Activity

Hospital do Incio, circular polas minas etc

Download

Trail photos

Photo ofHospital do Incio, circular polas minas etc Photo ofHospital do Incio, circular polas minas etc Photo ofHospital do Incio, circular polas minas etc

Author

Trail stats

Distance
10 mi
Elevation gain
2,156 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
2,156 ft
Max elevation
2,775 ft
TrailRank 
51
Min elevation
1,699 ft
Trail type
Loop
Moving time
4 hours 34 minutes
Time
6 hours 10 minutes
Coordinates
2907
Uploaded
June 18, 2023
Recorded
June 2023
Be the first to clap
Share

near Hospital, Galicia (España)

Viewed 75 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofHospital do Incio, circular polas minas etc Photo ofHospital do Incio, circular polas minas etc Photo ofHospital do Incio, circular polas minas etc

Itinerary description

Feita seguindo este trazado: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/hospital-131051733?showFollow=1
Moi boa camiñada por uns lugares de paisaxes espectaculares. Comeza xunto da igrexa románica do Hospital do Incio, un monumento digno de ser coñecido. Aquí non hai moito sitio para estacionar: tres ou catro carros. Pódese comezar noutro punto se é o caso.
Xa dende o comezo, e mentres se transita polos vales, a vexetación é exuberante. Por unha estrada de nulo tráfico neste día chégase a Trascastro, unha aldea de boas e fermosas casas bastante conservadas no estilo tradicional.
Algo máis adiante atopamos o río da Antigua, cun par de muíños (un en lamentable estado de deterioración) e seguindo río arriba o curioso fenómeno da "desaparición" do río por sumicio a través de galerías cársticas. O treito seco (agás en épocas de augadas) é duns 700 metros e finaliza co abrollamento da auga nun punto. Para ver este fenómeno é preciso ir en tempo en que non haxa cheas pero si certo nivel de caudal.
Nesta zona hai restos mineiros romanos, unha explotación polo método de ruína montium. Non está moi visible pola cantidade de vexetación.
Voltando atrás, continúa a ruta iniciándose unha notable subida durante dous quilómetros. A dificultade queda compensada polas magníficas panorámicas que se vai podendo gozar. O punto máis alto é no alto da Pena Escrita, nome moi suxerente tendo en conta o que máis adiante atoparemos.
O seguinte traxecto ofrécenos unha serie de vestixios ben interesantes: un foxo do lobo (para o que hai que facer unha derivación de ida e volta que nesta altura presenta vexetación estacionaria) que paga a pena visitar. Polo camiño podemos tamén observar o regato do Couso, cuxas augas férreas deixan un limo vermello-alaranxado moi chamador.
De volta na pista, iremos atopando restos de antigas explotacións mineiras de ferro. Na do Avión hai unhas pequenas colonias de brións fosforecentes moi raros e curiosos. Están en PERIGO DE EXTINCIÓN polo que, se sempre debemos ser coidados@s co medio polo que camiñamos, neste caso moito máis.
Algo máis adiante está o petróglifo de Pena do Chao onde, a parte de coñecer este xacemento, podemos desfrutar dunas vista cativadoras.
Xa axiña atopamos unha estrada que sobe a Monteagudo, pola que baixaremos ata San Pedro. Tampouco aquí atopamos tráfico e resulta levadío camiñar por ela xa que na mor parte vai polo medio de soutos e touzas agarimosas (nesta altura, tamén hai amorodos nas bermas que son unha delicia!)
A volta ao punto de comezo vai atravesando varias aldeas ou barrios: igrexa de San Pedro do Incio, Barreiro, Carralcova, Madeiro... e chegado á do Hospital. En todos estes núcleos hai admirabeis elementos de arquitectura tradicional: fornos acaroados, canzorros dos corredores... Dende Madeiro ata a estrada LU-653 hai algúns treitos con estrugas altas que dificultan o paso. Pódese atallar polos prados.
Como resumo: ruta con certa dureza polo desnivel, en xeral por camiños limpos e con moitos compoñentes interesantes. Recomendábel.

Waypoints

PictographMonument Altitude 2,374 ft
Photo ofIgrexa do Hospital Photo ofIgrexa do Hospital Photo ofIgrexa do Hospital

Igrexa do Hospital

Igrexa de San Pedro Fiz do Hospital. De arquitectura románica, pertenceu á Orde Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén. Formaba parte dun conxunto formado pola igrexa, unha fortaleza, unha hospedería, e un hospital para necesitados e peregrinos, pois por aquí pasa unha variante do camiño de Santiago. Durante séculos mantiveron a súa Encomenda, unha das sete existentes en Galicia. Orixinalmente contaba con dúas torres defensivas. Unha delas foi reconvertida en torre campanario, e a outra foi usada no século XVI para o panteón da casa dos Quiroga.

PictographFlora Altitude 2,154 ft
Photo ofEstrada Photo ofEstrada

Estrada

PictographIntersection Altitude 2,109 ft
Photo ofEsquerda

Esquerda

PictographPanorama Altitude 2,204 ft
Photo ofCasa Photo ofCasa Photo ofCasa

Casa

PictographMonument Altitude 2,154 ft
Photo ofTrascastro Photo ofTrascastro Photo ofTrascastro

Trascastro

PictographReligious site Altitude 2,163 ft
Photo ofIgrexa Photo ofIgrexa Photo ofIgrexa

Igrexa

PictographPanorama Altitude 2,152 ft
Photo ofVal do Cabe Photo ofVal do Cabe Photo ofVal do Cabe

Val do Cabe

PictographMonument Altitude 2,089 ft
Photo ofAldea Trascastro Photo ofAldea Trascastro Photo ofAldea Trascastro

Aldea Trascastro

PictographPhoto Altitude 1,924 ft
Photo ofPedra erosionada

Pedra erosionada

PictographMonument Altitude 1,889 ft
Photo ofMuíño do Sancho, ponte e derivación Photo ofMuíño do Sancho, ponte e derivación Photo ofMuíño do Sancho, ponte e derivación

Muíño do Sancho, ponte e derivación

Photo ofRío sumido Photo ofRío sumido

Río sumido

Photo ofNacedoiro, área de lecer (desbaldimento) Photo ofNacedoiro, área de lecer (desbaldimento) Photo ofNacedoiro, área de lecer (desbaldimento)

Nacedoiro, área de lecer (desbaldimento)

PictographIntersection Altitude 1,876 ft
Photo ofEsquerda e logo dereita Photo ofEsquerda e logo dereita Photo ofEsquerda e logo dereita

Esquerda e logo dereita

Comeza a prolongada petada.

PictographPhoto Altitude 2,065 ft
Photo ofPetada Photo ofPetada

Petada

PictographPanorama Altitude 2,361 ft
Photo ofVistas Photo ofVistas Photo ofVistas

Vistas

PictographIntersection Altitude 2,729 ft
Photo ofDereita Photo ofDereita Photo ofDereita

Dereita

PictographMine Altitude 2,596 ft
Photo ofMina de Bouzallo Photo ofMina de Bouzallo Photo ofMina de Bouzallo

Mina de Bouzallo

PictographInformation point Altitude 2,489 ft
Photo ofCartaz foxo do lobo Photo ofCartaz foxo do lobo Photo ofCartaz foxo do lobo

Cartaz foxo do lobo

Photo ofFoxo do lobo de Monteagudo Photo ofFoxo do lobo de Monteagudo Photo ofFoxo do lobo de Monteagudo

Foxo do lobo de Monteagudo

PictographMine Altitude 2,509 ft
Photo ofMina. Cova do Couso Photo ofMina. Cova do Couso Photo ofMina. Cova do Couso

Mina. Cova do Couso

PictographMine Altitude 2,531 ft
Photo ofMina Cova da Tinta Photo ofMina Cova da Tinta Photo ofMina Cova da Tinta

Mina Cova da Tinta

PictographMine Altitude 2,569 ft
Photo ofMina Cova Fonte Barrosa Photo ofMina Cova Fonte Barrosa Photo ofMina Cova Fonte Barrosa

Mina Cova Fonte Barrosa

PictographMine Altitude 2,597 ft
Photo ofCova do Avión. Brión fosforescente Photo ofCova do Avión. Brión fosforescente Photo ofCova do Avión. Brión fosforescente

Cova do Avión. Brión fosforescente

Photo ofPetróglifo Pena do Chao Photo ofPetróglifo Pena do Chao Photo ofPetróglifo Pena do Chao

Petróglifo Pena do Chao

PictographInformation point Altitude 2,762 ft
Photo ofCartaz ruta do Ferro Photo ofCartaz ruta do Ferro

Cartaz ruta do Ferro

PictographTree Altitude 1,853 ft
Photo ofSouto Photo ofSouto Photo ofSouto

Souto

PictographPavement ends Altitude 1,704 ft
Photo ofDereita, camiño

Dereita, camiño

PictographMonument Altitude 1,708 ft
Photo ofSan Pedro Photo ofSan Pedro Photo ofSan Pedro

San Pedro

PictographPanorama Altitude 1,731 ft
Photo ofBarreiro Photo ofBarreiro

Barreiro

PictographMonument Altitude 2,026 ft
Photo ofCasa Photo ofCasa

Casa

PictographRisk Altitude 2,146 ft
Photo ofCanella pechada de estrugas

Canella pechada de estrugas

PictographInformation point Altitude 2,214 ft
Photo ofMapa, O Hospital Photo ofMapa, O Hospital Photo ofMapa, O Hospital

Mapa, O Hospital

Comments

    You can or this trail