Activity

Guntín 2: Val do río Ferreira (Guntín e Portomarín)

Download

Trail photos

Photo ofGuntín 2: Val do río Ferreira (Guntín e Portomarín) Photo ofGuntín 2: Val do río Ferreira (Guntín e Portomarín) Photo ofGuntín 2: Val do río Ferreira (Guntín e Portomarín)

Author

Trail stats

Distance
8.53 mi
Elevation gain
1,467 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,453 ft
Max elevation
1,789 ft
TrailRank 
56 4.3
Min elevation
1,253 ft
Trail type
Loop
Coordinates
940
Uploaded
June 18, 2010
Recorded
June 2010
  • Rating

  •   4.3 2 Reviews
Be the first to clap
8 comments
Share

near Guntín, Galicia (España)

Viewed 5464 times, downloaded 121 times

Trail photos

Photo ofGuntín 2: Val do río Ferreira (Guntín e Portomarín) Photo ofGuntín 2: Val do río Ferreira (Guntín e Portomarín) Photo ofGuntín 2: Val do río Ferreira (Guntín e Portomarín)

Itinerary description

Ruta que percorre unha zona moi fermosa dos concellos de Guntín e Portomarín, o val do río Ferreira. Ademais pasa por varias aldeas e pontes, entre eles a Ponte Cabalar, o castro de San Vicente de Vilamerelle, o mosteiro de Ferreira de Pallares e a igrexa de Vilamerelle (concello de Guntín) e a igrexa de Vilaxuste (concello de Portomarín).
A ruta comeza xunto a piscina pública de Guntín, no extremo oeste do mapa, o sinal de comezo que aparece está equivocado, e continúa pola beira do río sen cruzalo seguindo o paseo cementado(!!) que pasa polo muíño de Ferreira e chega ata a ponte Cabalar. Nalgúns textos sinálase a esta ponte como pertencente á Vía Romana de Lucus Augusti a Aquis Querquennis (no Xurés), pero non está claro que así sexa. A ruta cruza o río e continúa por unha corredoira paralela á estradiña que nos leva de volta ao río, xa que este fai un pronunciado meandro. A partir de aquí entramos no concello de Portomarín e empezaremos a atopar un dos problemas da parte inicial desta ruta: a vexetación existente nalgunha das corredoiras. Estas corredoiras son moi visibles e moi fermosas pero o grao de abandono fai que nalgún caso sexa complicado avanzar e noutros imposible. Por sorte sempre se pode seguir por algún prado.
Crúzase o rego da Lagoa por unha ponte artesanal e a partir de aquí o camiño sepárase do río para chegar a Vilaxuste. Inda que non sería necesario atravesar o pobo non queda máis remedio que facelo porque o camiño está tapado. Séguese por unha pista asfaltada ata Vilar e de alí a Domez. A Domez pode chegarse pola pista asfaltada ou pola variante escollida que atravesa un souto e logo segue por corredoiras ata este pequeno pobo. Alí outra pontella sobre o rego de León e seguindo xa a beira do río Ferreira atravesámolo por unha ponte bastante ampla e volvemos ao concello de Guntín. Logo á esquerda subindo ata o lugar de Frameán. Ao chegar ás vivendas hai unha cancela no camiño pero que non hai problema en abrir (e volver a pechar!!) xa que só é para impedir o paso de animais como nos informou o dono. O camiño rodea ás vivendas por riba e segue subindo ata chegar ao castro de San Vicente de Vilamerelle. Este castro está sen excavar pero poderemos apreciar murallas cunha altura de ata 5 metros. A continuación seguimos ata o lugar de Vilamerelle onde está a igrexa parroquial. Desde aquí por pistas asfaltadas primeiro e logo por pistas sen asfaltar, chegaremos a Ferreira de Pallares onde poderemos visitar o Mosteiro. Xusto antes hai unha fonte na que a pila é un sartego antropomorfo medieval. Desde Ferreira pode chegarse a Guntín por asfalto ou por camiños sen asfaltar.
Realizada en xuño de 2010 por Jesús e Jose. O grao de dificultade "Moderado" é pola vexetación, senón pode considerarse "Fácil" xa que ten moi poucos desniveis e transcorre por corredoiras e pistas sen dificultades.

Outras rutas da zona:
Mámoas en Guntín

Waypoints

Photo of01 Muíño de Ferreira

01 Muíño de Ferreira

17-JUN-10 16:33:13

Photo of02 Ponte Cabalar. Río Ferreira

02 Ponte Cabalar. Río Ferreira

17-JUN-10 16:43:17

PictographHiking Altitude 1,275 ft
Photo of03 Ponte artesanal. Rego da Lagoa

03 Ponte artesanal. Rego da Lagoa

17-JUN-10 17:11:47

Photo of04 Vilaxuste

04 Vilaxuste

17-JUN-10 17:37:16

PictographHiking Altitude 1,579 ft

05 Vilar

17-JUN-10 17:47:49

PictographTree Altitude 1,471 ft
Photo of06 Souto

06 Souto

17-JUN-10 17:54:21

PictographHiking Altitude 1,303 ft

07 Domez

17-JUN-10 18:04:43

PictographHiking Altitude 1,285 ft

08 Pontella. Rego de León

17-JUN-10 18:07:00

PictographHiking Altitude 1,266 ft

09 Ponte. Río Ferreira

17-JUN-10 18:14:23

PictographHiking Altitude 1,424 ft
Photo of10 Frameán

10 Frameán

17-JUN-10 18:29:32

11 Castro de Vilamerelle

17-JUN-10 18:44:31

Photo of12 Entrada do castro

12 Entrada do castro

17-JUN-10 18:50:28

PictographHiking Altitude 1,648 ft
Photo of13 Vilamerelle

13 Vilamerelle

17-JUN-10 19:28:22

Photo of14 Ferreira de Pallares Photo of14 Ferreira de Pallares

14 Ferreira de Pallares

17-JUN-10 19:53:19

Comments  (8)

  • Photo of paso miudo
    paso miudo Nov 14, 2013

    Poderíasnos informar si esta ruta esta marcada, temos a intención de facela no mes de decembro. Gracias

  • Photo of José A. Armesto
    José A. Armesto Nov 15, 2013

    ola, non está marcada e xa había certo problema de corredoiras con moita vexetación hai 3 anos, así que me temo que estará peor. O problema de vexetación é no primeiro tramo desde pouco despois da Ponte Cabalar ata o pobo de Vilaxuste. Se a facedes xa me contaredes.
    un saúdo

  • Photo of paso miudo
    paso miudo Dec 19, 2013

    Ola, xa fixemos a ruta e a verdade é unha magoa que non estea sinalizada porque vale a pena recorrela. con respecto a vexetación o ser outono esta todo caído e pasase ben de quitado dende a ponte de madeira que hai no río asta Ponte Cabalar; Pero con unha vara e un podón xa arranxamos o problema.
    Nos fixemos o recorrido o revés que ti, aproveitamos o tramo que teñen "sinalizado como ruta de senderismo".
    Un saúdo

  • Photo of José A. Armesto
    José A. Armesto Dec 19, 2013

    alégrome que vos gustase, e tamén que despexásedes a ruta de vexetación :-).
    un saúdo

  • Namaga Nov 23, 2020

    Intentei facela pero ao pouco de camiñar unha vez collida a indicación de desvío da Ponte Cabalar a vexetación era tan espesa que non se pode avanzar. Unha mágoa xa que o lugar promete.

  • Photo of José A. Armesto
    José A. Armesto Nov 23, 2020

    Sinto o problema, pero non parece ter moita solución. Quizais na tempada de pesca poida haber camiños máis limpos na beira do río.
    Outra opción sería facela ao revés (de Guntín a Ferreira de Pallares) e buscar alternativas nos tramos imposibles xa que estes están sobre todo na primeira parte do recorrido.
    un saúdo

  • Photo of Luis antuña
    Luis antuña Jan 17, 2024

    I have followed this trail  View more

    A día de hoy, el recorrido, al menos en el tramo que va desde el Puente Cabalar hasta el Rego de la Lagoa , está prácticamente cegado por zarzas y toxos. A mayores, en época de ríos crecidos es imposible pasar el Rego de la Lagoa. De hecho, tuvimos que darnos la vuelta. Quizá en verano, pasarlos no ofrezca dificultad, pero habrá que luchar contra zarzas y toxos

  • Photo of José A. Armesto
    José A. Armesto Jan 17, 2024

    Gracias por la actualización, Luis. Ya ves que avisaba del problema de la vegetación en 2010 y está claro que nadie le puso solución.
    Un saludo

You can or this trail