Activity

I Andaina Nocturna Os Petroglifos Teenses

Download

Trail photos

Photo ofI Andaina Nocturna Os Petroglifos Teenses Photo ofI Andaina Nocturna Os Petroglifos Teenses Photo ofI Andaina Nocturna Os Petroglifos Teenses

Author

Trail stats

Distance
3.78 mi
Elevation gain
1,663 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
1,663 ft
Max elevation
885 ft
TrailRank 
33
Min elevation
885 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 11 minutes
Coordinates
723
Uploaded
September 8, 2013
Recorded
September 2013
Be the first to clap
Share

near Cornide, Galicia (España)

Viewed 1510 times, downloaded 6 times

Trail photos

Photo ofI Andaina Nocturna Os Petroglifos Teenses Photo ofI Andaina Nocturna Os Petroglifos Teenses Photo ofI Andaina Nocturna Os Petroglifos Teenses

Itinerary description

O Concello de Teo, en colaboración co Colectivo a Rula, organiza unha pequena ruta para visitar ós petróglifos das aldeas teenses de Mouromorto, Cornide e Regoufe entre as parroquias de Calo e Luou. Unha andaina circular deseñada para a visita nocturna con luz artificial ós petróglifos o que permite apreciar mellor todos os detalles destas excepcionais mostras do chamado Grupo Galaico da Arte Rupestre.
Entre os petróglifos da ruta destacan as estacións do río Angueira ou Monte Cornide e Outeiro do Corno 1.
Os petróglifos do río Angueira constan de dúas laxes que combinan gravados de tipo xeométrico na primeira estación (combinacións circulares, coviñas e sucos lineais que enlazan os diferentes motivos) e os petróglifos de tipo naturalista presentes na segunda laxe na que destacan varios animais (cervos, cabalos) e excepcionais escenas de monta, cando menos unha delas sobre un cervo.
Non obstante, a estación máis coñecida é o Petróglifo do Outeiro do Corno 1, unha das escasas rochas “panoplias” da nosa comarca. O motivo central está formado por un deseño cuadrangular composto por dous trazos paralelos e un espazo interno máis pequeno dividido por sete liñas horizontais. Na parte superior apréciase unha aliñación de seis círculos simples. Xa fora, ó seu carón, represéntase un puñal coa punta cara abaixo. e nunha situación inferior aparece a figura dun cuadrúpede. Esta iconografía coñecese na Península como “Tipo Peña Tú” polo petróglifo que se atopa no concello asturiano de Llanes. O petróglifo teense dálle nome á variante galega coñecida como “Tipo Outeiro do Corno”. Algúns autores teñen identificado este motivo como a representación dun posible escudo elaborado con materiais perecedoiros.
Máis info:
http://www.calameo.com/read/0025066783c3ff39043c1

Waypoints

PictographWaypoint Altitude 776 ft

Saida Casa Carril

Saida Casa Carril

PictographWaypoint Altitude 688 ft

Charla en Casa Rural Casa Grande

Charla en Casa Rural Casa Grande

Petroglifo Outeiro do corno 2

Petroglifo Outeiro do corno 2

Petroglifo Outeiro do corno 3

Petroglifo Outeiro do corno 3

Photo ofPetroglifo Rio Angueira Photo ofPetroglifo Rio Angueira Photo ofPetroglifo Rio Angueira

Petroglifo Rio Angueira

Rio

Petroglifo Mouromorto

Petroglifo Mouromorto

PictographWaypoint Altitude 732 ft

Fin ruta Casa Carril

Fin ruta Casa Carril

Comments

    You can or this trail