Activity

Glaciarismo en Chaguazoso. Vilariño de Conso.

Download

Trail photos

Photo ofGlaciarismo en Chaguazoso. Vilariño de Conso. Photo ofGlaciarismo en Chaguazoso. Vilariño de Conso. Photo ofGlaciarismo en Chaguazoso. Vilariño de Conso.

Author

Trail stats

Distance
5.98 mi
Elevation gain
466 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
466 ft
Max elevation
4,607 ft
TrailRank 
54
Min elevation
4,211 ft
Trail type
Loop
Moving time
2 hours 20 minutes
Time
3 hours 45 minutes
Coordinates
1757
Uploaded
September 4, 2022
Recorded
September 2022
Be the first to clap
Share

near Chaguazoso, Galicia (España)

Viewed 160 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofGlaciarismo en Chaguazoso. Vilariño de Conso. Photo ofGlaciarismo en Chaguazoso. Vilariño de Conso. Photo ofGlaciarismo en Chaguazoso. Vilariño de Conso.

Itinerary description

Camiñada organizada dentro do programa "Coñece e Saborea (Vilariño)" do GDR Sil-Bibei-Navea. Comeza na aldea de Chaguazoso para dirixirse cara a zona do val glaciario asolada polo encoro do río Conselo ou da Cenza. O itinerario segue un camiño rural, primeiro entre algunha terras labradas e logo por medio de monte baixo.
Xa dende o primeiro momento impresiona a morena frontal da lingua glaciaria aos pés da cal está a aldea. É preciso estar avisad@s de que esta montaña penedía é unha morena constituída polos materiais (terra, pedras e enormes bloques de rocha) que o glaciar arrastrou ata este punto, que constituía o seu límite.
En todo o resto do percorrido imos atopando penedos erráticos deixados polo casquete glaciario por todas as partes. Aquí compréndese ben (sobre todo se é unha visita interpretativa) o proceso de acumulación, erosión, transporte de materiais, modelado do relevo, etc. que a enorme masa de xeo produciu na zona. Calcúlanse linguas de 8 quilómetros e espesores de centos de metros de xeo.
Nalgún punto atopamos as lagoas (nesta época secas) do Bidual. Toda esta zona é moi húmida e con chan brañento. Pasamos cerca do novo "curro" de Mormentelos (o orixinal está somerxido no encoro) e seguidamente alcanzamos a pista que bordea todo o lago artificial . Pasamos a carón da presa e collemos un camiño de volta a Chaguazoso. Nesta parte están os restos, bastante erosionados, dun curioso foxo do lobo en forma de cruz, ou aspa. Na intersección das dúas liñas de paredes está o foxo no que se pretendía cazar os lobos (incluído un lendario "lobo da xente", muller transformada en lobo que tería producido varias mortes na aldea).
Seguindo o camiño pasamos pola impresionante acumulación de penedos da morena e chegamos ao punto de partida.
Non debe deixarse de dar un paseo polo lugar para admirar a boa construción e grandura das casas. Hoxe xa non quedan os admirables (e utilitarios) teitos de colmo. Unha mágoa dende o punto de vista estético e mesmo cultural pero un avance na comodidade e seguranza dos habitantes (non se precisa cambiar a cubrición cada tantos anos e non ten tanto perigo de incendio...)
As panorámicas son lonxincuas, dende a Serra de Queixa inmediata ata a Trevinca na parte oposta. A vexetación é característica de alta montaña, con predominio do monte baixo.
A ruta é moi doada de facer, mesmo con crianzas. Non é unha ruta marcada; mellor usar un GPS para seguila, aínda que non é un itinerario difícil. Haberase de ter en conta a climatoloxía por ser unha zona alta e descuberta.
Nesta ocasión, a camiñada completábase cunha degustación de produtos culinarios da comarca (unha deliciosa selección) e posterior visita o Museo Etnográfico local. Unha xeira moi gratificante e completa, certamente!

Waypoints

PictographPhoto Altitude 4,241 ft
Photo ofChaguazoso Photo ofChaguazoso Photo ofChaguazoso

Chaguazoso

PictographFountain Altitude 4,241 ft
Photo ofFonte. Photo ofFonte.

Fonte.

Neste momento, sen auga.

PictographPanorama Altitude 4,539 ft
Photo ofA Veiga de Baixo Photo ofA Veiga de Baixo Photo ofA Veiga de Baixo

A Veiga de Baixo

PictographPanorama Altitude 4,559 ft
Photo ofEncoro Photo ofEncoro

Encoro

PictographLake Altitude 4,534 ft
Photo ofLagoas do Bidual Photo ofLagoas do Bidual

Lagoas do Bidual

Neste momento, secas. Non son permanentes.

PictographLake Altitude 4,395 ft
Photo ofEncoro do Cenza Photo ofEncoro do Cenza Photo ofEncoro do Cenza

Encoro do Cenza

PictographPhoto Altitude 4,412 ft
Photo ofPresa Photo ofPresa

Presa

PictographInformation point Altitude 4,252 ft
Photo ofCartaz e área de lecer... Photo ofCartaz e área de lecer...

Cartaz e área de lecer...

Desbaldemento de cartos...

PictographRuins Altitude 4,239 ft
Photo ofFoxo do lobo Photo ofFoxo do lobo Photo ofFoxo do lobo

Foxo do lobo

PictographMonument Altitude 4,295 ft
Photo ofMorena frontal glaciaria. Photo ofMorena frontal glaciaria. Photo ofMorena frontal glaciaria.

Morena frontal glaciaria.

PictographPanorama Altitude 4,325 ft
Photo ofChaguazoso Photo ofChaguazoso Photo ofChaguazoso

Chaguazoso

PictographMonument Altitude 4,230 ft
Photo ofForno

Forno

Comments

    You can or this trail