Activity

Gabín (polo Bidueiral) ao alto do San Mamede. Montederramo

Download

Trail photos

Photo ofGabín (polo Bidueiral) ao alto do San Mamede. Montederramo Photo ofGabín (polo Bidueiral) ao alto do San Mamede. Montederramo Photo ofGabín (polo Bidueiral) ao alto do San Mamede. Montederramo

Author

Trail stats

Distance
13.09 mi
Elevation gain
2,313 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,313 ft
Max elevation
5,282 ft
TrailRank 
57
Min elevation
3,192 ft
Trail type
Loop
Moving time
4 hours 51 minutes
Time
6 hours 4 minutes
Coordinates
3708
Uploaded
July 30, 2020
Recorded
July 2020
Be the first to clap
Share

near Gabín, Galicia (España)

Viewed 234 times, downloaded 14 times

Trail photos

Photo ofGabín (polo Bidueiral) ao alto do San Mamede. Montederramo Photo ofGabín (polo Bidueiral) ao alto do San Mamede. Montederramo Photo ofGabín (polo Bidueiral) ao alto do San Mamede. Montederramo

Itinerary description

Unha desas rutas que "hai que facer"... Subida do San Mamede polo bidueiral de Gabín, ou o que a destrución humana vai deixando del. Fermosas paisaxes, malia a dor polas feridas dos lumes no monte.
Comezamos en Gabín para axustar a distancia a unha cifra razoábel. Arrincamos onda a igrexa e axiña nos internamos polas corredoiras erosionadas co paso do tempo, das rodas dos carros e as pisadas de persoas e animais. Despois duns dous quilómetros de subida moderada e constante chegamos a unha pista que nos leva en chairo ata a área de lecer do Campo do Casar. Nun punto desta pista atopamos un cartel que no explica un estraño fenómeno que observamos na paisaxe: resulta ser unha mina romana. Máis adiante comezamos a internarnos na fraga de bidos, bidueiros ou bedulos, que de todas esas maneiras coñecemos a estas fermosas árbores.
Atravesamos o sombrizo bidueiral por camiños e pistas ata, na saída, coller unha devasa corta-lumes bastante pina que nos vai levar ata a cima practicamente (no último treito rodeamos o curuto por unha pista menos costenta).
Dende a cima podemos contemplar unha panorámica impresionante de gran parte da provincia ourensá. De paso, vemos a capela (sen especial mérito arquitectónico pero abraiante, cuberta pola neve nesa foto que podemos atopar na internet).
A baixada comeza por unha devasa de pendente moi forte con algunha pequena suba que desgusta ben as pernas... Alcanzamos o punto onde, na subida, entraramos no bidueiral (a ruta ten forma de 8, pois) e continuamos a baixada por entre terreos de monte, bosque oportunista, e logo pradarías. Pasamos preto da aldea de Fontedoso e só queda continuar camiñando ata o punto de partida.
(Se é boa época para elo, existe a posibilidade de ir á área de lecer da Palloza, nas proximidades de Montederramo, tomar un baño e merendar na zona acondicionada).
Como colofón, visita ao mosteiro. A igrexa é visitable (Oficina de Turismo do Concello).
A ruta, polo descrito, ten unha dureza entre moderada e difícil, polo desnivel. Os camiños están despexados e discorre por terra na case totalidade. Hai fonte no Bidueiral, na subida, pero queda a criterio de cadaquén coller auga sen tratar ou non nela. Hai tamén outra fontela preto da cima, a Fonte do Santo, que ten pinta de valer para un apuro.
Ruta recomendada para días de bo tempo sen demasiada calor nin ventosos. Con neve é espectacular pero non está ao alcance de calquera, aviso.

Waypoints

PictographCar park Altitude 3,446 ft
Photo ofGabín. Comezo Photo ofGabín. Comezo Photo ofGabín. Comezo

Gabín. Comezo

PictographMountain hut Altitude 3,349 ft
Photo ofAlbergue (sen máis datos)

Albergue (sen máis datos)

Antiga escola.

PictographIntersection Altitude 3,375 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPhoto Altitude 3,495 ft
Photo ofCanella

Canella

PictographIntersection Altitude 3,960 ft
Photo ofDereita. Pista

Dereita. Pista

PictographPanorama Altitude 3,994 ft
Photo ofPanorámica do San Mamede Photo ofPanorámica do San Mamede Photo ofPanorámica do San Mamede

Panorámica do San Mamede

PictographMine Altitude 4,036 ft
Photo ofMina Photo ofMina Photo ofMina

Mina

PictographPicnic Altitude 4,121 ft
Photo ofCampo do Casar Photo ofCampo do Casar Photo ofCampo do Casar

Campo do Casar

PictographIntersection Altitude 4,309 ft
Photo ofEsquerda Photo ofEsquerda

Esquerda

Punto de tanxencia do "8" que fai a ruta.

PictographIntersection Altitude 4,317 ft
Photo ofDevasa. De fronte Photo ofDevasa. De fronte

Devasa. De fronte

PictographIntersection Altitude 4,289 ft
Photo ofDereita

Dereita

PictographIntersection Altitude 4,320 ft
Photo ofPista

Pista

Cara a esquerda...

PictographIntersection Altitude 4,365 ft
Photo ofDevasa, dereita

Devasa, dereita

Comezo da suba dura.

PictographPhoto Altitude 4,607 ft
Photo ofMáquina facendo devasa, ou así... Photo ofMáquina facendo devasa, ou así... Photo ofMáquina facendo devasa, ou así...

Máquina facendo devasa, ou así...

PictographFountain Altitude 5,141 ft
Photo ofFonte do Santo Photo ofFonte do Santo

Fonte do Santo

Antes de morrer de sede! Non está acondicionada pero, se compre, ten pinta de ser boa.

PictographSummit Altitude 5,260 ft
Photo ofSan Mamede Photo ofSan Mamede Photo ofSan Mamede

San Mamede

PictographDoor Altitude 4,169 ft
Photo ofPaso canadiano Photo ofPaso canadiano

Paso canadiano

PictographMonument Altitude 3,389 ft
Photo ofFontedoso

Fontedoso

Comments

    You can or this trail