersection Altitude 3,069 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographIntersection Altitude 3,221 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

O waypoint está desprazado polo mal funcionamento da ubicación pero non tén dificultade deducir o cruce de camiño do que se trata.

PictographMonument Altitude 3,068 ft
Photo ofMouruás, esquerda Photo ofMouruás, esquerda Photo ofMouruás, esquerda

Mouruás, esquerda

PictographMonument Altitude 2,976 ft
Photo ofDomecelle Photo ofDomecelle Photo ofDomecelle

Domecelle

PictographReligious site Altitude 2,957 ft
Photo ofCapela de San Antonio Photo ofCapela de San Antonio Photo ofCapela de San Antonio

Capela de San Antonio

PictographReligious site Altitude 2,985 ft
Photo ofIgrexa e casa(za) do cura. San Xoán de Río. Photo ofIgrexa e casa(za) do cura. San Xoán de Río. Photo ofIgrexa e casa(za) do cura. San Xoán de Río.

Igrexa e casa(za) do cura. San Xoán de Río.

PictographIntersection Altitude 3,000 ft
Photo ofEsquerda. Ruta da Fraga.

Esquerda. Ruta da Fraga.

PictographIntersection Altitude 2,808 ft
Photo ofDereita

Dereita

Trazado un pouco distante da realidade...

PictographPanorama Altitude 2,833 ft
Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro Photo ofMiradoiro

Miradoiro

PictographTree Altitude 2,916 ft
Photo ofSouto

Souto

PictographIntersection Altitude 2,929 ft
Photo ofEsquerda (cara abaixo!) Photo ofEsquerda (cara abaixo!)

Esquerda (cara abaixo!)

PictographIntersection Altitude 2,759 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographIntersection Altitude 2,734 ft
Photo ofEsquerda, silvas

Esquerda, silvas

O camiño non está rozado, pero é transitable. Fallos do GPS.

PictographBridge Altitude 2,470 ft
Photo ofPonte e xiro dereita Photo ofPonte e xiro dereita

Ponte e xiro dereita

PictographRisk Altitude 2,390 ft
Photo ofCanle. Subida pola parte esquerda, en que se enterra a condución de auga.

Canle. Subida pola parte esquerda, en que se enterra a condución de auga.

Comeza a subida polo monte.

PictographRisk Altitude 2,411 ft
Photo ofMonte a través.

Monte a través.

Subida polos carreiros do xabarín. EVITAR!

PictographWaypoint Altitude 2,691 ft
Photo ofPista

Pista

Comeza o treito común coa baixada posterior. (E mellor sería facer a subida polo mesmo camiño de baixada)

Photo ofSequeiros Photo ofSequeiros Photo ofSequeiros

Sequeiros

PictographPanorama Altitude 2,987 ft
Photo ofPena Folenche Photo ofPena Folenche Photo ofPena Folenche

Pena Folenche

PictographWaypoint Altitude 2,726 ft
Photo ofConfluencia coa Ruta dos Sequeiros.

Confluencia coa Ruta dos Sequeiros.

PictographIntersection Altitude 2,661 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographBridge Altitude 2,414 ft
Photo ofPonte Navea Photo ofPonte Navea

Ponte Navea

Comments

    You can or this trail