Activity

Infesta a Paradiña, ida e volta. Concello de Monterrei

Download

Trail photos

Photo ofInfesta a Paradiña, ida e volta. Concello de Monterrei Photo ofInfesta a Paradiña, ida e volta. Concello de Monterrei Photo ofInfesta a Paradiña, ida e volta. Concello de Monterrei

Author

Trail stats

Distance
8.7 mi
Elevation gain
942 ft
Technical difficulty
Moderate
Elevation loss
942 ft
Max elevation
1,868 ft
TrailRank 
54
Min elevation
1,407 ft
Trail type
Loop
Moving time
3 hours
Time
3 hours 26 minutes
Coordinates
2537
Uploaded
May 15, 2022
Recorded
May 2022
Share

near Infesta, Galicia (España)

Viewed 47 times, downloaded 2 times

Trail photos

Photo ofInfesta a Paradiña, ida e volta. Concello de Monterrei Photo ofInfesta a Paradiña, ida e volta. Concello de Monterrei Photo ofInfesta a Paradiña, ida e volta. Concello de Monterrei

Itinerary description

Camiñada interesante e sen moita complicación. Non é unha ruta marcada; seguíuse esta: https://gl.wikiloc.com/rutas-sendeirismo/o-romanico-de-infesta-e-a-aldea-deserta-de-paradina-16867674
Comeza na aldea da Infesta, á que é doado chegar dende a N-525 e a A-52. Este núcleo conserva elementos moi interesantes da arquitectura popular da zona, aínda que a falta dunha política de conservación e valorización da cultura (e do resto) galega non ten favorecido a súa pervivencia en debidas condicións.
Un edificio senlleiro é a igrexa, que conserva partes da fábrica románica. Seica conserva pinturas no interior de época renacentista que estiveron cuberta de cal ata recentemente. De épocas posteriores son outros elementos coma a fachada.
No punto máis distante da ruta están as ruínas da aldea da Paradiña. Vense restos de casas de bo tamaño e construción característica da zona, condicionada polo tipo de pedra. Distínguese a pequena capela, que non ten mor interese na actualidade. Os silveiros e arboredo xa teñen comido este núcleo que noutro tempo abrigou unha comunidade viva e produtiva. Triste!
O percorrido decorre por unha pista de terra limpa e acaída para o tránsito con vehículos de todo terreo. Vai en paulatino ascenso, seguindo a caída do río Rubín que acompaña polo fondo do val. Hai bastante invasión de mimosas e eucaliptos, aínda que nalgunhas zonas consérvase o arboredo autóctono. Dicir que puidemos ver unha corza entre os piñeiros.
A camiñada non presenta, pois, unha grande dificultade para persoas cunha mínima forma física (cada quen debe avaliarse). Non parece indicada para días de forte calor, por ir por unha zona moi abrigada; porén si que sería moi acaída para días de mal tempo...

Waypoints

PictographCar park Altitude 1,567 ft
Photo ofEstacionamento na contorna da igrexa. Inicio/fin. Photo ofEstacionamento na contorna da igrexa. Inicio/fin. Photo ofEstacionamento na contorna da igrexa. Inicio/fin.

Estacionamento na contorna da igrexa. Inicio/fin.

PictographReligious site Altitude 1,444 ft
Photo ofCruceiro e vistas Photo ofCruceiro e vistas Photo ofCruceiro e vistas

Cruceiro e vistas

Está a carón da reitoral, esta totalmente en ruínas.

PictographPhoto Altitude 1,444 ft
Photo ofVistas Photo ofVistas Photo ofVistas

Vistas

PictographRiver Altitude 1,428 ft
Photo ofRío Rubín Photo ofRío Rubín

Río Rubín

PictographIntersection Altitude 1,472 ft
Photo ofEsquerda. Pista Photo ofEsquerda. Pista

Esquerda. Pista

PictographPanorama Altitude 1,515 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographPanorama Altitude 1,629 ft
Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica Photo ofPanorámica

Panorámica

PictographRuins Altitude 1,825 ft
Photo ofParadiña, entrada Photo ofParadiña, entrada Photo ofParadiña, entrada

Paradiña, entrada

PictographRuins Altitude 1,817 ft
Photo ofCapela e máis Photo ofCapela e máis Photo ofCapela e máis

Capela e máis

PictographFountain Altitude 1,440 ft
Photo ofFonte e área de lecer

Fonte e área de lecer

PictographPhoto Altitude 1,410 ft
Photo ofPraza e recantos Photo ofPraza e recantos Photo ofPraza e recantos

Praza e recantos

Comments

    You can or this trail