Activity

Circular de Burela

Download

Trail photos

Photo ofCircular de Burela Photo ofCircular de Burela Photo ofCircular de Burela

Author

Trail stats

Distance
9.73 mi
Elevation gain
1,394 ft
Technical difficulty
Easy
Elevation loss
1,394 ft
Max elevation
1,106 ft
TrailRank 
33
Min elevation
11 ft
Trail type
Loop
Time
4 hours 23 minutes
Coordinates
1072
Uploaded
March 11, 2017
Recorded
February 2017
Be the first to clap
Share

near Vilaestrofe, Galicia (España)

Viewed 713 times, downloaded 16 times

Trail photos

Photo ofCircular de Burela Photo ofCircular de Burela Photo ofCircular de Burela

Itinerary description

Ruta circular que discorre ao longo do concello de Burela.
Tomando como punto de partida no acceso ao Porto de Burela, empezamos o percorrido ao longo do paseo marítimo en dirección ao complexo deportivo de A Marosa, do que saímos bordeando o campo de futbol e deixando a praia á nosa dereita, para continuar pola estrada en dirección ao barrio de A Casilla.
Pouco antes de atravesar unha ponte torcemos á nosa esquerda para seguir ao carón da vía do tren ata chegar a unha ponte, á nosa dereita, que nos permite atravesar a vía e chegar a estrada xeral.
Atravesamos a estrada xeral e seguimos de fronte, en dirección ao barrio de Vilar, pero asiña torcemos á esquerda por unha estrada que nos leva ata o barrio da Vila do Medio, onde despois de calexear un pouco, chegamos a igrexa, que deixamos para seguir rumbo á Fonte da Lamela.
Despois de refrescarnos na fonte, saímos pola sua esquerda para subir rumbo ao Camiño Real, atravesando un eucaliptal que nos axuda a abrir as vias respiratorias.
Chegados ao Camiño Real, torcemos á esquerda ata superar o Lugar de Cardoxe e pouco despois torcemos á dereita para subir en dirección ao cemiterio, eiquí voltamos a atravesar a estrada, polo que hai que ter coidado.
Subimos deixando o cemiterio á nosa dereita ata chegar preto do Punto Limpo, ahí torcemos á dereita para subir ata a estrada que sube ao mirador do castelo, seguimos polo arcén da estrada uns 50 metros ata atopar o desvío que sube monte arriba ata chegar, despois duns cantos desvíos, ao monumento homaxe ao Comuneiro, e dende aquí seguimos ata o mirador do Monte Castelo, para disfrutar dunhas vistas de Burela realmente magníficas.
Escomenzamos o descenso por una vía forestal ata chegar á via de servizos da variante, pola que continuamos sen desviarnos ata achegarnos á ponte que atravesa a estrada para desviarnos á nosa dereita e seguir un bó treito pegados á variante ata chegar ao seu remate, no límite dos concellos de Burela e Foz.
Adentrámonos no barrio do Cantiño, onde discorremos polo paseo marítimo, que xa non imos a deixar ata chegar ao barrio bureles de Suafonte, no que torcemos á dereita para atravesalo e baixar, escaleiras incluidas, ata a estrada do acceso ao porto, pola que retornamos ata o punto de partida, dando por rematado o noso paseo

Comments

    You can or this trail