Activity

Roteiro circular dende Hospital do Incio.

Download

Trail photos

Photo ofRoteiro circular dende Hospital do Incio. Photo ofRoteiro circular dende Hospital do Incio. Photo ofRoteiro circular dende Hospital do Incio.

Author

Trail stats

Distance
9.74 mi
Elevation gain
2,136 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,136 ft
Max elevation
2,742 ft
TrailRank 
69 5
Min elevation
1,719 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours 20 minutes
Time
3 hours 53 minutes
Coordinates
2721
Uploaded
April 9, 2023
Recorded
April 2023
  • Rating

  •   5 1 review
Be the first to clap
1 comment
Share

near Hospital, Galicia (España)

Viewed 88 times, downloaded 13 times

Trail photos

Photo ofRoteiro circular dende Hospital do Incio. Photo ofRoteiro circular dende Hospital do Incio. Photo ofRoteiro circular dende Hospital do Incio.

Itinerary description

Hospital do Incio sitúase a metade de camiño entre Sarria e Monforte de Lemos. Partimos dun conxunto monumental construído pola orde relixiosa militar de San Xoán de Xerusalén ou de Malta no último cuarto do século XII e a primeira metade do século XIII. A Cruz está plasmado nun blasón do tímpano do templo.
Conta a lenda que o demo a construíu nunha soa noite. A súa construcción obedece á necesidade de contar cun templo-fortaleza, que fose lugar sagrado e de oración pero que á súa vez poidera ser empregado como fortín no aso dalgún ataque tanto xeralizado como esporádico, xa que a misión da Orde neste lugar era a de asistencia hospitalaria ós necesitados que por aquí pasaban. De aí debe provir o topónimo Hospital do Incio).
Os seus constructores non empregaron o material adoitado a usarse de habitual e trocaron o granito pola mármore dándolle a este complexo monumental un efecto espectacular inda hoxe aprezado. Todo o conxunto está feito de pedra caliza e mármore traído das canteiras do Incio que abastecían de pedra á cidade de Lugo. Esta rareza no tocante á pedra empregada faina única no estado español, xa que non hai ningunha outra edificada completamente en mármore. Decíase que "Do Incio a Roma, outra igrexa de mármore non se atopa". Sexa verdade ou non, a visita é obrigada.
O templo de San Pedro Fiz do Hospital do Incio, de nave única orientada ó nordeste e que remata ó leste por medio dunha cabeceira de tramo recto presbiteral e ábside poligonal de tres lados. Ten unha estancia aberta a modo de atrio adosada ó lado sur do mesmo. Tres son as portadas do templo. A principal a poñente, a segunda aberta cara o sur menos decorada e a terceira no muro norte moitísimo máis sobria. Ó lado Norte hai unha torre contemporánea ó templo de natureza defensiva para os Cabaleiros Sanxoanistas, reconvertida a torre das campás.
O resto do roteiro discorre polo Roteiro do Ferro do Incio. Non ten unha gran altitude xa que é unha paisaxe moi antiga e fortemente erosionada. A pizarra, xistro e seixos que atopamos formáronse hai 300 millóns de anos no interior dunha cordilleira montañosa, a Varisca. Esta cordilleira formouse polo choque de dous continentes e erosionouse ata case desaparecer. Anque estes materiais se fracturaron hai 40 millóns de anos e volvéronse elevar en grandes bloques e a rede fluvial está perfectamente encaixonada e formando vals, o aspecto do relevo chairo segue aprezándose. As rochas calizas da zoa son antigos corais e restos de organismos marinos dun mar pouco profundo que había hai 450 millóns de anos. A presenza das minas de ferro na zoa é debida a que os sedimentos que chegaban a ese mar, provintes dun antigo continente situado ó sur (Gondwana) eran ricos en ferro. No fondo dese mar tamén había volcáns que aportaban o dito material. cando o fondo do mar se plegou e se rompeu pra formar a Varisca, augas de pH ácido e ricas en osíxeno disolveron ese ferro, os fluídos enriquecidos migraron cara zoas de menor presión, ás fracturas, e o ferro depositouse nestas. A posterior erosión da Varisca deixou ó descuberto nesta rexión estas zoas de falla. No miradoiro de San Mamede pódense observar minerais de feroo oxidados dentro das pizarras do chan. As minas de feito, atópanse na contorna da falla.
Cada mina está indicada ó longo do roteiro coa súa lenda incluída. É moi elocuente a auga ferruxinosa que traen, xa que os regatos parecen oxidados.
Pasamos polo Muíño do Sancho e o Muíño de Vila, que inda non hai moito facían moendas e subimos ó Foxo do Lobo de Monteagudo, foxo de converxencia entre as minas de Bouzallo e a Cova do Couso.
No miradoiro dende A Casela, no que se pode admirar todo O Courel atópase o Petroglifo Pena do Chao onde aparecen cazoletas, que son pociñas feitas na pedra. Son dos motivos rupestres máis recorrentes en tódalas épocas e latitudes.

Waypoints

PictographReligious site Altitude 2,165 ft
Photo ofSitio religioso Photo ofSitio religioso Photo ofSitio religioso

Sitio religioso

Complexo Monumental da igrexa de San Pedro de Hospital do Incio.

PictographReligious site Altitude 2,169 ft
Photo ofSitio religioso

Sitio religioso

PictographMonument Altitude 2,093 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographTree Altitude 2,139 ft
Photo ofÁrbol

Árbol

PictographMonument Altitude 2,126 ft
Photo ofParroquia de Trascastro Photo ofParroquia de Trascastro

Parroquia de Trascastro

PictographReligious site Altitude 2,136 ft
Photo ofSitio religioso Photo ofSitio religioso

Sitio religioso

PictographWaypoint Altitude 1,864 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographMonument Altitude 1,841 ft
Photo ofMonumento. Muíño do Sancho Photo ofMonumento. Muíño do Sancho

Monumento. Muíño do Sancho

PictographMonument Altitude 1,831 ft
Photo ofMonumento Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 1,837 ft
Photo ofMonumento Photo ofMonumento Photo ofMonumento

Monumento

PictographFountain Altitude 1,850 ft
Photo ofFonte do Arnado Photo ofFonte do Arnado

Fonte do Arnado

Existe o roteiriño curto de Pozo da Ola que leva ata a Fonte do Arnado.Esta mina é un claro exemplo de explotación polo método "ruin montium", Podemos apreciar as galerías no inferior do "cortado", con elas minábase o talude e coa axuda de grandes cantidades de auga, traída por canles dende os regatos da zoa, esborrallábase o talude lavando posteriormente o material extraído para quitar o ouro. Como en moitas outras minas da comarca, o material explotado son as arcillas, areas e cantos cementados por carbonatos, de característica cor vermella.Toda a localidade de Margaride atópase na depresión formada pola mina romana.

PictographPanorama Altitude 2,359 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographWaypoint Altitude 2,556 ft
Photo ofWaypoint Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 2,562 ft
Photo ofMina

Mina

PictographMonument Altitude 2,562 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 2,493 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographRiver Altitude 2,552 ft
Photo ofRío

Río

PictographMonument Altitude 2,723 ft
Photo ofMonumento Photo ofMonumento Photo ofMonumento

Monumento

PictographWaypoint Altitude 2,493 ft
Photo ofWaypoint Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographMonument Altitude 2,510 ft
Photo ofMina Photo ofMina

Mina

PictographFountain Altitude 2,569 ft
Photo ofFuente Photo ofFuente

Fuente

PictographFountain Altitude 2,490 ft
Photo ofCova da Barosa

Cova da Barosa

PictographWaypoint Altitude 2,546 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 2,552 ft
Photo ofWaypoint Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 2,575 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographFountain Altitude 2,546 ft
Photo ofCovas da Tinta

Covas da Tinta

PictographWaypoint Altitude 2,628 ft
Photo ofWaypoint Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographWaypoint Altitude 2,628 ft
Photo ofWaypoint

Waypoint

PictographMonument Altitude 2,628 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographMonument Altitude 2,661 ft
Photo ofPetroglifos Photo ofPetroglifos Photo ofPetroglifos

Petroglifos

PictographPanorama Altitude 2,667 ft
Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographMonument Altitude 2,021 ft
Photo ofSequeiro?

Sequeiro?

PictographMonument Altitude 1,755 ft
Photo ofMonumento

Monumento

PictographReligious site Altitude 1,755 ft
Photo ofSitio religioso

Sitio religioso

Comments  (1)

  • Photo of Tío_Pepe
    Tío_Pepe Jun 19, 2023

    I have followed this trail  verified  View more

    Unha moi boa ruta chea de elementos interesantes e polo medio dunhas paisaxes cativadoras. A parte que vai por estrada (tráfico case nulo neste día) é o prezo de facela circular.
    Grazas por partillárela. Saúdos.

You can or this trail