Activity

Galiñeiro e presa de Zamáns dende Seoane (parada Vitrasa)

Download

Trail photos

Photo ofGaliñeiro e presa de Zamáns dende Seoane (parada Vitrasa) Photo ofGaliñeiro e presa de Zamáns dende Seoane (parada Vitrasa) Photo ofGaliñeiro e presa de Zamáns dende Seoane (parada Vitrasa)

Author

Trail stats

Distance
6.74 mi
Elevation gain
1,755 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,663 ft
Max elevation
2,249 ft
TrailRank 
51
Min elevation
820 ft
Trail type
One Way
Time
5 hours
Coordinates
2103
Uploaded
November 12, 2017
Recorded
November 2017
Be the first to clap
Share

near Vincios, Galicia (España)

Viewed 351 times, downloaded 5 times

Trail photos

Photo ofGaliñeiro e presa de Zamáns dende Seoane (parada Vitrasa) Photo ofGaliñeiro e presa de Zamáns dende Seoane (parada Vitrasa) Photo ofGaliñeiro e presa de Zamáns dende Seoane (parada Vitrasa)

Itinerary description

Variante sobre a ruta do PRG 1, ruta do Galiñeiro, seguindo dende o cumio norte ata o vértive xeodésico e rodeando boa parte da presa de Zamáns despois de pasar polo muíño das Maquías. Ruta realizada por un bo grupo de mozos e mozas da Residencia Xuvenil Altamar (Vigo).
A ruta foi pensada empregando a liña de Vitrasa L7 para comezar e rematar en diferentes puntos, tanto un como o outro coincidentes con paradas desta liña.
Baixamos do autobús en Seoane e descendemos cara á estrada de Vincios (O Porriño-Gondomar) onde enlazamos co PRG 1. A presenza da autoestrada agora obriga a transitar aproximadamente por dous quilómetros de asfalto ata comezar, por fin, a pisar monte... arrasado polo terrible incendio de outubro. Dá xenio ver o monte así, pero aínda impresiona máis, se cabe, non sentir a presenza de ningún ser vivo.
A partir da fonte do prado faise difícil seguir o que queda das sinalizacións da ruta, así que ascendemos polo cauce seco dun rego e logo improvisamos camiño para chegar ao merendeiro. Do merendeiro ao cumio o mesmo, todo arrasado polo lume, os arredores do refuxio e ata o monte baixo que chega ao pé do cumio norte (as Gallas ou mesmo os Forcados, sinónimos que temos oído como denominación deste cumio pola súa apertura en forma de Y).
O día anubrado non nos permitiu albiscar a parte máis elevada da Barbanza ao norte, nin o Faro de Avión ao leste (NE), pero a panorámica sobre Baiona, Monteferro, as Cíes, Ons... é realmente espectacular. Cara ao interior, o Galleiro e o Faro de Budiño perfectamente visibles.
Deixamos o PRG para asomarnos á lomba do Raposo (a "Botella"), vértice xeodésico no que se atopa o punto máis elevado da serra, e descendemos polo pedreiro ata conectar novamente coa ruta sinalizada. Nesta parte consérvanse ben visibles as sinalizacións da ruta e fomos avanzando entre os restos de vexetación consumidos polo incendio ata poucos metros antes do muíño das Maquías, que se librou das lapas por pouco (e probablemente por estar rodeado de frondosas). Foto de grupo no fermoso muíño e a rodear o encoro.
A presa de Zamáns atopámola a menos do 50% da súa capacidade, cando apenas hai cinco meses estaba ao 100%... Rodeámola ata a pontella de madeira sobre o río Amial ou Zamáns e de aí saímos á estrada xeral xustamente fronte a outra parada da mencionada liña 7 de Vitrasa.

Waypoints

PictographBus stop Altitude 224 ft

Seoane (parada Vitrasa L7)

PictographFountain Altitude 1,966 ft
Photo ofFonte Photo ofFonte Photo ofFonte

Fonte

PictographPicnic Altitude 2,248 ft
Photo ofMerendeiro Photo ofMerendeiro Photo ofMerendeiro

Merendeiro

PictographSummit Altitude 3,051 ft
Photo ofCumio Galiñeiro norte (As Gallas) Photo ofCumio Galiñeiro norte (As Gallas) Photo ofCumio Galiñeiro norte (As Gallas)

Cumio Galiñeiro norte (As Gallas)

PictographSummit Altitude 3,120 ft
Photo ofCumio Galiñeiro (vértice xeodésico). Lomba do Raposo Photo ofCumio Galiñeiro (vértice xeodésico). Lomba do Raposo Photo ofCumio Galiñeiro (vértice xeodésico). Lomba do Raposo

Cumio Galiñeiro (vértice xeodésico). Lomba do Raposo

PictographWaypoint Altitude 1,099 ft
Photo ofMuíño das Maquías Photo ofMuíño das Maquías Photo ofMuíño das Maquías

Muíño das Maquías

PictographLake Altitude 1,188 ft
Photo ofPresa de Zamáns Photo ofPresa de Zamáns

Presa de Zamáns

PictographBridge Altitude 1,178 ft
Photo ofPontella de madeira (río Amial ou Zamáns)

Pontella de madeira (río Amial ou Zamáns)

PictographSummit Altitude 2,292 ft

Coto Mediodía

PictographSummit Altitude 2,529 ft

Arruídos (Galiñeiro sur)

Comments

    You can or this trail