IES A SANGRIÑA, ENTORNO DO CASTRO DE SANTA TREGA, A GUARDA, PONTEVEDRA.
near Salcidos, Galicia (España)
Viewed 1017 times, downloaded 0 times
Trail photos
Itinerary description
Waypoints
Bidueiro. Árbore da rexión bioxeográfica Eurosiberiana. Presente no bosque e ribeira ou galería .
Bidueiro. Árbore da rexión bioxeográfica Eurosiberiana. Presente no bosque e ribeira ou galería .
Pradairos ( arces), moi abundantes na rexión floral atlántica, principalmente nos vales de Ourense.
Pradairos ( arces), moi abundantes na rexión floral atlántica.
Sanguiño, arbusto do sotobosque da rex. biox. Eurosiberiana.
Sanguiño, arbusto do sotobosque da rex. biox. Eurosiberiana.
Acivro. Arbusto do sotoboque das fragas atlánticas.
Acivro. Arbusto do sotoboque das fragas atlánticas.
Pereiro ou estripeiro. Arbusto do sotobosque do ecosistema da fraga.
Pereiro ou estripeiro. Arbusto do sotobosque do ecosistema da fraga.
Abelairas. Arbores do bosque de ribeira atlántico.
Abelairas. Arbores do bosque de ribeira atlántico.
Buxo. Arbusto do sotobosque do ecosistema da fraga. Madeira nobre básico para a fabricación de gaitas.
Buxo. Arbusto do sotobosque do ecosistema da fraga. Madeira nobre básico para a fabricación de gaitas.
Faia. Arbore da rexión biox. Eurosiberiana. E marcescente e ten como hábitat os solos calcarios entre 1000 e 1750 m.
Faia. Arbore da rexión biox. Eurosiberiana. E marcescente e ten como hábitat os solos calcarios entre 1000 e 1750 m.
A sobreira. Arbore de carácter heliófila, termófila, xerófila e esclerófila, básico no bosque Mediterráneo
A sobreira. Árbore de carácter heliófila, termófila, xerófila e esclerófila, básico no bosque perennifolio mediterráneo.
Algarroba. Árbore da rexión floral mediterránea, abundante en Andalucía e foi básico na Autarquía Franquista.
Algarroba. Arbore da rexión floral mediterránea, abundante en Andalucía.
Acebuche e oliveira. Arbore da rex. bioxeog. mediterránea.
Acebuche e oliveira. Arbore da rex. bioxeog. mediterránea.
Loureiro romano.Ao igual que o común forma parte do sotobosque do ecosistema perennifolio mediterráneo do aciñeiral.
Loureiro romano.Ao igual que o común forma parte do sotobosque do ecosistema perennifolio mediterráneo do aciñeiral.
Cultivos de cítricos, área mediterránea.Ten gran presencia no Baixo Miño.
Cultivos de cítricos, área mediterránea. Ten gran presencia no Baixo Miño.
Romero. Arbusto da matogueira garriga, das áreas semiáridas mediterráneas.
Romero. Arbusto da matogueira mediterránea garriga.
Espliego ou lavanda. Xunto co tomiño e romero son os arbustos dominantes na garriga.
Espliego ou lavanda. Xunto co tomiño e romero son os arbustos dominantes na garriga.
Conxunto de vexetación alóctona ou secundaria de nogueiras e castiñeiros. Adaptáronse ao Hábitat da P. Ibérica.
Conxunto de vexetación alóctona ou secundaria de nogueiras e castiñeiros. Adaptáronse ao Hábitat da P. Ibérica.
Comments (34)
You can add a comment or review this trail
Bosque mixto de vexetación alóctona ou secundaria,rexión bioxeográfica eurosiberiana. Esa vexetación dominada por acacias e eucaliptos foi introducida a finais do sec. XIX. https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222/photo-7342383
Na área do Baixo Miño, ademáis de aclimatarse vexetación típica do mediterráneo como os cítricos ou a sobreira, tamén o fixo vexetación dominante da área subtropical como a palmera ou o aguacate. https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222/photo-7342386
Representa unha das posibles rutas no entorno de A Guarda, onde podemos contemplar flora das distintas rexións bioxeográficas do reino Holártico,
Alumnos nun período de esparcimento, fomentando os vínculos afectivo-sociais. Algúns preparan as distintas actividades da materia de xeografía de 2º de bach. O gran obxectivo da materia é a de crear un talante crítico- constructivo no alumno, así como un espíritu de curiosidade e de defensa da natureza, loitando por modos produtivos sostibles. En definitiva fago homenaxe aos alumnos do noso IES, xa que son moi nobres e respetuosos e sempre apostan pola integración de todo o mundo. Apostar por integrar é sumar !. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990225/photo-7342394
O acivro é un dos arbustos máis apreciados no bosque da fraga, ou bosque atlántico. Representa alimento e refuxio para certos animáis é as súas bayas sintonizan co espítitu navideño. https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222/photo-7342399
No Baixo Miño, en áreas de 200 m. de altitude é moi abundante o loureiro común, aínda que hai que recoñecer que pertence a flora mediterránea. A imaxe da foto non fai referencia ao loureiro común, tan freconte tamén no bosque da laurisilva do piso termocanario da rexión bioxeográfica macaronésica, senón ao loureiro romano, menos abundante e tamén con menos funcionalidade entre a poboación. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990238/photo-7342416
Tanto as nogueiras como os castiñeiros están aclimatados ao clima oceánico. A nogueira ten o seu hábitat por debaixo dunha altitude de 600 m. e require un solo de ph neutro ou calcario. O castiñeiro medra de forma óptima hacia o interior, lonxe das néboas e o salitre, e pode habitar áreas de ata 800 m. de altitude. Os froitos destos dous árbores gozan de gran demanda e alcanzan prezos elevados. As súas madeiras son nobres, utilizándose o castiñeiro para os pisos, portas e ventás das vivendas, mentres a madeira da nogueira utilizouse sempre para a imaxinería. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990242/photo-7342420
Os piñeiros foron introducidos en Galicia época moderna co fin de abastecer de mástiles á armada. O pino pináster, tamén denominado resinero, é de gran beleza e crea paisaxes marítimas galegas fantásticas. O pino silvestre domina a paisaxe de media e alta montaña de Galicia. Úsase para estruturas que teñan que aguantar a intemperie ou ambentes de alta humidade. Tamén e o idóneo como base de perfumes e ambientadores. Tódolos pinos de Europa e Asia teñen estruturas de dúas acículas. So teñen tres acículas os pinos americanos e o pino canario( rexión macaronésica) e o pino do Himalaya. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990243/photo-7342423
Na área das Eiras, fai uns anos, era moi abundante, así como tamén o era a xesta branca. Nestos últimos anos foron desaparecendo. O espliego pódese secar, e posteriormente meter dentro dun saco de tela, que se pode introducir en caixóns ou armarios onde teñamos roupa, xa que a protexe da polilla. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990241/photo-7342419
Aplausos a aqueles mozos e mozas que ademáis de sacrificarse nos seus estudos, adícanlle parte do seu tempo en facer deporte e en manter viva a ilusión de moitos guardeses tódolos fins de semana. Ademáis tamén poden viaxar e intercambiar impresións. En definitiva, potencian a súa formación integral. https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222/photo-7342384
Xusto no lugar onde moitos guardeses valentes foron asasinados polas forzas fascistas de Franco, xurdiu como homenaxe á liberdade e aos valores da tolerancia, da dialéctica, da xustiza,etc, este instituto. Dende eiquí fórmanse mentes libres e comprometidas co ben xeral e en busca dunha sociedade máis xusta. https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222/photo-7342387
Vemos claramente ata onde chegan as dúas rexións bioxeográficas. A Mediterránea abrangue a Ribeira Sacra, Valdeorras, O Ribeiro ou o Val de Monterrei, que son áreas específicas no cultivo da vide e por ende as DOP de viños fiables. As demáis, e que teñen tanta sona, o son polo emprego continuado da química. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990242/photo-7351732
O mapa de temperaturas medias anuais dinos que as 3 rías Baixas do sur, ao igual que o Val do Miño e Sil, que está ubicado nunha foxa tectónica, son as áreas cun clima oceánico de transición ao mediterráneo. O Baixo Miño en realidade é unha ría seca. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990242/photo-7351749
O bidueiro é unha árbore do bosque caducifolio Atlántico da rexión bioxeográfica Eurosiberiana, estando presente na fraga e tamén como árbore básica no bosque de ribeira ou de galería. Foi moi apreciado e se preservou a hora de construir devesas, reservándolles as marxes. O seu valor radica en que se usaba para xerar eixos para os carros e tamén as zocas. Na área do Báltico, cortábaselle a cáscara en xuño e posteriormente era usada como pergamino nos mosteiros e pazos. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990223/photo-7342389
Era moi común nos anos 60 e 70 que foran comerciantes polas aldeas en busca da carepa dos sanguiños e tamén do cornezuelo do centeo xa que tiñan unha gran demanda na industria farmacolóxica. Esos dous recursos eran moi ben retribuidos e os aldeanos conseguían ese complemento á economía familiar tipo. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990227/photo-7342396
En canto ao nome que se lle asigna ao noso IES, que é a Sangriña, non está claro si é por que ese lugar era un monte onde abundaban os sanguiños, ou por que era o lugar onde acababa o paseíño que protagonizaban os falanxistas ou a garda civil ( que fora a artífice de que triunfara o golpe de Estado en Galicia) cando querían exterminar a un colectivo, cuxo delito fora o de loitar pola democracia e a xustiza social. Neste lugar hai unha cruz que mantén esa memoria viva e rinde homenaxe no IES a formación de homes libres e críticos coa inxustiza. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990227/photo-7342396
O Pereiro ou o estripeiro abunda moito nos montes de Galicia e eran usados como portainxertos, xa que duran máis de dez lustros, para a realización e inxertos, principalmente das pereiras formigueira e da de san Xoan. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990229/photo-7342404
Actualmente nas Comunidades de Montes estanse a buscar alternativas á explotación forestal de eucaliptos e piñeiros, xa que baixou un 50% o valor destas madeiras nos derradeiros 15 anos. Unha das fórmulas ou alternativas que se están a considerar, entre outras, é a de facer cultivos de abelairas ou configurar soutos de castiñeiros. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990230/photo-7342406
En Varsovia non vin ningunha palmera, salvo unha de plástico no medio dunha praza. Así pois, no Baixo Miño temos un clima moi favorable. https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222/photo-7342386
A maioría desas palmeiras secaron debido ao escarabello picudo vermello que se convertiu nunha praga en Galicia. Nas casas indianas era moi común ver esas palmeiras centenarias en filas no frontal da finca, cara ao camiño, pero practicamente non quedou ningunha. https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222/photo-7342386
O bidueiro era considerado a árbore da sabiduría polos celtas, e xa dende tempos ancestrais empregaban a súa savia que extraían a partires da primaveira.
Esa savia era inxerida para combater doencias dos riles como os cálculos e mitigar os cólicos nefríticos, baixar o hinchazón da barriga ou como antiinflamatorio. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990223/photo-7342389
Xa se ve que estades en sintonía !. Non todos ! https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990225/photo-7342392
Vese unha fila de pradairos, que por certo son moi residuais nas zonas litorais das provincias de Pontevedra e A Coruña, aínda que están moi presentes nas ribeiras dos ríos no interior das provincias de Ourense e Lugo. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990226/photo-7342395
Este sanguiño secou no outono de 2016. Haberá que traer outro e polo no mesmo sitio. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990227/photo-7342396
Aguanta perfectamente por enriba dos mil metros nas serras interiores da Galiza. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990229/photo-7342404
Sobrevive ata altitudes de 1000 metros nas serras interiores da Galiza. Canta máis altitude rexistra, máis azulean as súas polas a partires do outono e ata a primaveira. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990223/photo-7342389
As abelás destacan polo aporte de magnesio, fósforo, potasio ou calcio así como por ser unha fonte de vitamina e fundamental para o cerebro( cerebelo) e a prevención de cancros, parkinson ou demencia senil .
Estas árbores están a ser moi rendibles dada a súa demanda e as subidas dos prezos que rexistraron nestos últimos 5 anos. A provincia con maior producción é Girona. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990230/photo-7342406
O buxo está tendo moitos problemas nestes dous ultimos anos, aparecendo grandes colonias sin apenas follas e tornándose de cores branquecinos. Haberá que articular algún tipo de medida para paliar as terribles consecuencias que se poderían dar si non actuamos a tempo. Aínda non ouvín por parte de ningún membro de medio ambente da Xunta de Galiza ningún comentario sobre este tema.
Dos da Xunta xa se sabe, están sempre nos despachos. É un dicir, a muitos non se lles ve nin no despacho.
Canto se bota de menos a técnicos en economía rural, orientando á xente nova que aínda permanece nas aldeas e crearlles un modo de vida viable e sostible. ! https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990231/photo-7342407
A faia é unha árbore criófila, pois aguanta altitudes de máis de mil cincocentos metros de altitude, sendo tamén higrófila, creando un bosque caducifolio e o ecosistema do faial, moi freconte na rexión bioxeográfica eurosiberiana. Abunda nas áreas da Cordilleira Cantábrica e nos Pirineos, sendo moi residual no Sistema Central. En realidade prefire a altitude, solo calcario e non excesiva humidade, polo que non é un asiduo nos bosques de Galicia.
https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990232/photo-7342408
Está presente nas vertentes sur, solleira, nas serras da Groba, Argallo ou Galiñeiro. Hai algunhas colonias de 15 exemplares en Goián, Tomiño (Rexidouro, San Bento) ou mesmo no parque natural do Monte Aloia.
https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990234/photo-7342411
O seu froito é un sucedáneo do chocolate, que foi moi habitual nas mesas da España da Autarquía (1940-1955). Como se pode apreciar adáptase moi ben ao clima do Baixo Miño.
E unha árbore perenne, xerófila, esclerófila, termófila e heliófila, sendo cardinal no bosque mediterráneo. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990235/photo-7342413
As oliveiras eran moi abundantísimas no noso territorio, que incluso a Vigo se lle coñece como a cidade olívica. E así o foi ata que Galicia, na Guerra Civil de 1475-79, entre Juana la Beltraneja e Isabel a Católica, decidiu apoiar a Juana e a Portugal fronte a parte de Castela e Aragón. Ao final saiu victoriosa Isabel, que sustituiu a nobreza galega pola castelán-andaluza, subordinou o clero galego ao de Valladolid e sacou un edicto onde mandaba arrincar tódalas oliveiras que había en territorio galego, permitindo só unha no adro de cada igrexa.
Así a monarquía dos Trastámara podían incrementar o seu poder tendo o monopolio do comercio do aceite e obrigaban aos países do norte de Europa a facer un traxecto máis longo,xa que terian que ir a Andalucía en vez de facelo a Pontevedra.
Na actualidade, Galicia conta cunha empresa aceiteira como é Abril. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990236/photo-7342414
Según os comentarios do Pai Sarmiento, Galicia, dende a Idade Media exportaba ao norte de Europa, viño, limóns e aceite de oliva. Pero a partires do século XVIII comerciaba tamén con patacas, millo, coiro e gando vacuno. Dende 1480 desaparece dese comercio o aceite de oliva, polas causas que xa son sabidas. Iso sónanos a actualidade !. Quen defende os intereses de Galicia ? onde están as nosas empresas e que apoio reciben pola Xunta de Galicia ? Onde teñen as sedes as empresas que operan en Galiza e en que territorio pagan os seus impostos ? https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990239/photo-7342417
Aínda que o arbusto do alecrín é mediterráneo e xa un fixo nas cortiñas galegas, xa que dende sempre ten un aproveitamente culinario. https://gl.wikiloc.com/rutas-outdoor/ies-a-sangrina-entorno-do-castro-de-santa-trega-a-guarda-pontevedra-11990222#wp-11990240/photo-7342418